O partido empezou cun dominio total do Maniños pois antes do primeiro gol de Christian os feneses tiveron numerosas ocasións de gol especialmente do autor dese primeiro gol que resolveu o meta local con gran acerto. Antes do descanso o propio Christian cun gran disparo puxo o (0-2) que daba certa tranquilidade aos blancos para afrontar a segunda parte.
A segunda parte empezou cunha perda de control do partido por parte do Maniños e cun equipo local que dispuxo dalgunhas oportunidades para poder anotar un gol e meterse no partido, cousa que non sucedeu tendo tamén os brancos as súas opcións e xa finalizando o mesmo Javi Miragaya fiel á súa cita co gol, puxo o (0-3) ao fin e ao cabo definitivo.
Tres puntos que consolidan aos brancos na parte alta da táboa e que lle permite observar con optimismo este final de ano con dous partidos en O Pote en forma de conta pendente xa que este ano non se está mostrando tan inexpugnable como noutras tempadas. SD Valdoviño e Xuventus Crendes no partido aprazado son os rivais cos que se despide este 2023.
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí