martes, 2 de mayo de 2023

UN MANIÑOS INTRATABLE GOLEA AO CAIÓN

Unha verdadeira sorpresa o partido que se disputou este domingo en O Pote entre o Maniños e un dos equipos máis potentes da competición, con aspiracións matemáticas de disputar a promoción de ascenso a Preferente e que liderou a competición durante unhas cantas xornadas como é o Club do Mar de Caión. E falamos de sorpresa pois cando esperas un rival tan potente e coa intensidade propia de estar a pelexar por un obxectivo, un (8-1) final pódese dicir que é inesperado. E iso que os visitantes adiantáronse no marcador así que aínda se comprende menos todo. Esta é unha das grandezas do fútbol, que ás veces pasan estas cousas...

Ángel e Juanito nunha acción do partido
(Foto: Abraham Santos)

A primeira parte foi de dominio dos brancos e un
Club do Mar que tentaba aproveitar algunha xogada baseada na calidade do seu dianteiros pero antes de que os visitantes puxesen o (0-1) no marcador o meta de Caión salvou polo menos en dúas ocasións ao seu equipo á parte dun remate que tocou o traveseiro.  Pero os visitantes aproveitáronse dunha imprecisión local e dunha maneira case fortuíta poñer o (0-1). O Maniños lonxe de vir abaixo, viuse esporeado polo tanto visitante e seguiron achegándose a base de combinacións e bo fútbol á portería do Club do Mar e así Pedro puxo as táboas para a continuación Ipi voltear o marcador cun minuto de diferenza. Chegando ao descanso Juanito anotou dous goles, o segundo cun excelente e complicado cabezazo coincidiu coa sinalización do Colexiado do descanso ao que se chegou cun inapelable (4-1). En aproximadamente 15 minutos os locais anotaran 4 goles. Ver para crer...

Dous goliños anotou Pedro
(Foto: Abraham Santos)

Nada máis comezar a segunda parte, como quen di na primeira xogada,
Pedro arrinca desde case a división do medio do campo e sen que ninguén do equipo visitante o póida deter na súa carreira, plántase diante do meta e báteo dun disparo cruzado e a media altura. (5-1) e toda a segunda metade por diante que sen dúbida se lle fixo moi larga aos visitantes. Ipi de novo e por partida dobre puxo un (7-1) e con máis de 35 minutos por diante e o Club do Mar entregado. A partir dese momento asinouse unha tregua que duraría ata o final, só rota polo tanto de Mateo a poucos minutos do final asinando o definitivo (8-1) sendo o resultado favorable máis avultado do equipo en toda a súa historia pola Primeira Galicia. 

Intre no que Ipi anta o seu primer tanto do partido
(Foto: Abraham Santos)

Tres puntos máis que máis que clasificatoriamente, a vitoria permite recuperar a confianza e a ilusión para o que queda de tempada coa pena de que de non picar nun par de partidos claves podíase estar máis arriba. A seguir dignificando a competición pelexando cada partido coma se fose unha final. Moita sorte ao
Club do Mar de Caión no que resta de tempada. 

Próximo domingo penúltima parada no traxecto con visita a O Beco para enfrontarse ao potente Cedeira, SD, equipo que tamén está a pelexar por meterse na promoción de ascenso a Preferente. A dalo todo!!!

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí