Fenomenal partido do equipo Feminino ante o potente Orzán, SD "B" da Coruña, un dos equipos de canteira do RC Deportivo da Coruña que tivo que empregarse a fondo para levar os tres puntos en xogo. O Maniños foi capaz de arrincar un punto no partido de ida e non faltou moito nesta ocasión pero o sentimento de satisfacción é xeneralizada ante a evidente evolución do equipo da man de Juanjo.
Intres previos ao comenzo do partido (Foto: Vicki Varela) |
Gran partido desde o primeiro minuto ao último só embazado pola desastrosa actuación arbitral de María Xoana Crespo López que a pesar dos seus intentos o protagonismo levoullo o futbol (moi ao seu pesar). Non se vai a comentar máis (e deberíase) porque o importante é o fútbol.
Lore un pesadelo para a defensa visitante (Foto: Vicki Varela) |
O partido foi de poder a poder sen un claro dominador con achegamentos en ambas as áreas pero sen ocasións claras de gol por ningunha das dúas partes. Á media hora de partido e tras unha xogada de Lore na área deixa o balón a Cris que desde o bordo da área e co interior do pé pon o balón na escuadra. Golazo para o (1-0). Pero como di o refran "nunca dura a alegría na casa do pobre" e poucos minutos despois as coruñesas poñen as táboas ao aproveitar unha imprecisión defensiva local resolvendo cun gran disparo desde fóra da área. (1-1) e con pouco máis que contar o partido foise ao tempo de descanso co resultado coñecido.
Intre do partido (Foto: Vicki Varela) |
A segunda parte moveuse na mesma liña, ningún dominador con dous equipos que por encima de todo tentaban xogar ao fútbol. Foron as visitantes as que aproveitaron unha das súas ocasións para adiantarse no marcador. O Maniños non acusou excesivamente o golpe ata que por fin a Colexiada se dignó a sinalar un dos penaltis que sufriu Lore, un pesadelo para a zaga herculina e Cris transforma coa súa precisión habitual. Pero non se puido consolidar o empate porque case a continuación, córner a favor das visitantes, toca Eva pero o balón sae despedido ao segundo poste e aí unha xogadora visitante pon o gol que ao cabo foi o definitivo (2-3). Tentárono as brancas ata o asubío final que por certo non houbo case desconto a pesar de os continuos paróns no xogo pero o partido xa non sufriu modificacións e os tres puntos íanse para a Coruña.
Unha pena porque o equipo foi merecedor de algo máis pero tamén hai que recoñecer o bo facer do Orzán, un gran equipo. O Maniños segue aprendendo e mellorando e só competir con estes equipos denotan que o esforzo se está reflectindo sobre o terreo de xogo.
Grande equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí