Partido marcado por un só patrón, pelexa e intensidade de ambos os equipos cun Cedeira que empezou mellor tendo unha clara ocasión empezando o partido pero indo claramente de máis a menos coincidindo cun bajón físico e estar minguados de efectivos. O Maniños foi de menos a máis acabando o partido no terreo de xogo local con dúas ocasións meridianamente claras pero sen o resultado do gol, cun tiro de Pitu que golpeou nun defensa e unha última en que o balón se paseo pola raia de gol solucionando a xogada un xogador local.
Intre do Cedeira vs Maniños disputado no Beco |
En definitiva partido trabado e sen claras ocasións de gol polo que o empate pódese considerar xusto. Un punto que permite sumar 20 puntos consolidándose na zona media alta da táboa o que lle permite afrontar con optimismo a recta final desta primeira volta e a eliminatoria copeira a disputar o próximo día 6 de decembro en O Cadaval ante o CD Narón. De todas as maneiras a próxima cita será o vindeiro domingo onde visitará O Pote un dos mellores equipos da competición como é o Boimorto CF.
Bo punto equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí