lunes, 30 de octubre de 2023

VICTORIA DE MOITO MÉRITO DOS VETERANOS EN OSEIRO

Gran victoria dos nosos nun campo moi difícil e ante un rival moi compricado que ocupaba e ocupa un dos postos de privilexio cunha boa serie de resultados. Os nosos acudiron á cita moi minguado de efectivos (13 baixas) e coa moral tocada polos últimos resultados pero foron capaces de sacar a caste que teñen para sobrepoñerse a todo e traerse tres puntos vitais que permiten mirar o futuro doutra forma. 
Anotaron Ricardo e Ramón que voltearon o tanto inicial local.

Intre do partido
(Foto: Mercedes Lamas)

É o punto de inflexión que se precisaba. 

Como o mereciades!!! A seguir así!!!  

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

DERROTA POLA MÍNIMA DO FEMININO EN ANTAS

Unha bagoa, o bo traballo do equipo se vino abaixo cun gol encaixado mediada a 2ª metade. O equipo segue vivo e ten que seguir creiendo. 

Se compiten todolos partidos. O primeiro é recuperar efectivos. Só puideron desprazarse 14 xogadoras sobre todo por problemas de lesións que están dificultando a progresión natural do equipo.

 A erguer a cabeza, o mércores hai outro examen!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, preme aquí

DERROTA DOS MODESTOS NUN MAL PARTIDO

Despois de tres vitorias consecutivas derrota dos brancos ante o Olímpico CF que ademáis rompe a serie de invicto do Maniños en O Pote

Neste partido a crónica é moi sinxela e moi breve, un Olímpico que desde o minuto 1 fíxose dono do partido e do balón que aproveitou na primeira parte un erro defensivo para poñerse (0-1) no marcador e que a pesar de ter as mellores ocasións tampouco foron clara e onde os brancos non se achegaron fóra dalgún córner ou balón parado á portería visitante.

Saúdos iniciais
(Foto: Tono Santos)

Na segunda parte dous golazos dos visitantes moi próximos no tempo puxeron un inapelable (0-3) dando por finiquitado o partido. O Maniños nesa segunda parte tratou de igualar as forzas xa co partido decidido pero foi incapaz de xerar perigo e ocasións para soñar cunha remontada.

Intre do partido
(Foto: Tono Santos)

Mal día dos brancos incómodos todo o tempo e faltos da intensidade necesaria para competir a contenda a un
Olímpico que sen facer un gran partido foi justo merecedor da vitoria.

Conclusión: nin antes eran tan bos nin agora son tan malos. Hai grises tamén. O que está claro que este domingo non foi un bo día pero o fútbol afortunadamente ten as súas reválidas e e mércores 1 hai outra, co desprazamento a Laracha para enfrontarse ao Club do Mar de Caión

Confianza total neste equipo !!!

Cabezas erguidas!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

PRIMER PUNTO DO FILIAL ANTE O NEDA

Primer punto da tempada ante un histórico do noso fútbol como é o SD Rápido de Neda que tamén está mostrando una cara irregular neste principio ligueiro. Partido xogado baixo luz artificial al xogarse despóis dos modestos e en donde sempre os visitantes foron por diante no marcador. 

Na primeira parte é en dúas chegadas os visitantes puxéronse (0-2) para inmediatamente despóis Aitor de falta directo acurtou distancias. Cun partido sen claro dominador do mesmo foise ao descanso co resultado coñecido e coa sensación de que estaba aberto a calquera dos dous contendentes. A segunda parte seguiu coa mesma tónica, ningún dominador, os porteiros determinantes e moitas ocasións de gol.  Nesta "tolemia", os brancos atoparon o empate ao transformar Juanlu un penalti sinalado por mans na área nedesa. De novo os visitantes adiantáronse para poñer o (2-3) para finalmente Alex poñer o definitivo (3-3). Na recta final numerosas ocasións por ambos os bandos especialmente polo Neda e aí Pablo erixiuse no salvador salvando ese ansiado punto para os rapaces de Chiqui.

O mellor as gañas e orgullo. O peor é que séguese concedendo demasiadas ocasións de gol. 

Se seguirá mellorando de eso non hai dúbida. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (27-28-29) OUTUBRO

PREBENXAMINES (1ª FASE - J02): CD As Pontes - Cultural Maniños (X)
BENXAMINES  (1ª FASE - J02): Eume - Cultural Maniños (1)
ALEVÍN "A" (1ª FASE - J02): Cultural Maniños - SD Portuarios (2)
ALEVÍN "B" (1ª FASE - J02): SDR Neda Cultural Maniños (1) 
INFANTILES (1ª FASE - J06): CD As Pontes 5 - Cultural Maniños 0
CADETES (1ª FASE - J07): SD Portuarios 1 - Cultural Maniños 1
XUVENILES (1ª FASE - J07): Cultural Maniños 0 - CD As Pontes 6
FEMININO (J06): SD Antas 1 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (J06): Oseiro Clickfer Arteixo 1 - Cultural Maniños 2 (Ricardo e Ramón)
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J07) Cultural Maniños 3 (Aitor, Juanlu e Alex) - SDR Neda 3
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J08) Cultural Maniños 0 - Olímpico CF 3

jueves, 26 de octubre de 2023

NOVAS FOTOS DOS NOSOS EQUIPOS

Cultural Maniños, SD - Tempada 2023/24 - MODESTOS
 
Cultural Maniños, SD - Tempada 2023/24 - VETERANOS

GO MANIÑOS

miércoles, 25 de octubre de 2023

CORREDURÍA DE SEGUROS CASCUDO PATROCINADOR DO NOSO ALEVÍN "B"

O Cultural Maniños, SD séntese moi orgulloso de mostrar os novos equipamentos do seu equipo Alevín patrocinado por Correduria de Seguros Cascudo. 


Gracias pola vosa colaboración co noso fútbol base. 

GRACIAS SEGUROS CASCUDO!!

GO MANIÑOS

O FILIAL É GOLEADO A MANS DO GRAN FAVORITO

Derrota clara e contundente do noso segundo equipo en terras aresanas ante o claro candidato ao campionato. A maior calidade e fondo físico decantou o partido para os aresáns moito máis feitos que o filial que está intentando acadar o súa mellor versión.

Pero eso non se consigue dun día para outro.

Anotou Edu que resultou mancado e tivo que acudir ao Cardona

Toca seguir traballando para mellorar e ser competitivo. 

Ánimo equipo !!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui en www.radiofusion.eu, preme aquí

lunes, 23 de octubre de 2023

O FEMININO PROLONGA A SÚA MALA RACHA ANTE O ORZÁN

Segue a mala xeira de resultados nun partido moi aberto en que se mereceu máis. Se estivo cerca o gol do empate pero non chegou. Ademais o fútbol que se mostrou permite mirar o futuro coin certo optimismo. 

A pena é que se estivo moi preto pero non puido ser...

Non hai que baixar os brazos e insistir. 

Este equipo é de superar obstáculos. 

A seguir!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo e Uxía Armenteros en www.radiofusion.eu,
preme aquí

OS VETERANOS TOCAN FONDO ANTE O SAN MARTIÑO

Mal partido dos veteranos ante o San Martiño, SD, xusto acreedor á vitoria.

Non saíu nada...

Toca aprender para mellorar. Autocrítica... 

Non choveu que non escampara...

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

UN BRILLANTE MANIÑOS GOLEA EN CARRAL

Vitoria de moito mérito do Maniños nun deses campos coñecidos na categoría pola súa dificultade, xa que unido ao potencial do equipo local súmaselle o campo de herba natural, pequeno e que a UD Carral coñéceo de corrida. Ademais tradicionalmente é un campo que se dá mal aos brancos que mesmo foi goleado en "O Castro" nas súas últimas visitas. Nesta ocasión o equipo realizou un gran partido, tivo a efectividade precisa, defendeuse con orde e foi xusto vencedor da contenda. 

A primeira parte empezou cun dominio e un control total do Maniños que deu o seu froito aproximadamente ao cuarto de hora tras unha xogada de Pedro que remata Víctor ao fondo das redes. Un gol que permitiu aos brancos afrontar con máis tranquilidade o partido. Os locais a base de empuxe tentaron meter ao Maniños atrás e foron capaces de xerar algunha ocasión clara de gol nalgún caso resolto por Mateo e a máis clara na última xogada da primeira parte tras unha prolongación de cabeza tras un balón parado que é rematado fóra por un xogador local en inmellorable posición. Con un apretado (0-1) o partido foise ao descanso. 

Intre do partido disputado en "O Castro"

A segunda parte empezou da mellor maneira posible para os brancos, Javi Miragaya aproveita un erro dun dos centrais locais, plántase diante do porteiro e báteo por baixo. (0-2) e aí o Maniños dáse conta que non se escapa o partido. O Carral acusa o golpe e de novo Javi Miragaya ateiga o golpe definitivo cun novo disparo tras recibir un fenomenal pase. (0-3) e partido finiquitado.
O Carral tentouno con numerosos disparos a portería e balóns parado pero a defensa branca inconmensurable resolveu con solvencia. Faltando 10 minutos, Hugo, puxo o (0-4) cun gran disparo desde o bordo da área e de aí ao final os locais buscaron o gol do honra cousa que conseguiron finalizando o partido. (1-4) evitando a posibilidade de deixar a porta a cero. Unha bagoa... Final e tres importantes puntos véñense para O Pote

Como se dijo antes, tres puntos valiosos que permiten aos brancos consolidarse na zona media alta da táboa para afrontar con optimismo os duros partidos que se lle presentan a continuación empezando polo do domingo ante o potente Olímpico CF actual Subcampión de Liga e da Copa Coruña. Un enfrentamento que se fixo habitual nas últimas tempadas. 

Parabéns Equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (20-21-22) OUTUBRO

PREBENJAMINES (1ª FASE - J01): Cultural Maniños - CCRD Perlío (1)
BENJAMINES  (1ª FASE - J01): 
Cultural Maniños - Meirás CF (1)
ALEVÍN "A" (1ª FASE - J01): AD Miño - Cultural Maniños (1)
ALEVÍN "B" (1ª FASE - J01): Cultural Maniños - SD Ánimas (1) 
INFANTILES (1ª FASE - J05): Cultural Maniños 1 - Cedeira, SD 8
CADETES (1ª FASE - J06): Cultural Maniños 2 - CCRD Perlío 6
JUVENILES (1ª FASE - J06): CCRD Perlío 9 - Cultural Maniños 0
FEMININO F11 (J05): Cultural Maniños 1 (Lore) - SD Orzán 2
VETERANOS (J05): Cultural Maniños 0 - San Martiño 4
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J06) Numancia  8 - Cultural Maniños 1 (Edu)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J07) UD Carral 1 - Cultural Maniños 4 (Víctor, Javi Miragaya (2) e Hugo)

martes, 17 de octubre de 2023

SEMANA NEGRA PARA LA FAMILIA DEL CULTURAL MANIÑOS

A semana pasada faleceu o ex xogador branco e veciño de Maniños, Santiago Martínez Piñeiro coñecido por "Botana"

No día de onte faleceu o tamén ex xogador branco e veciño de Maniños, Jose Luís Rodríguez Vilariño coñecido por "Lilo"

Desde estas liñas queremos mandar un forte abrazo a sus respectivas familias, amigos e coñecidos en estos difíciles momentos ante tan triste perda. 

DEP

lunes, 16 de octubre de 2023

O FEMININO CAE EN LUGO

Derrota clara en terras lucenses a unha cita á que se acudiu moi minguados de efectivos. O resultado foi máis avultado que o que reflicte o xogo. A gran diferenza estivo na efectividade nas áreas.

Hai que recuperar xogadoras para poder competir en condicións. 

Moito ánimo que esto só acaba de empezar. 

Imos equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, preme aquí

DERROTA SEN PALIATIVOS DO VETERANO EN MERA

Derrota clara e contundente na visita ao espectacular Campo da Marola para enfrontarse ao Marino CF de Mera

Non saíu absolutamente nada... pouco máis a engadir.

É por eso que en días como este toca aprender, non queda outra. Facer autocrítica para evitar volver a repetir os erros cometidos.

Cabeza erguida, esto segue!!! 

Non saíron as cousas en Mera
(Foto: Mercedes Lamas)
GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

MELLORÍA DO FILIAL PESE A DERROTA

Derrota dos pupilos de Álvaro Dopico "Chiqui" que debutaba en solitario no banco do filial e que ten moito traballo por diante para endereitar e estabilizar o equipo. 

Partido intenso resolto ao aproveitar os verdes de
Vilaboa dúas indecisións dos brancos que sen embargo fixeron un meritorio partido 

Bo partido do equipo que necesita gañar en confianza.

Para a semana durísimo enfrentamiento ante o potente e gran favorito da competición, Numancia de Ares. A dalo todo !!!

Traballo, traballo y máis traballo. Iremos a máis...

Imos equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui en www.radiofusion.eu, preme aquí

VICTORIA DE MOITO MÉRITO DOS MODESTOS EN MEICENDE

Vitoria de mérito a conseguida polo Cultural Maniños no seu desprazamento a Meicende para enfrontarse co Sporting, equipo que a tempada pasada alcanzou o ascenso tras superar na promoción ao filial do Mugardos e ao Meirás CF. Equipo de bo trato de balón que deixou unha grata impresión dirixido desde o banco polo ex xogador do RC Deportivo, Maikel.

Empezaron moi fortes os locais con dominio do balón e xerando ocasións de gol, ata tres claras nos 20 primeiros minutos que entre os postes e un moi acertado Abraham impediron que se adiantasen no marcador. A partir dese momento e co equipo máis asentado o partido foise equilibrando e mesmo empezaron as chegadas do Maniños que dispuxo dunha ocasión moi clara cando Pedro diante do porteiro estrelou o balón no traveseiro cando a situación era idónea para anotar gol. Foi entre os minutos 30 ao 34 cando o partido volveuse tolo e anotáronse os tres goles cos que finalizou o partido. Primeiro foi Hugo ao remachar no segundo poste unha xogada combinativa que chego a Adri Santalla para facer un perfecto centro e en carreira chegaron Pedro e Hugo chegando este para empuxar o balón ao fondo das redes. E como di o dito "pouco dura a alegría na casa do pobre..." un par de minutos despois un dianteiro local plántase só diante de Abraham ao que supera por baixo. Sen tempo para repoñerse do golpe balón perfectamente controlado por Pedro que lla pon a Miragaya en carreira que dispara duro, raso e cruzado superando ao meta local poñendo o (1-2). De aí ao final da primeira parte ningunha gran ocasión para ambos equipos e o partido foise ao descanso tras unha gran primeiro aparte co coñecido (1-2).

Saúdo inicial no Municipal de Meicende

A segunda parte tivo a emoción do apretado do resultado pero xa sen grandes ocasións nin tan claras para ningún dos equipos. O
Meicende que non deu un pelotazo en 90 minutos de xogo foi de máis a menos na súa presión e xa na recta final e coa entrada de Rober ao campo, o Maniños resolveu con eficacia e contundencia todas as acometidas dos locais. Pola súa banda o Maniños estivo a un pase final acertado de sentenciar o partido, cousa que non sucedeu por eso chegouse aos instantes finais máis os case 6 minutos de desconto que se resolveron afortunadamente para os brancos que sumaron tres importantes puntos.

tres puntos a domicilio sempre difícil e ademáis ante un rival que deixou unha magnífica impresión, o Sporting Meicende que estamos seguro fará unha boa tempada. Agora toca un novo desprazamento, neste caso a "O Castro" para enfrontarse á UD Carral, un rival moi potente e con malos precedentes dos brancos neste campo.

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (13-14-15) OUTUBRO

INFANTILES (1ª FASE - J04): SD Libunca 0 - Cultural Maniños 4
CADETES (1ª FASE - J05): SDR Neda 5 - Cultural Maniños 0
JUVENILES (1ª FASE - J05): Cultural Maniños 2 - SDR Neda 3
FEMININO F11 (J04): SD San Roque 4 - Cultural Maniños 1 (Andrea)
VETERANOS (J04): Marino Mera CF 4 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J05) Cultural Maniños 0 - CD Rosalía 2
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J06) Sporting Meicende 1 - Cultural Maniños 2 (Hugo e Javi Miragaya)

viernes, 13 de octubre de 2023

ÁLVARO DOPICO, CHIQUI, NOVO ADESTRADOR DO XUVENIL E DO FILIAL

Chiqui Dopico
Álvaro Dopico Martínez, conocido no fútbol de Ferrolterra polo alcume de "Chiqui" é o novo adestrador dos equipos xuvenil e filial do Club tras a vacante deixada polo anterior adestrador que deixou ao equipo xuvenil na xornada 1 e o filial na 2. 

Chiqui conta con ampla experiencia como adestrador na canteira de varios equipos de Ferrolterra, así pasou por esixentes prazas como Galicia de Caranza ou Narón Balompé Piñeiros onde tamén foi o coordinador, CD Narón, SD O Val o Narón Freixo de onde procede.

Bos resultados e moita experiencia o avalan.

Agora chega a Maniños a afrontar un difícil reto como é o de dirixir e sobre todo formar a dúas categorías de gran importancia na estrutura branca.

Moita sorte Chiqui !!!

Benvido a O Pote!!!

GO MANIÑOS

lunes, 9 de octubre de 2023

O FEMININO CAE NUN POLÉMICO PARTIDO

Derrota moi inxusta nun partido marcado polos erros do noso equipo en ambas áreas. Pese aos 4 goles faltou acerto e atrás concedeuse moito. 

Cando o teu rival que está toda a primeira metade achicando balóns e sen case saír do medio campo marca en 10 minutos tres goles a lectura é que á marxe dos problemas defensivos que seguro hai, evidénciase un problema de desconcentración que sen dúbida hai que mellorar para sacar adiante partidos. Por outra banda multitud de ocasións erradas diante da porteira herculina pero a parte positiva a facilidade para xeneralas.

Goles de Lore (2), Noe  e Tensi.

Xogando así se van a ganar moitos máis partidos dos que se perdan.

A adestrar duro que esto ten solución! 

Ánimo equipo!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo, Olaya López e Lucía Calvo en www.radiofusion.eu, preme aquí

O FILIAL SEGUE EN PERIODO DE ESTABILIZACIÓN

Derrota xusta e clara do filial que foi de menos a máis cunha mala 1ª parte e unha moi mellorada versión na segunda. 

Período de transición e de estabilización do equipo en tempo de pretemporada e adaptándose aos novos métodos. Non hai máis.

Aos poucos e paciencia... A seguir traballando!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí 

VICTORIA NO DERBI FENÉS

Vitoria dos brancos no derbi fenés xogado en O Pote baixo un sol de xustiza e un calor abafante e coa presenza de numerosos afcionados de ambos os bandos baixo un denominador común, deportividade e respecto máximo entre ambos os Clubs. 

Intre no que Gonza anota o que foi o (2-0)
(Foto: Tono Santos)

Partido que comezou con moita igualdade, da túa á túa sen un gran dominador e sen grandes ocasións que foi caendo aos poucos favorable aos locais que tiveron o acerto de adiantarse no marcador grazas a
Javi Miragaya e que pouco despois ampliou as distancias tras un gran remate de cabeza de Javi González á saída dun saque de esquina e que encarrilaba o partido para irse ao descanso cun claro (2-0) sen que os brancos sufrisen en exceso en labores defensivos. 

Xogada de estratexía sobre a porteria visitante
(Foto: Tono Santos)

A segunda parte seguiu polos mesmos camiños, o
Maniños controlaba o partido sen sufrir pero un baló en longo chegou a Xabi Riobo que superou a Mateo e meteu de cheo ao Perlío no partido. Nesta situación os visitantes acosaron a portería de Mateo sen chegar a crear ningunha clara ata un uy dun balón que merodeó a área pequena pero non atopou rematador para na xogada suguiente Miragaya ampliar distancias e sentenciar o partido. Aí o meta visitante e pouco antes de este gol empregouse a fondo a dous grandes disparos de Christian e de Hugo. Sen moito que contar entreise no desconto e na última xogada do partido derrubo dun defensor local a un dianteiro do Perlío. Penalti que é transformado por Marcos Varela poñendo o (3-2) ao cabo definitivo. Saque de centro e o colexiado pouco despois sinala o final do partido quedándose os tres puntos en O Pote

Alegría branca no terceiro gol
(Foto: Tono Santos)

Nos prolegómenos do partido gardouse un respetuoso minuto de silencio polo pasamento do ex xogador blanco Javi VirutasDEP

Tres puntos que permite aos brancos estabilizarse na zona media da táboa coa esperanza de recuperar efectivos para os seguintes compromisos ligueiros empezando polo vindeiro domingo a domicilio ante o Sporting Meicende.

Parabéns Equipos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (6-7-8) OUTUBRO

INFANTILES (1ª FASE - J03): Cultural Maniños 3 - EF Irmandiños 2
CADETES (1ª FASE - J04): Meirás CF 5 - Cultural Maniños 2
JUVENILES (1ª FASE - J03): Cultural Maniños 0 - SRD Portuarios 2
FEMININO F11 (J03): Cultural Maniños 4 (Lore (2), Noe y Tensi) - SD Silva 5
VETERANOS (J03): DESCANSAN
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J04) Cultural Maniños 0 - CD San Sadurniño 4
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J05) Cultural Maniños 3 (Javi Miragaya (2) y Gonza) - CCRD Perlío 2

viernes, 6 de octubre de 2023

SORTEO XXXIII COPA FERROL

Este xoves 5 celebrouse o sorteo do cadro da XXIII edición da Copa de Ferrol. Na primeira eliminatoria a xogar o xoves 12 do presente mes o Cultural Maniños quedou exento. O 6 de decembro enfrontarase a domicilio ao gañador do CF Vilarmaior vs CD Narón


GO MANIÑOS

miércoles, 4 de octubre de 2023

FALECEU JAVI CORTIZAS, "VIRUTAS"

Hai noticias que nunca se deberían contar pero neste caso temos que comunicar o falecemento do ex xogador do Cultural Maniños, Javier Cortizas Rivas "Virutas", que sufriu un accidente laboral a semana pasada.

Desde estas liñas expresar o noso máis sentido pésame a toda a súa familia, achegados e amigos polo falecemento dunha persoa tan querida e especial.

Sempre será lembrado por todos os que tivemos a sorte de compartir un tempo con el.

DEP

lunes, 2 de octubre de 2023

XUSTA PRIMEIRA VICTORIA DOS VETERANOS

Primeira vitoria dos veteranos (1-0) ante un rival que o deu todo ata o final. Resultado un tanto curto para os merecementos de ambos equipos debido ao desacerto cara portería dos brancos. Partido cambiado de orde pola petición do Atlético Sobrado por obras no seu campo.

Caste nunha acción do partido
(Foto: Mercedes Lamas)

Anotou Ricardo que sigue en boa conexión co gol.

Boa melloría en liñas xerais!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

VICTORIA CON MOITO SUFRIMENTO DO FEMENINO ANTE O XALLAS FC

Primeira vitoria das nosas mozas nesta nova andaina en 2.ª división. Eso se con grandes doses de sufrimento cun desenlace incerto ata o final.
 
Lore autora dun hat trick nunha acción frente ao Xallas CF
      (Foto: @Bisbarraenxogo)

Un partido que parecía controlado e ao que se chegou ao descanso con dous goles de vantaxe obra de Lore, complicouse excesivamente a raíz dun gol encaixado cando máis durmido parecía o rival. Lore de novo e ao pouco tempo ampliou a vantaxe para de novo as de Santa Comba acurtar distancias cun gran gol anotado por unha xogadora verde. Na recta final Eva converteuse de novo en salvadora a deter un penalti que supuxese as táboas no marcador. En definitiva tres puntos de ouro que ven de maravilla!!

Así sabe aínda mellor!

Emoción a tope! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pau e Tensi en www.radiofusion.eu, preme aquí

DERROTA DO FILIAL EN CABAÑAS

Derrota do filial nun partido ao que se acudiu con moitas baixas, algunha de última hora x enfermidade. Agradecer a todos polo esforzo especialmente aos xuvenís que ven de dobrar tras xogar o dia anterior en Meirás baixo un abafante calor.

No que é o partido plantouse cara ao equipo local que empezou mellor e tivo as mellores ocasións de gol. Adiantáronse os locais para o Maniños ir de menos a máis empatando cun gran disparo desde fóra da área de Raúl. Na segunda parte e cando mellor estaban os brancos (de azul nesta ocasión) encaixaron o segundo gol que notaron sen por iso baixar os brazos ata o final. Xa na última xogada chegou o terceiro tanto local finalizando o partido co coñecido (3-1).

Toca seguir pasando páxina e agora toca estabilizar o equipo e facer unha piña para afrontar os próximos retos con garantías. Todo o Club está niso. Todos na mesma dirección. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www,radiofusion.eu, preme aquí

INXUSTA DERROTA DOS MODESTOS EN ÓRDENES

É difícil comprender como o Cultural Maniños non foi quen de sacar algo positivo da súa visita a "Vista Alegre", casa da SDC Órdenes. Partido igualado e competido cunha parte para cada un e onde os locais foron capaces de aproveitar un das contadas ocasións das que se dispuxo e que ao cabo lle supuxo o único gol do partido, suficiente para levarse os tres puntos en xogo. 

Saúdo inicial

O partido comezou con iniciativa e posesión de balón por parte do Órdenes que asediaba a portería de
Mateo sen xerar grandes ocasións de gol. Curiosamente a primeira gran ocasión tívoa Pedro que disparou cruzado un balón franco que lle chegou dentro da área. Cando parecía que estaba a baixar o acoso local unha rápida contra dos locais levada por banda dereita acabou nun centro ao corazón da área e aí un xogador local libre de marca fusilou a Mateo que nada puido facer. De aquí ao descanso algunha opción local máis como un un para un que parou Mateo pero o equipo non sufriu en exceso sen xerar tampouco opcións llegándos e ao descanso co coñecido (1-0).  

Intre de partido

A segunda parte foi outra historia diferente, iniciativa e control do partido e do balón dos brancos que atacaban a un equipo pechado atrás que esperaba a súa oportunidade nalgún contra para matar o partido. Oportunidade que non chegou. Pola súa banda o
Maniños dispuxo de achegamentos e mesmo de oportunidades para empatar o partido destacando unha en tempo de desconto en que o balón se paseou pola área pequena sen que ninguén metese un pé que levase o balón ao fondo das redes. O partido finalizaba con o (1-0) con que finalizou a primeira metade.
Moita disputa en "Vista Alegre"

Unha pena pois a sensación é a de perder un punto pero hai que quedarse co positivo, o equipo mellora a cada partido, claro paso adiante e melloría defensiva que xa se constatou no partido fronte ao Relámpago . Xogando así chegarán os resultados. O peor os problemas físicos de Ángel. Esperemos que sexa o menos posible...

O próximo domingo, derbi fenés coa visita do CCRD Perlío. Será en O Pote a partir da 16.00 H.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMANA (29-30) SETEMBRO - (1) OUTUBRO

INFANTILES (1ª FASE - J02): Eume 7 - Cultural Maniños 1
CADETES (1ª FASE - J03): Cultural Maniños 3 - Galicia Caranza "C" 3
JUVENILES (1ª FASE - J02): Meirás CF 3 - Cultural Maniños 1
FEMININO F11 (J02): Cultural Maniños 3 (Lore (3)) - Xallas FC 2
VETERANOS (J02): Cultural Maniños 1 (Ricardo) - Atl. Sobrado Xuventude 0
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J03) Xuventud Cabanas 3 - Cultural Maniños 1 (Raúl) 
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J04) SDC Órdenes 1 Cultural Maniños 0