miércoles, 5 de julio de 2023

JAVI MARTÍNEZ VOLVE A CASA

Javi Martínez (Javima)
Jose Javier Martínez Amado, Javima, é un novo reforzo da Cultural Maniños para a próxima tempada. Javi un vello coñecido da afección branca volve a O Pote despois dun ano xogando na Preferente Galicia nas filas do CD As Pontes. é un medio centro de moito traballo e constancia aínda que con certa polivalencia o que lle permite tamén xogar tamén noutras posicións. Esa facilidade para ocupar diferentes posicións no campo así como a súa fortaleza física faio idóneo para unha categoría na que o físico ten unha vital importancia.

Javi como tantos e tantos xogadores que actualmente están en modestos comezou o seu camiño no fútbol na SD Portuarios ata a categoría Alevín cando ficha polo Racing de Ferrol onde se proclama campión galego disputando incluso o mítico Torneo de Brunete. O seu paso ao fútbol é no Meirás CF onde xoga tanto en Infantís como en Cadetes. Abandona o fútbol co seu cambio á categoría Xuvenil pasando ao fútbol sala e concretamente ao O Parrulo FS onde xoga dous anos e proclámase en ambas as ocasións Campión Galego desta disciplina. O último ano de xuvenís pásaos en branco para volver á práctica do fútbol xa no seu primeiro ano de modestos xogando no San Sadurniño CF nunha tempada que se pode catalogar de discreta. Cambio de aires marchando ao recentemente formado Ensanche CF que debutaba nesta categoría, nun equipo moi novo e con moi bo ambiente pero sen continuidade, desaparecendo ao terminar o curso e fichando nesta tempada que acaba de terminar, 2017/18, polo SD Rápido Neda comezando a moi ben na primeira fase meténdose no grupo polo título sen perder un só partido pero no grupo final certa irregularidade e unha traxectoria de máis a menos os fixo terminar nun quinto posto final por baixo das expectativas iniciais. Dende a tempada 2018/19 forma parte do primeiro equipo do Maniños, cun triste descenso ese curso, para na seguinte tempada marcada polo Covid, novo ascenso de novo á Primeira Galicia. Parón na 2020/21 e na 2021/22 forma parte do históroco equipo que xoga a fase de ascenso a Preferente Galicia quedando en segundo lugar proclamándose subcampión de Liga (mellor clasificación histórica do Club fundado en 1962). Finalmente a tempada anterior sobe de categoría defendendo as cores do CD As Pontes na Preferente Galicia co que consegue a permanencia.

E agora, un ano despóis, chega Javi novamente á disciplina branca para sumar o seu traballo ao exército do Maniños nunha tempada que o bloque e o grupo terá que funcionar ante a esixencia da competición.

JAVI, BENVIDO A MANIÑOS !!! 

GO MANIÑOS