Bo final de tempada dos mozos de Michel e Diego derrotando ao líder do grupo que curiosamente será no seu rival na fase final. 4.ª vitoria consecutiva e sensación de ir de menos a máis o cual ten moito mérito dada a realidade do equipo.
O partido empezou a un gran ritmo con ocasións para ambos os equipos e foron os visitantes os que se adiantaron no marcador. No minuto 22 produciuse a xogada clave en forma de expulsión do meta visitante Dani ao chegar tarde a un balón ao que chegou Cristofer, derrubándoo nunha xogada prometedora e que non deixou lugar a dúbidas. Á marxe da expulsión o problema co que se atopou o Eume foi non levar un meta suplente o que o condicionou ao ter que ser un xogador de campo o que se tivo que poñer baixo paus. E aquí o partido cambiou. E o Maniños sacou proveito diso. Xa antes do descanso dera a volta ao marcador con dous goles de Alex Feal que viña de xogar o sábado co primeiro equipo. Dous goles de bela factura ademáis, o primeiro cabeceando un gran centro de Cristo e o segundo dunha baselina ao porteiro. Con (2-1) o partidos e foi ao descanso.
Na segunda parte, dominio dos brancos que foron ampliando o marcador con goles de Cristofer, Aitor e Alex Feal que pechou o seu "hat trick". Nos instantes finais os visitantes acurtaron distancias deixando o marcador no coñecido (5-2). Vitoria clara porque aos cinco goles hai que engadirlle dous postes de Cristofer aínda que recoñecendo tamén as oportunidades que tivo o Eume e a mala sorte da expulsión do seu porteiro, punto de inflexión do partido.
Empezan as eliminatorias e por clasifiación o rival dos brancos é o Eume "B" nesta ocasión en Pontedeume e a partido único. A traballar para chegar nas mellores condicións ao partido.
Vamooos equipo!!!
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Michel Rodríguez en www.radiofusion.eu, preme aquí