No que é o partido plantouse cara ao equipo local que empezou mellor e tivo as mellores ocasións de gol. Adiantáronse os locais para o Maniños ir de menos a máis empatando cun gran disparo desde fóra da área de Raúl. Na segunda parte e cando mellor estaban os brancos (de azul nesta ocasión) encaixaron o segundo gol que notaron sen por iso baixar os brazos ata o final. Xa na última xogada chegou o terceiro tanto local finalizando o partido co coñecido (3-1).
Toca seguir pasando páxina e agora toca estabilizar o equipo e facer unha piña para afrontar os próximos retos con garantías. Todo o Club está niso. Todos na mesma dirección.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Pablo Mesa en www,radiofusion.eu, preme aquí