lunes, 22 de enero de 2024

EMPATE DOS MODESTOS NUN COMPETIDO PARTIDO

Escaparon dous puntos de O Pote na recta final do partido e cando máis controlado estaba, cando parecía que os visitantes xa non chegaban con claridade pero unha xogada pola banda dereita segundo ataque do Orillamar finalizou cun gran remate de cabeza ao que non puido responder Mateo. Unha pena pero sendo realistas o resultado pódese considerar xusto. O Orillamar é un equipo que lle ten tomada a medida aos brancos. Xa na tempada pasada derrotaran aos feneses por (0-3) e na Torre sacouse un agónico empate. Esta tempada derrota a pés da Torre de Hércules e o empate deste domingo... Non se da nada ben a escuadra herculina. 

O Orillamar saíu ao campo para presionar arriba e durante un bo tramo de partido tivo máis posesión de balón sen xerar grandes ocasións. Os brancos fóronse aos poucos sacando o dominio sen tampouco grandes opcións, pero hai apareceu Miragaya que fixo una fenomenala xogada con centro desde a esquerda segundo o ataque local para entrar Pedro como un killer e cabecear dunha maneira inapelable ao fondo das redes. (1-0) que veu moi ben aos brancos para asentarse no campo e sen ningunha xogada máis reseñable chegouse ao descanso. 

A segunda parte comezou con iniciativa visitante pero sen xerar ocasións claras de gol máis aló da incerteza propia dos balóns parados, saques de esquina e faltas laterais pero aí os brancos mantivéronse firmes. Pola súa banda o Maniños buscou unha xogada rápida para sentenciar a partido cousa que non logrou e cando parecía que os visitantes baixaban no seu empeño chegou o empate. De aí ao final estivo máis preto o (1-2) que o (2-1) mesmo nunha xogada media estraña precedida dun bote neutral como consecuencia dun choque entre cabezas de dous xogadores un xogador visitante plantouse diante de Mateo pero afortunadamente para os intereses brancos precipitouse na definición e o meta local resolveu a acción. Pouco despóis o Colexiado sinalou o final do partido. (1-1) final e resultado xusto. 

Co asubío final chegou o máis desagradable do partido pois Christian un dos xogadores implicados no choque de cabezas do que se fixo referencia antes sentiuse mal e ao non recuperarse procedeuse a chamar aos servizos médicos que o trasladaron ao Hospital Juan Cardona onde descartaron calquera fractura ou lesión de cualqueir índole marchando ao seu domicilio. Ánimo Chris e a recuperase ben !!!

Un punto para cada equipo e o Maniños xa suma 34 e segue no bloque de arriba que está moi compactado, coa SD O Val por libre e a continuación Boimorto, Olímpico, Sporting Meicende, Órdenes e Maniños en dura pugna pola segunda posición. Queda unha apaixonante segunda volta por diante!!!

A recuperar xente e seguir na mesma línea !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí