lunes, 23 de diciembre de 2024

TRES PUNTOS DOURO EN CEDEIRA

Tres puntos moi importantes os logrados este pasado domingo en O Beco tras derrotar ao Cedeira, SD xa que por unha banda permitiu romper a mala dinámica na que estaba o equipo metido desde facía tres xornadas e pola dificultade de sacar os puntos nun campo sempre complicado e onde outros equipos que ocupan postos punteiros na clasificación xa picaran. Recuperar sensacións e porque non acaba o ano con bo sabor de boca para desconectar e gozar das vacacións como se merecen.

O partido púxose de fronte para os brancos que no primeiro minuto adiantábanse no marcador, balón en longo De Miguel a Santi que aproveita que o defensa local que rompía o fóra de xogo mide mal as distancias batendo ao meta local por baixo na súa saída. Este gol deu tranquilidade ao Maniños que afrontou o resto da primeira parte con máis calma dominando o xogo e xerando ocasións de gol cun meta local moi inspirado salvando tres ocasións con sinal de gol, unha de Pedro, un cabezazo de David e un paradón a Santi cun gran disparo desde o bordo da área que o meta cedeirés respondeu cun paradón. Pola súa banda os locais buscaban a súa oportunidade e tiveron dúas moi claras unha que saíu lamiendo o pau e outra que rexeitou Mateo co pé. Víase que o partido demandaba máis goles aínda que esta primeira parte íase ao descanso co coñecido (0-1).

Intre no que Santi pon o (0-1) no marcador

A segunda parte comezou dunha maneira similar á primeira, no segundo minuto da mesma e tras un saque de esquina o balón sae cara ao medio do campo chegándolle o balón a
Adri (partidazo) que centra á área e aí David prolonga para Christian que chegando desde atrás empuxa o balón ao fondo das redes (0-2). Case sen tempo a reaccionar de novo golpeaba o Maniños cun medido centro de Miguel que Pedro cabecea ao fondo das redes (0-3) e o partido decidido. De aquí ao final de partido os brancos deixaron pasar o tempo co control do balón con algunha ocasión moi clara como unha de Pedro que pasou a Josiño que detivo o bo meta local. Tamén o Cedeira tivo algún achegamento incluíndo un balón que golpeou o poste pero o partido estaba cerrano finalizando co coñecido (0-3).

Tres puntos que chegan no momento idóneo polo este arriba e agora a descansar e logo e antes de afrontar a segunda volta ligueira, partido ante o Galicia de Mugardos dos cuartos de final da Copa de Ferrolterra na súa XXIV edición.

Gran traballo equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí