Nin o maior pesimista dos afeccionados do Club podían pensar o desastre dos brancos en San Pedro de Visma ante un dos mellores equipos da competición como é o Orillamar, SD que o demostrou con creces ante un Maniños irrecoñecible e que se diluíu recibindo unha malleira histórica.
Intre do partido frente ao Orillamar, SD en Visma (Foto: Ahitor Regueiro) |
Ata o minuto 35 non pasara absolutamente nada, nin tiros a porta nin achegamentos, algún balón parado e pouco máis pero desde o minuto 35 ata o 72 (en 37 minutos co descanso polo medio) o equipo recibiu 6 goles, a pouco máis dun gol cada 6 minutos... Nada que engadir...
Só queda pasar páxina e aprender dos moitos erros cometidos. Nin hai unhas semanas érase tan bo nin agora tan malo pero o que está claro é que non ten explicación ou se? aos 90 minutos do terror na Coruña. O peor partido do noso equipo en moito tempo. Toca levantarse e pensar que o próximo finde hai outro reto en forma dun potente Olímpico CF de Rutis e hai que estar preparados para competir. Non pode repetirse.
E curiosamente e tras dúas derrotas consecutivas séguese de líder a falta de tres xornadas para finalizar a primeira volta. Nin tan mal, non?.
Ata o mellor escribano ten un borrón...
A erguerse !!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí