jueves, 27 de julio de 2023

COMENZO ADESTRAMENTOS PRIMEIRO EQUIPO

O día 2 de agosto as 20:30 H. no Campo do Pote, comenzarán os adestramentos do Primeiro Equipo do Club as ordes de Adrián Martínez e Juan Carlos González " Charly" con Adrián Gómez ao frente dos porteiros.

Todo listo para comenzar... 

Conta atrás...tic, tac... 

GO MANIÑOS

lunes, 17 de julio de 2023

sábado, 15 de julio de 2023

PRIMEIRO EQUIPO - BAIXAS

Ademáis das renovacións e das altas, toca o momento de despedirse dalgúns xogadores que por diferentes motivos abandonan o Club.

As primeiras baixas confirmadas son as seguintes:

Óscar Amigo
Chegou ao equipo no verán do 2020  procedente do CD Narón (pincha aquí). Esa primeira tempada non se xogou pola pandemia para disputar dúas tempadas completas para os brancos (2021/22 e 2022/23). Nas súas dúas tempadas de branco disputou en Liga 53 partidos sobre 54 posibles con 50 titularidades, 6 partidos da fase de ascenso a Preferente (todos) e 7 partidos de copa. En total defendeu a elástica branca en partidos oficiáis en 66 partidos (29 e 37 nas respectivas tempadas) anotando un total de 2 goles (1 e 1).

Iván Amigo (Ipi)
Chegou á o Maniños na tempada 2021/22 procedente da SD O Val (pincha aquí) na fase final da recuperación dunha grave lesión de Ligamento cruzado. Por esa razón só estivo dispoñible para o adestrador na recta final do curso alternando o B con quen tiña ficha e o A con quen debuta na fase de ascenso a Preferente. Co primeiro equipo xogou un total de 37 partidos oficiais (6 e 31) anotando a espectacular cifra de 25 goles (4 e 21). No B xogou 5 partidos e anotou 6 goles. En total 42 partidos e 31 goles.

Iago Seijo
Ou fenés tivo dúas etapas cos brancos a primeira procedente do Eume (pincha aquí) en xullo de 2020 ano da pandemia e unha segunda desde xaneiro do presente ano procedente do CD As Pontes (pincha aquí). Disputou un total de 46 partidos de branco (28 e 18) anotando un total de 17 goles (14 e 3)

Desde estas liñas desexámoslles moita sorte no seu futuro tanto a nivel persoal como deportivo e lembrámoslles que Maniños sempre será a súa casa.

miércoles, 12 de julio de 2023

martes, 11 de julio de 2023

HUGO COCIÑA, MOCIDADE PARA A DIANTEIRA BRANCA

Hugo Cociña
Hugo Cociña Martínez, Hugo (Fene, 2004) é o quinto reforzo do primeiro equipo branco. Hugo, xuvenil a tempada anterior dá o salto a modestos e ir a fai no seu propio Concello para defender as cores do Cultural Maniños. Como curiosidade Hugo é irmán de Mateo, un dos porteiros do primeiro equipo. 

Hugo deu as primeiras patadas ao balón nos veciños do CCRD Perlío xogando ata alevíns fichando en categoría infantil no Galicia de Caranza onde xogou a Liga Galega da categoría. No seu primeiro ano en Cadetes gaña a Liga e a Copa para no seu segundo ano nesta categoría xogar do mesmo xeito que en Infantís a Liga Galega. O seu primeiro ano e Xuvenil coincide coa pandemia non xogando a fútbol para os dous seguintes anos xogar na Liga Galega, o primeiro na SD O Val e logo no Galicia de Caranza onde retornara dende a escuadra valexa. Agora no seu paso a Modestos defenderá as cores da Cultural Maniños.

Xogador eminentemente atacante gústalle xogar nas bandas, preferentemente no esquerda pero ten ocupado tamén a posición de dianteiro centro. Por tanto xogador que pode ocupar calquera das posicións de arriba e con bueas prestacións como o demostran a súa traxectoria.

HUGO, BENVIDO A MANIÑOS

GO MANIÑOS

ADRIÁN SANTALLA, REFORZO PARA AS BANDAS

Adri Santalla
Adrián González Santalla, Adri (Ferrol, 1999) súmase ao plantel do Cultural Maniños para a próxima tempada. Convértese na cuarta incorporación do primeiro equipo e vén a completar a liña defensiva pola súa polivalencia podendo xogar no lateral en ambas bandas o que permitirá ao adestrador ampliar as posibles combinacións á hora de facer o equipo.

Adri como tantos outros xogadores de Ferrolterra empezou a dar os seus primeiros pasos no fútbol nos benxamines da SD Portuarios subindo nas categorías do Club chegando a disputar a Liga Galega en categoría Infantil. En Cadetes pasa ao Racing de Ferrol xogando en División de Honra. Ascenso a Xuvenís tamén cos verdes competindo en Liga Nacional. Ao pasar a modestos, uns meses no Galicia de Mugardos pasando ao SDR Neda durante dúas tempadas para pasar á SD Valdoviño a tempada pasada en Primeira Galicia onde coincidiu co que será o seu novo Club o Cultural Maniños.  

Adri Santalla xoga preferentemente de lateral dereito aínda que xa da súa etapa no Racing de Ferrol disputou moitos partidos de lateral esquerdo por iso é polo que falamos de xogador polivalente que permite cubrir as dúas posicións segundo as necesidades do adestrador e do partido.

ADRI, BENVIDO A MANIÑOS 

GO MANIÑOS

lunes, 10 de julio de 2023

jueves, 6 de julio de 2023

AITOR DÍAZ, IMPORTANTE REFORZO PARA A BANDA ESQUERDA

Aitor Díaz
Aitor Díaz Castro, Aitor (Narón 1995) vén suplir un debe que tivo o Maniños nas últimas tempadas pola ausencia dun zurdo na posición de lateral esquerdo ou carrileiro. Esa posición foi ben cuberta por outros xogadores principalmente destros o que dificultaba o seu axuste á posición. Agora coa chegada de Aitor se lográ ter un xogador nesa posición a perna natural.

Aitor empezou xogando no desaparecido Narón Balompé Piñeiros. No primeiro ano de cadete pasa á histórico SD Portuarios para disputar a Liga Galega desta categoría. Permaneceu nesta entidade de Ferrol Vello ata o último ano de xuvenís onde pasa á SD O Val para disputar tamén a Liga Galega. Ao acabar todo o paso polas etapas de formación e no primeiro ano de modestos novo cambio de club xogando para o CD Rosalía de Vilaboa para a continuación seguir vestindo o verde pero neste caso do Meirás CF onde permaneceu as últimas 8 tempadas para pasar ao Cultural Maniños esta tempada que está a piques de comenzar.

Sempre xogou na posición de lateral esquerdo desenvolvéndose tamén na posición de carrilero sendo un xogador de marcado carácter ofensivo e profundo. A banda esquerda de O Pote ten un novo dono.

AITOR, BENVIDO A MANIÑOS

GO MANIÑOS

miércoles, 5 de julio de 2023

JAVI MARTÍNEZ VOLVE A CASA

Javi Martínez (Javima)
Jose Javier Martínez Amado, Javima, é un novo reforzo da Cultural Maniños para a próxima tempada. Javi un vello coñecido da afección branca volve a O Pote despois dun ano xogando na Preferente Galicia nas filas do CD As Pontes. é un medio centro de moito traballo e constancia aínda que con certa polivalencia o que lle permite tamén xogar tamén noutras posicións. Esa facilidade para ocupar diferentes posicións no campo así como a súa fortaleza física faio idóneo para unha categoría na que o físico ten unha vital importancia.

Javi como tantos e tantos xogadores que actualmente están en modestos comezou o seu camiño no fútbol na SD Portuarios ata a categoría Alevín cando ficha polo Racing de Ferrol onde se proclama campión galego disputando incluso o mítico Torneo de Brunete. O seu paso ao fútbol é no Meirás CF onde xoga tanto en Infantís como en Cadetes. Abandona o fútbol co seu cambio á categoría Xuvenil pasando ao fútbol sala e concretamente ao O Parrulo FS onde xoga dous anos e proclámase en ambas as ocasións Campión Galego desta disciplina. O último ano de xuvenís pásaos en branco para volver á práctica do fútbol xa no seu primeiro ano de modestos xogando no San Sadurniño CF nunha tempada que se pode catalogar de discreta. Cambio de aires marchando ao recentemente formado Ensanche CF que debutaba nesta categoría, nun equipo moi novo e con moi bo ambiente pero sen continuidade, desaparecendo ao terminar o curso e fichando nesta tempada que acaba de terminar, 2017/18, polo SD Rápido Neda comezando a moi ben na primeira fase meténdose no grupo polo título sen perder un só partido pero no grupo final certa irregularidade e unha traxectoria de máis a menos os fixo terminar nun quinto posto final por baixo das expectativas iniciais. Dende a tempada 2018/19 forma parte do primeiro equipo do Maniños, cun triste descenso ese curso, para na seguinte tempada marcada polo Covid, novo ascenso de novo á Primeira Galicia. Parón na 2020/21 e na 2021/22 forma parte do históroco equipo que xoga a fase de ascenso a Preferente Galicia quedando en segundo lugar proclamándose subcampión de Liga (mellor clasificación histórica do Club fundado en 1962). Finalmente a tempada anterior sobe de categoría defendendo as cores do CD As Pontes na Preferente Galicia co que consegue a permanencia.

E agora, un ano despóis, chega Javi novamente á disciplina branca para sumar o seu traballo ao exército do Maniños nunha tempada que o bloque e o grupo terá que funcionar ante a esixencia da competición.

JAVI, BENVIDO A MANIÑOS !!! 

GO MANIÑOS

martes, 4 de julio de 2023

CHRISTIAN RODRÍGUEZ, TRABALLO, COMPROMISO E ILUSIÓN PARA O MEDIO DO CAMPO BLANCO

Christian Rodríguez
Christian Rodríguez López, Christian
(Narón, 2001) convértese na primeira alta da Cultural Maniños para a tempada 2023/24. Christian mediocentro con chegada e que na presente tempada anotou 21 goles vén coa ilusión de probar nunha nova categoría superior despóis de competir sempre na súa traxectoria de modestos en 2.ª Galicia

Empezou no fútbol aos 4 anos na EF Amistade Meirás ascendendo nas diferentes categorías do Club ata que aos 13 anos pasa ao Galicia de Caranza para xogar no seu segundo ano de infantís na Liga Galega para volver de novo á EF Amistade Meirás onde xoga en cadetes, xuvenís para finalmente subir ao primeiro equipo do Club onde competiu nas últimas tempadas. En definitiva 17 tempadas defendendo as cores da EF Amistade o que no fútbol actual é unha cifra difícil de igualar. Como resultados máis destacables pódense sinalar unha liga e un subcampeonato de copa en benjamines e a nivel individual gañou o premio ao mellor xogador masculino do Concello de Valdoviño no ano 2022.

Na súa faceta de xogador ocupa posicións no medio do campo onde non ten preferencias dada a súa polivalencia. Bo físico, bo xogo aéreo e moita chegada definen a Christian que agora terá o reto de demostralo nunha categoría tan esixente como a 1ª Galicia.

CHRISTIAN BENVIDO A MANIÑOS!!!

GO MANIÑOS

lunes, 3 de julio de 2023

RENOVACIÓNS NO PRIMEIRO EQUIPO

Empezamos coas renovacións do primeiro equipo. 

Grazas por seguir confiando en nós!!!

Moita sorte para todos !!!





GO MANIÑOS