Último derbi de Ferrolterra para o Maniños coa súa visita a Caranza e derrota pola mínima despois de adiantarse en lle marcador e que non embaza o máis mínimo a excelente campaña do equipo, adestrando con moita xente e ben e con moita ilusión que iso é o máis importante.
Saúdo inicial dos equipos e árbitro
O partido pódese resumir na regra do fútbol non escrita pero asumida por todos "o que perdoa..." e é que o Maniños fixera o máis difícil como foi adiantarse no marcador a través de Cris ao transformar un penalti. Outro penalti ao comezo da segunda parte puxo as táboas para ao cuarto de hora adiantarse as locais e de aí ao final e a pesar das oportunidades que houbo, o resultado mantívose inalterable finalizando co coñecido (2-1).
"Capi" Lucía nun intre do partido |
Unha bagoa pero agora toca pasar páxina, mirar para adiante e ver o seguinte partido como un reto e que mellor que enfrontarse a un rival tan potente como a SD Orzán "B", un dos equipos na cadea do Depor. Na ida arrincouse un empate ante este complicado rival. Así que a traballar duro e a preparar ben o partido.
Cabeza arriba!!!
GO MANIÑOS
Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí
Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, preme aquí