Empezou o partido cun gol temperán das locais. Afortunadamente para os intereses locais, as fenesas empataron ao aproveitar Andrea o rexeite dun penalti. Á media hora de nova as locais adiántanse no marcador ante as protestas do Maniños por considerar non legal o tanto do Unión Club Cee. Como consecuencia desas protestas é expulsado o técnico branco Juanjo. Co resultado de (2-1) o partido vaise ao descanso e co Maniños doído polo devir dos acontecementos da primeira metade. Tocaba descansar e coller forzas...
E deu resultado a conxura e en 10 minutos tres goles, dous de Noe e un da "Pichichi" Lore voltearon o resultado poñéndose cun esperanzador (2-4). Faltando pouco máis de 5 minutos acurtaron as locais que co que quedaba de partido máis 6 de desconto fixeron sufrir de xeito abondo ás brancas que finalmente sumaron os 3 importantes puntos.
Moi bo traballo equipo e agora a aproveitar a datas e repoñer forzas e desconectar. A segunda volta require dispor de todas nas mellores condicións.
Grandes!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí