lunes, 18 de marzo de 2024

COMBATE NULO NO POTE


Xusto empate o resultado do partido disputado na tarde do domingo en O Pote no que enfrontou aos locais contra o Club do Mar de Caión, un equipo cun potencial superior ao que indica a clasificación. Partido disputado de poder a poder con opcións para ambos os lados para levarse os tres puntos para finalmente asinar as táboas que deixou contento e descontento á vez ás dúas partes.

O partido en liñas xerais foi de ritmo lento ata a recta final na que o partido se rompeu e puido caer para calquera lado. A primeira parte non tivo un claro dominador, con máis chegadas polos visitantes cun par de claras ocasións de gol e cos brancos que só tiveron un achegamento claro cun balón que merodeó a portería visitante e ao que non chegaron a rematar dous xogadores brancos en franca posición na área pequena. 

Na segundo o partido rómpese nunha xogada individual de Tiago que bate a Abraham por baixo. (0-1) e tocaba remar.  A entrada en xogo de Hugo por parte local deulle a mordente necesaria aos brancos que empezaron a xerar ocasións e así o propio Hugo ten dous moi claras, unha en forma de baselina que lle sae alto e outra que salva o meta visitante Rama. Á terceira gran control e Hugo, pase atrás e aí empala Pitu ao fondo das redes (1-1). De aí ao final partido descontrolado con opcións por ambos os lados, eso se máis claras para os visitantes pero non se move o marcador finalizando co coñecido (1-1). 

Xusto empate de punto e como di o outro, cando non poidas gañar polo menos non perdas. Agora hai que facer bo este punto tentando sumar os tres no desprazamento a San Tirso para enfrontarse ao Xuventude Crendes que vén de arrincar un meritorio empate ante o potente Meicende.

5 equipos empatados a 44 puntos e 10 xornadas por diante...emoción a lume de biqueira nesta recta final de liga.

Seguimos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adri Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí