lunes, 30 de octubre de 2023

DERROTA DOS MODESTOS NUN MAL PARTIDO

Despois de tres vitorias consecutivas derrota dos brancos ante o Olímpico CF que ademáis rompe a serie de invicto do Maniños en O Pote

Neste partido a crónica é moi sinxela e moi breve, un Olímpico que desde o minuto 1 fíxose dono do partido e do balón que aproveitou na primeira parte un erro defensivo para poñerse (0-1) no marcador e que a pesar de ter as mellores ocasións tampouco foron clara e onde os brancos non se achegaron fóra dalgún córner ou balón parado á portería visitante.

Saúdos iniciais
(Foto: Tono Santos)

Na segunda parte dous golazos dos visitantes moi próximos no tempo puxeron un inapelable (0-3) dando por finiquitado o partido. O Maniños nesa segunda parte tratou de igualar as forzas xa co partido decidido pero foi incapaz de xerar perigo e ocasións para soñar cunha remontada.

Intre do partido
(Foto: Tono Santos)

Mal día dos brancos incómodos todo o tempo e faltos da intensidade necesaria para competir a contenda a un
Olímpico que sen facer un gran partido foi justo merecedor da vitoria.

Conclusión: nin antes eran tan bos nin agora son tan malos. Hai grises tamén. O que está claro que este domingo non foi un bo día pero o fútbol afortunadamente ten as súas reválidas e e mércores 1 hai outra, co desprazamento a Laracha para enfrontarse ao Club do Mar de Caión

Confianza total neste equipo !!!

Cabezas erguidas!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí