lunes, 2 de diciembre de 2024

DERROTA POLA MÍNIMA ANTE UN BO URAL

Non se contaba no Pote con este revés en forma de derrota coa visita do Ural Español CF nun partido marcado pola polémica actuación do trio arbitral Maseda - Vilaro - Vilaro. É difícil ver unha arbitraxe tan desastrosa, perxudicando ao fútbol, aos futbolistas e aos afeccionados. É difícil facelo tan mal... Sorprendeu o Ural para ben pois a pesar de que visitaba Maniños con derrotas en todas as súas saídas e no penúltimo posto clasificatorio o seu fútbol, ilusión e compromiso levou á vitoria. O Maniños foi de menos a más cunha moi mala primeira parte que foi onde se fraguou a vitoria coruñesa. 

Christian lesionouse na primeira metade 
(Foto: Ahitor Regueiro)

Un gol a balón parado nos instantes iniciais do partido cambiou o mesmo, un gol moi parecido a un dos encaixados a semana anterior en
Pontedeume. Os brancos non se atoparon cómodos en ningún momento e a proba diso é que non fixeron ningunha ocasión e non probaron ao meta visitante nesta primeira parte. pola súa banda o Ural facía o seu fútbol, correr e combinar con perigo aparente pero non na práctica pois Marcos aínda que tivo que intervir non foi a disparos con excesiva complicación. Con (0-1) chegouse ao descanso. Tocaba buscar solucións.  

Miragaya nunha acción do partido
(Foto: Ahitor Regueiro)

Quedou
Rober no vestiario e entrou Miguel Segura para dar un pouco máis de saída de balón. Nesta segunda parte o equipo foi a máis ante un Ural que se defendeu con uñas e dentes. Recital de chifre de Maseda e Cia pitando todo ao revés, mesmo bandas ou saques de esquina moi claros pero o colmo dos colmos foi aproximadamente no meridiano desta parte cando un balón é rematado á portería do Ural e é sacado  de dentro e coa man!!! por un defensor coruñés ante o estupor, sorpresa e indignación de todos os alí presentes, Maseda non concede nada do sucedido. O equipo visitante recoñeceu desde o segundo un o terrible erro de Maseda e os seus dous ¿axudantes? que deixou seguir o xogo. Unha xogada sen ningún tipo de dúbida que marcou o partido. Hai que lembrar que Maseda nun partido de hai dúas tempadas e na mesma portería facendo labores de linier sinalou un penalti e indicou ao árbitro a expulsión de Ángel por mans nunha xogada que o colexiado sinalara corner. Nada pode sorprender xa. Hai que contactar urxentemente con Iker Jiménez. No Pote con esta Colexiada hai un misterio para resolver... Ten que vir a nave do misterio. 

Si, posteriormente Maseda pitou un penalti a Santi pero tan sumamente claro que ninguén puido discutilo e aí Miragaya non estivo acertado tirándoo por encima do traveseiro. De aí ao final acoso total pero a falta de acerto e a boa actuación do meta visitante fixo o resto. Derrota por (0-1) ante un Ural que celebrou o triunfo coma se gañase unha liga. A súa complicada posición na táboa xustificábao.

O peor a lesión de Christian no ombreiro. Desexamoslle unha pronta pero sobre todo, total recuperación.

Derrota dolorosa pero a diferenza das outras dúas que se sufriu antes, este partido foi condicionado por factores externos que prexudicaron gravemente aos brancos. Felicitar ao Ural pola súa vitoria e agora a preparar o partido de Copa o vindeiro mércores en Valdoviño. O domingo volta á liga co Orillamar en Visma. Isto non para...

Ninguén nos borrará o sorriso...

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí