lunes, 11 de marzo de 2024

NON PUIDO SER E ADEMÁIS É IMPOSIBLE

Hai veces que é mellor calar que dicir clara e sinceramente o que se pensa. Cremos que todo o mundo que foi este domingo ao Complexo Municipal de Vilaboa viu o que aconteceu. A un dos equipos, neste caso ao Maniños do mesmo xeito que polo menos nas dúas últimas visitas a este recinto non puido competir en igualdade de condicións. E toda a familia branca presente no partido foise impotente ao ver que o noso equipo foi atropelado e humillado sen saber moi ben o porque.

O partido pódese resumir en que os pequenos detalles decidiron o partido, moi igualado en todo momento con pouco reseñable na primeira metade, un disparo local que pasou cerca do poste dereito da portería de Mateo e un remate de Pitu que atopou o poste da portería local. 

A segunda parte empezou cun Maniños mellor, dobre ocasión de Pedro, cacholada ao traveseiro e o rexeite chega ao propio Pedro que remata alto. Xogada polémica tamén co gol anulado a Miragaya por suposto fóra de xogo moi dubidoso tras xogada en parede entrando desde atrás.... sen comentarios. O partido seguiu sen un claro dominador, con varios disparos desviados dos locais, ata que chegou a xogada clave, balón en longo que Rober non mide ben chegando o balón ao "killer" local, Maka, que ten que ser derrubado cando se ía só a portería. Vermello indiscutible a Rober e o equipo quedaba cun menos para o resto do partido. Cando faltaban 10 minutos outro balón en longo chega a Maka que encara a Mateo na súa saída e supérao por baixo. (1-0) e tocaba remar. Cun Maniños con máis corazón que cabeza e aproveitando que os locais deron un paso atrás o balón empezou a merodear a portería vermella. e Xa na recta final empezou o espectáculo arbitral, agarrón prolongado a Hugo que cae derrubado na área diante do linier zona de bancada e co árbitro á beira que decide deixar pasar a xogada ante a sorpresa xeral. Consecuencias? vermello ao adestrador e ao delegado branco cando a pedimento do Linier de zona de bancos que escoitou todo o mundo é "amoéstao" con respecto ao adestrador. Pero o colexiado dese a outra punta do campo expulsa ao míster branco e logo e ante as queixas tamén ao delegado. Un Pistoleiro Eric Vázquez Veiras. Para máis inri na última xogada das partido mans inocentes pero claras dun defensor local que por suposto no son sinaladas. Finalizando o partido co coñecido (1-0) que non é reflexo do acontecido no terreo de xogo. Para máis Inri o Colexiado apunta na acta as queixas dun xogador branco no traxecto cara á zona de vestiarios.  

Sempre doe perder pero aínda máis cando suceden cousas como estas, non imos poñer o nome que todos saben que describirían o acontecer en Vilaboa.

Nin Eric Váquez Veiras nin ninguén nos vai a borrar o sorriso, a súa conciencia será o seu xuíz. Agora a cumprir as as sancións que considere oportuno os Comités de Competición pero sempre coa cabeza ben alta. 

Ánimo equipo, a por o seguinte partido !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí