A primeira parte empezou cun dominio e un control total do Maniños que deu o seu froito aproximadamente ao cuarto de hora tras unha xogada de Pedro que remata Víctor ao fondo das redes. Un gol que permitiu aos brancos afrontar con máis tranquilidade o partido. Os locais a base de empuxe tentaron meter ao Maniños atrás e foron capaces de xerar algunha ocasión clara de gol nalgún caso resolto por Mateo e a máis clara na última xogada da primeira parte tras unha prolongación de cabeza tras un balón parado que é rematado fóra por un xogador local en inmellorable posición. Con un apretado (0-1) o partido foise ao descanso.
Intre do partido disputado en "O Castro" |
A segunda parte empezou da mellor maneira posible para os brancos, Javi Miragaya aproveita un erro dun dos centrais locais, plántase diante do porteiro e báteo por baixo. (0-2) e aí o Maniños dáse conta que non se escapa o partido. O Carral acusa o golpe e de novo Javi Miragaya ateiga o golpe definitivo cun novo disparo tras recibir un fenomenal pase. (0-3) e partido finiquitado.O Carral tentouno con numerosos disparos a portería e balóns parado pero a defensa branca inconmensurable resolveu con solvencia. Faltando 10 minutos, Hugo, puxo o (0-4) cun gran disparo desde o bordo da área e de aí ao final os locais buscaron o gol do honra cousa que conseguiron finalizando o partido. (1-4) evitando a posibilidade de deixar a porta a cero. Unha bagoa... Final e tres importantes puntos véñense para O Pote.
Como se dijo antes, tres puntos valiosos que permiten aos brancos consolidarse na zona media alta da táboa para afrontar con optimismo os duros partidos que se lle presentan a continuación empezando polo do domingo ante o potente Olímpico CF actual Subcampión de Liga e da Copa Coruña. Un enfrentamento que se fixo habitual nas últimas tempadas.
Parabéns Equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí