lunes, 25 de diciembre de 2023

VICTORIA DOS MODESTOS PARA ACABAR BEN O ANO

Os Modestos terminaron o 2023 coa frecha para arriba despóis de sumar os últimos 9 puntos ademáis de clasificarse para os cuartos de final de Copa de Ferrolterra tras superar ao Xuventude Crendes CF no partido aprazado do 5 de novembro polo peche das instalacións Municipáis por parte do Concello de Fene motivado polas adversas condicións climatolóxicas.

Visitaba O Pote o pechacancelas da competición un Xuventude Crendes pouco realizador pero con resultados en liñas xerais axustados con moitas derrotas pola mínimo e con un resultado rechamante como foi a súa vitoria nos Pinares ante os veciños do CCRD Perlío polo que o partido presentábase con optimismo pero con moita cautela ao mesmo tempo. 

E o partido tivo un só guión, os de Abegondo pechados atrás prácticamente no seu campo e un Maniños que necesitaba atopar a forma de "abrir o melón" pois os brancos non estiveron aao longo dos 90 minutos excesivamente inspirados sen xerar excesivas ocasións de gol (ningunha na primeira parte) e cos visitantes esperando unha contra, un fallo defensivo local ou quizais un balón parado para adiantarse no marcador e quen sabe se poder levarse os tres puntos en xogo. 

Pedro nun intre do partido
(Foto: SANDY LÓPEZ)

E foi case no ecuador da segunda parte cando despois de que xa se os brancos merodearan a área visitante con algunhas ocasións desperdiciadas por falta de puntería ou malas decisións cando un dos defensas con máis gol da liga,
David Vidal, anotou cun disparo raso ao aproveitar un despexe do meta visitante. De aí ao final co Crendes tentando o empate, apareceron as ocasións brancas e así Hugo no segundo pau tras un sensacional centro desde a banda dereita só tivo que empuxar o balón ao fondo das redes. Era o (2-0) que sentenciaba o partido e que permitía ao Maniños vivir con relativa tranquilidade o final e gozar dunha xusta vitoria.

Jose Ángel subindo o balón
(Foto: SANDY LÓPEZ)

Tres puntos que permiten despedir o 2023 cunha brillante terceira posición na táboa só superados por
SD O Val e SDC Órdenes. Agora a gozar e desconectar nestas festas do Nadal e a partir do 2 de xaneiro a preparar o último da primeira volta en Laracha

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (22-23) DECEMBRO

XUVENILES (2ª FASE - X04): FC Ortigueira 3 - Cult. Maniños 2
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X10): Cultural Maniños 2 (David e Hugo) - Xuventude Crendes CF 0
(partido adiado do 5/11/23 por cerre das instalacións no Concello de Fene)

miércoles, 20 de diciembre de 2023

martes, 19 de diciembre de 2023

ADIANTADO AO XOVES 21 O PARTIDO DE XUVENÍS

O partido correspondente a xornada 4 de esta segunda fase ligueira a disputar este fin de semana do (22-23-24) de decembro e que enfrentaba aos nosos xuvenís a domicilio frente ao FC Ortigueira se xogará por acordo dos dous clubs este xoves 21 as 19:00 H. no Campo de San Claudio de Ortigueira.

Moita sorte equipo!!!

GO MANIÑOS

lunes, 18 de diciembre de 2023

TRIUNFO DE MERITO DO FEMININO EN CEE

Importante victoria dun feminino que vai a máis a cada partido. Tocou remontar con sufrimento ata o final que é como mellor sabe... 

Empezou o partido cun gol temperán das locais. Afortunadamente para os intereses locais, as fenesas empataron ao aproveitar Andrea o rexeite dun penalti. Á media hora de nova as locais adiántanse no marcador ante as protestas do Maniños por considerar non legal o tanto do Unión Club Cee. Como consecuencia desas protestas é expulsado o técnico branco Juanjo. Co resultado de (2-1) o partido vaise ao descanso e co Maniños doído polo devir dos acontecementos da primeira metade. Tocaba descansar e coller forzas...

E deu resultado a conxura e en 10 minutos tres goles, dous de Noe e un da "Pichichi" Lore voltearon o resultado poñéndose cun esperanzador (2-4). Faltando pouco máis de 5 minutos acurtaron as locais que co que quedaba de partido máis 6 de desconto fixeron sufrir de xeito abondo ás brancas que finalmente sumaron os 3 importantes puntos. 

Moi bo traballo equipo e agora a aproveitar a datas e repoñer forzas e desconectar. A segunda volta require dispor de todas nas mellores condicións.

Grandes!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

O FILIAL SEN SORTE CAE POLA MÍNIMA NO POTE

Un gol na segunda metade deu os tres puntos aos visitantes. O partido foi moi igualado con máis ocasións de gol para os brancos que non estiveron acertados na sorte do gol. O final do partido foi unha mostra do mesmo, un gol pantasma que o Colexiado situado moi lonxe da xogada non concedeu e un testarazo de Abraham a trave demostrou que este domingo non era o día dos rapaces de Chiqui.

En conclusión, non foi mal partido pero estés decindense nas áreas e ahí estiveron os visitantes máis acertados ao aproveitar unha imprecisión na saída de balón.

Cultural Maniños "B" - Tempada 2023/24
Derradeiro equipo do ano. O Pote (17.12.23)
Arriba de der. a esq.: Pablo, Abraham, Manu, Iker,
Raúl e Rubén.
Abaixo de der. a esq.; Samu, Víctor, Orosa, Aitor e Juanlu.

Nada que reprocharse...

A seguir traballando para seguir mellorando. 

Vamos equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui en www.radiofusion.gal, preme aquí

O MANIÑOS REENCÓNTRASE COA VICTORIA NO POTE

Terceira vitoria dos brancos en O Pote no que vai de tempada xa que desde a vitoria contra o Perlío o pasado 8 de outubro, tres derrotas consecutivas (Olímpico, Val e Boimorto) xunto ao partido suspendido ante o Crendes polo  peche das instalacións, facía moi necesaria esta vitoria e por fin dous meses e 7 días despóis a visita da SD Valdoviño foi propicia para sumar tres novos puntos en casa.

O partido foi desde o comezo de total control branco que desde o asubío inicial fíxose dono do partido. Así as ocasións ían aparecendo e na primeira que tivo Pitu adiantaba aos locais. Pouco despois primeira polémica, gran xogada de Ángel que é culminada por Christian e é sinalada fóra de xogo polo auxiliar da bancada. A posición de Christian era legal aínda que o propio era que o propio Ángel finalizase a xogada. O partido seguía sendo un monólogo cun Valdoviño defendendo con orde esperando o seu momento. E cando o partido morría na súa primeira metade un balón sen perigo aparente é defendido por Gonza co corpo, un xogador do Valdoviño e o propio Gonza chocan na acción e en cámara lenta e sen haber ningunha petición de penalti por parte dos laranxa o Colexiado sinala penalti. Entre que se produciu a xogada e a sinalización pasaron máis de 5 segundos. Á parte do dubidosa da xogada, a irregular forma en que se sinalou o penalti encrespó á afección branca. Penalti transformado por Noel. Xa nunha das últimas xogadas da primeira parte córner a favor é tocado por un dianteiro laranxa golpeando nun defensor local entrando na meta de Mateo. Pouco despois o Colexiado pita o final da primeira parte cun incrible (1-2) visto o visto no terreo de xogo e cun ambiente moi quente pola pésima actuación arbitral que derivou entre outras cousas e a causa das protestas coa expulsión de Abraham.

O Maniños colleu folgos no descanso e na segunda metade tivo a efectividade e o acerto que faltou na primeira parte. Numerosas ocasións e moi bo xogo. Pronto puxo as táboas, xogada por banda esquerda de Miragaya que centra ao primeiro pau e alí cabecea Christian ao fondo das mallas. (2-2). Pouco despóis unha cesión ao porteiro este falla e supérao o balón, entrando na rede máis dun metro aínda que ante a sorpresa de todos os alí presentes o árbitro deixa seguir e menos mal que a auxiliar de banquillos corre ao medio do campo concedendo o gol. E "salvou" ao principal porque o erro do árbitro era "catedralicio".  Na recta final un claro penalti a Álvaro (esta vez si acertou) transformado por Aitor e un gran disparo desde fóra da área puxo o definitivo (5-2) que reflicte acontecer en O Pote

Por tanto merecida vitoria dos brancos ante un SD Valdoviño con varios ex nas súas filas como Jorge o Yerai Daza ao que se lle desexa toda a sorte no que resta de tempada. 

A pesar de as 10 tarxetas amarelas (3 dobres amarelas con 3 expulsados) o partido foi noble e deportivo, incluso a lesión no minuto 2 de Javi Martínez cunha dobre fractura do tabique nasal foi unha xogada totalmente fortuíta. Moitos ánimos Javi !!!

Da arbitraxe do Sr. Julián Marcos Puget só dicir que os Clubs son bastantes máis serios que a imaxe dada por este señor durante o partido, absolutamente perdido e superado. Esperemos que o observador arbitral presente no partido tomase boa nota do nivel e criterio mostrado por este señor.

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (15-16-17) DECEMBRO

INFANTILES (2ª FASE - J02): Cedeira "B" 0 - Cultural Maniños 3
CADETES (2ª FASE - J02): Cultural Maniños 2 - CD As Pontes "B" 1
XUVENILES (2ª FASE - J03): Cultural Maniños 3 - Cedeira, SD 4
FEMININO (J12): Unión Club Cee 3 - Cultural Maniños 4 (Andrea, Noe (2) e Lore)
VETERANOS (J11): DESCANSAN
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J14): Cultural Maniños 0 - Xuventud Cabanas 1
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J16): Cultural Maniños 5 (Pitu, Christian, pp, Aitor y Álvaro) - SD Valdoviño 2

miércoles, 13 de diciembre de 2023

CAMPAÑA DE RECOGIDA DE ALIMENTOS

Como todos os anos o Club inicia a CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDOIROS E PRODUTOS DE HIXIENE PERSOAL en colaboración con CARITAS - FENE

A recollida será no Campo de Fútbol O Pote de Maniños.

Preferentemente ata o 19 de decembro (se recolle ata o sábado 23)


RÓGASE DIFUSIÓN E COLABORACIÓN
.


GRAZAS

lunes, 11 de diciembre de 2023

AMARGA DERROTA DO FEMININO ANTE O LÍDER

Derrota pola mínima ante o líder da competición nun partido no que se mereceu máis. O acerto en ambas áreas foi determinante. Un penalti errado e numerosas ocasións en que a falta de acerto e de puntería penalizaron as brancas. Pola súa banda as visitantes aproveitaron con elevado acerto a sus oportunidades, Non se está de líder por casualidade...

O gol local o anotou Lucía Calvo.

Nada que reprochar ao equipo que o deu todo!

Intre do partido

Falta recuperar o aprazado en Cee para acabar o ano.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo e Noe en www.radiofusion.eu, preme aquí

DERROTA DULCE DO FILIAL EN CARANZA

Derrota do filial ante un dos grandes favoritos da competición. Partido ao que se acudeu con moito respeto polo acontecido na primeira volta donde os visitantes aplastaron literalmente aos brancos totalmente impotentes ante o vendaval de fútbol que estaban sufrindo.

Afortunadamente cambiaron moito as cousas. Bo traballo defensivo que se veu reflexado no marcador cunhas taboas inesperadas pero merecidas na primeira metade polo sacrificio mostrado. Anotou Victor neste primer acto. O cansancio físico e o descompensado do equipo por baixas por lesión que tiveron que ser cubertas por xogadores de otras demarcacións por ausencias na convocatoria mermou o rendimento do equipo co paso dos minutos encaixándose tres goles na segunda metade.

Traballo digno que di moito deste grupo de xogadores e adestrador.

Intre do partido disputado en Caranza

A seguir traballando equipo! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui en www.radiofusion.eu, preme aquí

CLARA VICTORIA DOS MODESTOS NO CADAVAL

Segunda vitoria consecutiva dos modestos en O Cadaval pois tras a vitoria do mércores en Copa, este domingo logrouse unha segunda tan importante ou máis en Liga que á fin e ao cabo é o termómetro do rendemento nunha tempada. Aínda que a vitoria foi máis clara e avultada que o mércores con todo as sensacións foron peores aínda que o resultado diga todo o contrario.

O partido empezou cun dominio total do Maniños pois antes do primeiro gol de Christian os feneses tiveron numerosas ocasións de gol especialmente do autor dese primeiro gol que resolveu o meta local con gran acerto. Antes do descanso o propio Christian cun gran disparo puxo o (0-2) que daba certa tranquilidade aos blancos para afrontar a segunda parte.

A segunda parte empezou cunha perda de control do partido por parte do Maniños e cun equipo local que dispuxo dalgunhas oportunidades para poder anotar un gol e meterse no partido, cousa que non sucedeu tendo tamén os brancos as súas opcións e xa finalizando o mesmo Javi Miragaya fiel á súa cita co gol, puxo o (0-3) ao fin e ao cabo definitivo.

Cultural Maniños, SD 
O Cadaval, (10.12.23) CD Narón 0 - Cultural Maniños 3

Tres puntos que consolidan aos brancos na parte alta da táboa e que lle permite observar con optimismo este final de ano con dous partidos en O Pote en forma de conta pendente xa que este ano non se está mostrando tan inexpugnable como noutras tempadas. SD Valdoviño e Xuventus Crendes no partido aprazado son os rivais cos que se despide este 2023.

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS 

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (8-9-10) DECEMBRO

PREBENXAMINES (1ª FASE - J07): Galicia Caranza - Cultural Maniños (2) 
BENXAMINES  (1ª FASE - J07): SRD Neda - Cultural Maniños (Xógase o martes 12)
ALEVÍN "A" (1ª FASE - J07): Cultural Maniños - CD Narón "B" (1)
ALEVÍN "B" (1ª FASE - J07): Cedeira, SD - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (2ª FASE - J01): Cultural Maniños 7 - SCRD Narón Freixo "B" 0
CADETES (2ª FASE - J01): Racing San Pedro 0 - Cultural Maniños 4
XUVENILES (2ª FASE - J02): SRD Portuarios 3 Cultural Maniños 1
FEMININO (J13): Cultural Maniños 1 (Lucía Calvo) - SCD Pastoriza 2
VETERANOS (J11): DESCANSAN
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J13): Galicia Caranza 4 - Cultural Maniños 1 (Víctor)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J15): CD Narón 0 - Cultural Maniños 3 (Christian (2) e Miragaya)

jueves, 7 de diciembre de 2023

XA ESTAMOS EN CUARTOS DE FINAL DE COPA

Só a falta de acerto impideu ter unha eliminatoria máis doada. Na primeira parte debeu quedar finiquitado o pase a cuartos de final. Pero a lei do fútbol e implacable, si non matas un partido e chegas aos intres finales con resultado igualado, toca sufrir... 

Marcaron para os brancos Pedro e Javi Miragaya.

Agora en cuartos toca o AD Miño. Máis de 5 anos despóis volve a Copa a O Pote e casualmente contra o mesmo rival. Daquela houbo que xogar un vernes porque o finde semana se afrontaba a ida do partido da fase de ascenso a Primeira Galicia ante o Vizoño, SD. No partido xogado no Pote o (24.05.2018) o resultado foi (1-3) para os de Miño (pincha aquí). Nesta ocasión se buscará que a moneda salga cara...   

Parabéns equipo! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

CASTIGO EXCESIVO DEL FILIAL EN O CADAVAL

Derrota moi abultada do filial no partido adiado da xornada 8 por o cerre das instalacións, encaixando tres goles no último cuarto de hora decidiron un partido mediatizado por una inexplicable actuación arbitral. Nada novo...

Ata ese intre igualdade...

Non é momento de lamentarse e si de levantar a cabeza e seguir traballando. Non hai mais!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

martes, 5 de diciembre de 2023

MÉRCORES 6, COPA E RECUPERACIÓN DO PARTIDO APRAZADO NO CADAVAL

Este mércores 6 o primeiro equipo máis o filial teñen dous importantes citas no Cadaval (Narón). Cronolóxicamente a axenda do día 6 queda así:

16:30 H.
Liga - Xornada 8
CD Narón "B" - Cultural Maniños "B"
(RECUPERACIÓN PARTIDO ADIADO POLO CERRE DAS INSTALACIÓNS - 5/11/23 - EN NARÓN)

19:30 H.
Copa - Octavos de Final
CD Narón - Cultural Maniños

Sorte a nosos equipos!!!

GO MANIÑOS

POR FIN CHEGOU A PRIMEIRA VICTORIA DO FILIAL

A maior alegría do fin de semana chegou co filial que por fin consigueu a súa primeira victoria da tempada. Despóis un convulso comenzo o equipo a base de traballo foi mellorando no día a día conscente das súas limitacións e por fin e sabendo que hai moito traballo por diante empeza a verse a luz.

Aunque se adiantaron os visitantes al aproveitar un gol en propia, os brancos deron a volta ao marcador antes do descanso, un golazo de Juanlu e outro de Víctor en unha posición dudosa acadando o (2-1). Con este resultado o partido chegou ao tempo de lecer. Instantes antes do pitida da colexiada, expulsión de Iker nunha decisión moi protestada por ser moi rigurosa. Nada novo...

Na segunda parte superoridade branca que non pasou apuros pese a estar en inferioridade. Dous goles de Aitor e Juanlu firmaron o definitivo (4-1). Victoria xusta que supo moi ben entre os xogadores, corpo técnico e xiareiros brancos. 

Tardou pero sabe moi ben. 

O traballo e a ilusión por fin vese recompensado!!! 

Parabéns equipo e adestrador !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.eu, preme aquí

BALSÁMICA VICTORIA DOS VETERANOS EN SOBRADO

Victoria moi importante dos brancos que rompen a mala xeira de resultados ante un bo equipo como é o Atlético Sobrado Xuventude que vendeu cara a sua pel, pelexando ata o final pese ao amplio é adverso resultado. 
Anotaron Mon, Ricardo e Mato (2)


Unha vez rota a mala xeira, agora toca intentar prolongar unha boa dinámica para poder ascender na clasificación pero sobre a paciencia e a tranquilidade.

Parabéns equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

ADIADO O PARTIDO DO FEMININO

O partido que se iba a disputar na tarde do domingo en Sampaio de Refoxos (Cee) entre os equipos do Unión Club Cee e o Cultural Maniños foi ADIADO debido a que as condicións climatolóxicas adversas aconsellaban no disputar a contenda. Unha vez vista a situación ambos equipos e o Colexiado decidiron no comenzar o partido. Unha magoa... 


Agora toca buscar unha data para xogar o partido. 

Debido a escasez de datas non vai ser doado... 

GO MANIÑOS

DERROTA POLA MÍNIMA ANTE O BOIMORTO

Derrota pola mínima dos modestos que foron derrotados por un Boimorto CF que aproveitou unha das poucas ocasións claras que tivo para adiantarse no marcador e posteriormente ser capaz de defenderse con orde e acerto mesmo os últimos 20 minutos de partido tras sufrir a expulsión do seu porteiro ao coller coa man un balón fóra da área o que intensificou o acoso local sen productividade.

O
Boimorto empezou mellor con control do partido pero sen xerar ocasións de gol. O Maniños foi de menos a máis pero tampouco foi quen de producir o suficiente como para  xerar perigo na portería visitante. Foi unha xogada individual do mellor xogador do Boimorto, Iván García, que gañou a liña de fondo e que remachou en liña de gol Adrián Rial. O Maniños notou o gol pero foi capaz de aguantar e de no encaixar outro golpe que podía ser definitivo. O partido foise ao tempo de lecer co adverso (0-1)

A segunda parte foi máis nivelada, sen un claro dominador e sen claras ocasións de gol. Todo cambiou coa clara expulsión do meta visitante e de aí ata o final acoso infrutuoso local cun Boimorto moi metido atrás tentando superar o asedio con moito oficio e experiencia o cual logrou chegándose ao final do partido co coñecido (0-1).

Paso atrás dos brancos no seu afán de asentarse na zona media alta da táboa pero coa sensación dun equipo vivo e que vai dar moita guerra no que queda de competición. Sen tempo para lamentarse este mércores partido de Octavos de Final de Copa en O Cadaval ante o CD Narón en horario "Champións", 19.30 H.

A seguir traballando para cambiar a xeira de malos resultados.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

lunes, 4 de diciembre de 2023

RESULTADOS FIN DE SEMANA (1-2-3) DECEMBRO

PREBENXAMINES (1ª FASE - J06): Cultural Maniños - AD Miño (2) 
BENXAMINES  (1ª FASE - J06): Cultural Maniños - Galicia Mugardos (1)
ALEVÍN "A" (1ª FASE - J06): EF Irmandiños "B" - Cultural Maniños (1)
ALEVÍN "B" (1ª FASE - J06): Cultural Maniños - EF Irmandiños (1)
INFANTILES (-): DESCANSAN
CADETES (-): DESCANSAN
XUVENILES (-): Cultural Maniños 0 - CMI Club Campo 2
FEMININO (J12): Unión Club Cee X - Cultural Maniños X (ADIADO POLAS ADVERSAS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS)
VETERANOS (J11): Atlético Sobrado Xuventude 2 - Cultural Maniños 4 (Mon, Ricardo e Mato (2))
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J12): Cultural Maniños 4 (Juanlu (2), Víctor e Aitor) - CF Estrella 1
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J14): Cultural Maniños 0 - Boimorto CF 1

miércoles, 29 de noviembre de 2023

lunes, 27 de noviembre de 2023

NOVA DERROTA DOS VETERANOS A DOMICILIO

Derrota dos veteranos nunha prolongada xeira de malos resultados. Non foi capaz de superar a un rival que xogou con dez moitos minutos. O equipo está pasando un mal momento anímico e deportivo. Cada vez que sofre un revés ao equipo custalle moito superalo.

Un gol na recta final decideu o partido. 

Toca seguir e non baixar os brazos. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

CLARO TRIUNFO DO FEMININO ANTE A ED OS MIUDOS

Boa victoria das blancas ante un bo equipo, xove e con moita ilusión que pelexou ata o final. O Maniños sen facer un bo partido levou o peso, xenerou moitas ocasións de gol aunque encaixou dos goles evitables. Esto hai que melloralo para non sufrir nos partidos é poder resolvelos antes.  Partido moi deportivo cun exquisito comportamento por ambos equipos.

Intre do partido disputado este domingo no Pote

Victoria xusta e necesaria para que o equipo se consolide fora dos postos perigosos. Marcaron Lucía Calvo, Pau e Tensi (2)

Parabéns equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo e Cris Silvar en www.radiofusion.eu, preme aquí

DERROTA NO DERBY DE FILIAIS

Derrota no duelo de filiais onde os visitantes foros mellores e máis efectivos. Destacar a presenza de Nesy Otero, ex branco, no banquillo do filial de A Pedreira. 

Victoria xusta dos verdes. 

É moi complexo montar e conxuntar un equipo novo na súa práctica totalidad sin unha pretemporada para poder traballar sen prisas. É cuestión de tempo...

O peor foi a lesión de Alex Iglesias nos intres iniciais de partido cunha pequena fractura no nariz nun choque fortuito cun rival.. Ánimo Alex!!! 

Debutou nas filas brancas Alex Marcos ao que lle desexamos moita sorte.

Acabou a primeira volta. Moita liga aún... 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui en www.radiofusion.eu, preme aquí

TRABALLADO EMPATE DOS MODESTOS EN CEDEIRA

Empate valioso dos modestos en O Beco ante un Cedeira, SD que aínda non foi derrotado no seu terreo de xogo nos que vai de tempada co engadido de que os brancos foron goleados neste mesmo campo xa ante este mesmo rival na penúltima xornada da tempada pasada. Non fai tantio tempo...

Partido marcado por un só patrón, pelexa e intensidade de ambos os equipos cun Cedeira que empezou mellor tendo unha clara ocasión empezando o partido pero indo claramente de máis a menos coincidindo cun bajón físico e estar minguados de efectivos. O Maniños foi de menos a máis acabando o partido no terreo de xogo local con dúas ocasións meridianamente claras pero sen o resultado do gol, cun tiro de Pitu que golpeou nun defensa e unha última en que o balón se paseo pola raia de gol solucionando a xogada un xogador local. 

Intre do Cedeira vs Maniños disputado no Beco

En definitiva partido trabado e sen claras ocasións de gol polo que o empate pódese considerar xusto. 
Un punto que permite sumar 20 puntos consolidándose na zona media alta da táboa o que lle permite afrontar con optimismo a recta final desta primeira volta e a eliminatoria copeira a disputar o próximo día 6 de decembro en O Cadaval ante o CD Narón. De todas as maneiras a próxima cita será o vindeiro domingo onde visitará O Pote un dos mellores equipos da competición como é o Boimorto CF.

Bo punto equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí   

RESULTADOS FIN DE SEMANA (24-25-26) NOVEMBRO

PREBENXAMINES (1ª FASE - J03): Cultural Maniños - Numancia (2) (RECUPERACIÓN APLAZADO)
BENXAMINES  (1ª FASE - J03): Racing San Pedro - Cultural Maniños (2) (RECUPERACIÓN APLAZADO)
ALEVÍN "A" (1ª FASE - J03): Cultural Maniños - CD Narón (2) (RECUPERACIÓN APLAZADO)
ALEVÍN "B" (1ª FASE - J03): Club de Campo "B" Cultural Maniños (1)  (RECUPERACIÓN APLAZADO)
INFANTILES (-): DESCANSAN
CADETES (1ª FASE - J11): Cultural Maniños 1 - Eume "B" 2
XUVENILES (-): DESCANSAN
FEMININO (J11): Cultural Maniños 4 (Lucía Calvo, Pau e Tensi (2)) - ED Os Miudos 2
VETERANOS (J10): Mercurio, SD 1 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J11) Cultural Maniños 0 - Galicia Mugardos "B" 3
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J13) Cedeira, SD 0 - Cultural Maniños 0

viernes, 24 de noviembre de 2023

LEO RIVEIRA O NOVO SOCIO MÁIS XOVE DO CLUB

O Cultural Maniños ten o pracer de presentar a un novo membro da Familia Branca, Leo Riveira Torres, fillo do noso querido xogador do Primeiro equipo, Pitu e de Laura.

Na foto a familia pousando xunto ás nosas "Xefas" Puri e Elena. 

Parabéns aos pais!!! 

Leo benvido!!!

jueves, 23 de noviembre de 2023

lunes, 20 de noviembre de 2023

TRISTE DERROTA DO VETERANO EN ENCROBAS

Derrota nun mal partido dos nosos. O positivo foi o compromiso do equipo con unha convocatoria amplia en un desprazamento longo. 

No están saíndo as cousas. É un feito, os números están ahí. Agora é o momento de estar máis unidos e afrontar xuntos a situación. Pero sen dramas, esto é só deporte. O máis importante das cousas menos importantes.

Fede nunha acción do partido
(Foto: Mercedes Lamas)

Non choveu que non escampara... 

Toca levantarse... 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

UNHA MALA PRIMEIRA PARTE CONDENA AO FILIAL

Derrota clara do filial ao que lle penalizou moito unha moi mala primeira metade. Mellor na segunda metade aunque sen ninguna opción de meterse no partido. 

O equipo está a adestrar ben e cada día con máis efectivos.

Toca pasar páxina e seguir para diante... traballo e máis traballo. 

Temporada 23/24 - Cultural Maniños "B"
(19/11/23) Gallamonde (Miño)
Foto: Redes sociales AD Miño 
@_AD_MINO

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

IMPORTANTE VICTORIA DO FEMININO EN LUGO

Importante victoria das brancas ante un rival directo na loita por escapar das posicións perigosas. Non foi nada doado por eso sabe moito mellor. O partido non se decideu ata os intres finais con dous goles que sentenciaron o partido. 

Se necesitaba romper a mala dinámica de resultados. Ágora toca alargar unha boa xeira que permita ao equipo asentarse na zona media da taboa.

Anotou Cris de penalti e hat trick de Lore que xa suma 12.

Próximo partido visita O Pote a ED Os Miudos, un rival da "súa" liga polo que sería moi bo para os intereses brancos sumar os tres puntos.

Parabens equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

DERROTA DOS MODESTOS NO POTE

Esperábase con expectación o partido que se celebraba en O Pote entre o terceiro clasificado e o líder da competición a SD O Val como o demostrou a boa resposta do público. O partido en liñas xerais foi moi competido e intenso e os tres puntos fóronse a Narón.

Sen entrar nun maior detalle os visitantes impuxeron o seu maior ritmo e intensidade sen grandes alardes futbolísticos. O Maniños non foi capaz de impoñer o seu xogo aínda que non lle perdeu a cara ao partido en ningún momento aínda que sen profundidade xerando moi poucas/pouas opcións de gol durante os 90 minutos. Os visitantes aproveitáronse dos erros ou idecisiones brancas para anotar os goles e levar con xustiza os tres puntos do feudo fenés.

A seguir traballando da mesma forma, non hai que apartarse nin un centímetro da liña marcada crendo no estilo e nas ideas establecidas. A levantarse e a pensar no seguinte partido o domingo en O Beco e ante o Cedeira, SD.

Sempre brancos !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (17-18-19) NOVEMBRO

PREBENXAMINES (1ª FASE - J05): Club Campo "B"  Cultural Maniños (1)
BENXAMINES  (1ª FASE - J05): Eume "C" - Cultural Maniños (2)
ALEVÍN "A" (1ª FASE - J05): Cultural Maniños - SD Libunca (1)
ALEVÍN "B" (1ª FASE - J05): Racing Ferrol - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (1ª FASE - J09): SDR Neda 13 - Cultural Maniños 0
CADETES (1ª FASE - J10): SD Ánimas "B" 1 - Cultural Maniños 1
XUVENILES (1ª FASE - J09): Eume 6 - Cultural Maniños 0
FEMININO (J10):  SCD Milagrosa 1 - Cultural Maniños 4 (Lore (3) e Cris)
VETERANOS (J09): Rodis FC 3 - Cultural Maniños 1 (Ricardo)
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J10) AD Miño "B" 5 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J12) Cultural Maniños 0 - SD O Val 3

viernes, 17 de noviembre de 2023

lunes, 13 de noviembre de 2023

PASO ATRÁS DO VETERANO

Derrota dos nosos veteranos nun partido moi gris. Pese adelantarse no marcador por mediación de Mon os visitantes deron a volta ao resultado cun gol en cada tempo. O equipo foi de máis a menos e non foron capaces de aproveitar o seu momento.

Non se pode baixar os brazos e seguir pelexando ata que as matemáticas digan o contrario.

intre do partido

A seguir e intentar coller outra boa racha. 

Ánimo equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do equipo en www.futgal.es, preme aquí

O FEMININO CAE DE NOVO EN CASA

Derrota nun partido igualado e competido ata o pitido final. O partido foi moi igualado e decideuse polo mayor acerto visitante que aproveito nun alto porcentaxe as imprecisións en defensa das brancas. Dous goles deberían chegar para levarse o partido pero de momento non chega. Marcaron Lore e Cris.

Por tanto segue sen poderse lograr una racha de boa resultados. E se necesita... 

intre do partido

Hai que seguir traballando.  

Esto e unha carreira de fondo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo e Ángela en www.radiofusion.eu, preme aquí

DERROTA DO FILIAL QUE MERECEU MÁIS

Derrota do filial en un bo partido por ambos lados. Mellor a 1ª parte dos visitantes que estiveron máis acertados e a 2ª parte foi local estando moi preto dun segundo gol que quizás puido ser o mási xusto. 

Faltou un chisquiño para o empate pero boas sensacións en liñas xerais do equipo ao que lle falta máis regularidade concedendo demasiado en defensa. Pecado de xuventude. O gol branco foi anotado por Aitor nunha bonita xogada colectiva.

intre do partido
Se sigue crecendo...

GO MANIÑOS

Acta do partido en www,futgal.es, preme aquí

Chiqui en www.radiofusion.eu, preme aquí