lunes, 29 de enero de 2024

UNHA MOI MALA SEGUNDA PARTE CONDENOU AOS MODESTOS

Non foi o mellor día para o Maniños na súa visita ao "Campo Víctor Fernández Alonso" coñecido tamén polo "Antiga Leyma" onde os brancos despóis dunha aceptable primeira parte diluíronse na segundo e a partir do primeiro gol encaixado desapareceron do terreo de xogo permitindo aos locais do Relámpago, SD de Elviña conseguir unha xusta e folgada vitoria fronte a un Maniños descoñecido. 

Foi un partido de dous partes claramente diferenciadas, na primeira, un mellor Maniños con tres claras ocasións para adiantarse no marcador, tras un saque de esquina o balón chega a David que desmarcado e en inmellorable posición non acerta coa portería. Miragaya moi forzado e no segundo pau remata por encima do porteiro e un disparo de Caio que resolve o meta local cunha boa parada. Nestes 45 primeiros minutos os locais só se achegaron cun forte disparo que resolve o debutante Pablo. (0-0) e o partido ao tempo de lecer. 

Intre do partido

Na segunda saíu mellor e máis enganchado o equipo local pero sen xerar ocasións de gol. No minuto 67 un disparo afastado sorprendeu a
Pablo poñendo o (1-0) e a partir de aí o equipo non reaccionou quedando a mercé dun equipo local que ampliou a vantaxe con dous goles máis, o último coincidindo co final do partido. (3-0) final e derrota clara á que poucas obxecións pódeselle facer. 

Toca pasar páxina e pensar no próximo partido ante un dos favoritos da categoría, a SD Órdenes un equipo que como o Maniños non está a pasar o seu mellor serie de resultados e que na primeira volta derrotou aos brancos que sen dúbida mereceu sacar algo positivo da súa visita a "Vista Alegre".

Este mal resultado non pode empañar a excelente tempada que se está a facer. Testas erguidas e como dice o refrán "non choveu que non escampara..."

Seguimos moi vivos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí