lunes, 19 de diciembre de 2022

GRAN TRIUNFO DUN MERMADO FILIAL EN MOURENTE

Visitaba Mourente un mermado filial moi limitado en efectivos só podendo acudir 11 xogadores do persoal completando a convocatoria xuvenís que xogaron o día anterior o seu partido de liga. A iso hai que sumar a hora do partido, 18:45 H dun domingo no que como todos sabemos celebrábase a final do Campionato do Mundo e que calquera afeccionado desexa ver entre outras cousas polo nivel do partido en se e porque se celebra cada 4 anos... Por todo iso e antes de falar do partido hai que felicitar a todos os xogadores, corpo técnico e afeccionados que acudiron á cita ante o Amistade Meirás. 

Vendo a tanda de penaltis

O partido foi dun maior dominio local e cun Maniños esperando a súa oportunidade ben ordenados e con moita disciplina. As mellores ocasións foron dos locais, aparecendo sempre a figura dun Carlos Arnoso superlativo que resolveu todas as opcións locais sendo artífice da vitoria branca. A lesión de Jaime obrigou a que no descanso entre o primeiro dos xuvenís que estaba no banco, Edu, que foi o outro "heroe" anotando os dous goles brancos e ademais da mesma maneira, pase en profundidade e Edu entrando entre os centrais locais plantábase diante do porteiro superándoo na súa saída. Entre mentres chegou o gol local e que poñía as táboas momentáneas. (1-2) final que recompensa o esforzo de todo o equipo. 

El equipo estuvo arropado en Mourente

Reiterar as felicitacións a todos os alí presentes e facer unha expresa mención aos tres xuvenís Edu, Alex e Iker que dobraron os seus esforzos entre o sábado pola mañá e o domingo e que demostran, do mesmo xeito que o resto de participantes no partido a súa entrega e compromiso para co club.
Agora desconectar, reflexionar, facer autocrítica e empezar a recuperar xente de fronte ao isto de tempada porque aínda quedan moitas batallas por diante.

Parabén Equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Michel Rodríguez en www.radiofusion.eu, preme aquí