O partido tivo varias fases despóis dun principio igualado, os brancos fóronse facendo co partido desperdiciando algunha oportunidade clara. Foi Christian cun lanzamento de falta afastado. Pouco despóis o propio Christian cabeceou ao fondo das redes e libre de marca nunha nova xogada a balón parado. (0-2) e o partido estaba moi encamiñado. Case de inmediato produciuse unha xogada clave que de feito marcou o dvenir do partido, penalti e expulsión dun xogador visitante. a máxima pena foi errada polos brancos no que podóia ser o terceiro gol entrando o partido nun momento de crispación con dous expulsados máis polos locais (xogador e adestrador) e cunha sensación de descontrol manifesto e onde os visitantes debían manterse á marxe da situación. De feito nos últimos 10 minutos da primeira parte non se xogou absolutamente nada. (0-2) e ao descanso.
O escenario da segunda parte era de 11 contra 9 e o Maniños non estivo ben, non soubo ler ben a situación e caeu en numerosas precipitacións entrando no xogo anárquico dos locais que a partir de balóns en longo xeraron inquietude na zaga branca. Así nunha xogada na área blanza penalti e expulsión por dobre amarela de David que permitiu aos locais meterse no partido. Acoso dos locais con máis corazón que cabeza e xa nos instantes finais Gonza de novo a balón parado puxo o definitivo (1-3).
Tres puntos de ouro e xa se acumulan 32 o que está moi ben deixando os postos de abaixo a 20 puntos e dando boas sensacións para afrontar a segundo volta. Esperemos prolongar esta boa dinámica. Non vai ser fácil... Por tanto empeza a segunda volta coa visita a Cambre ante o Sporting, un equipo que no primeiro partido de liga deu unha boa imaxe en O Pote arrincando un empate (3-3) nun entretido partido.
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí