lunes, 19 de diciembre de 2022

CONTINÚA A BOA SERIE DE RESULTADOS DO VETERANO

Hai que recoñecer que cando se está na boa dinámica de resultados, os partidos igualados decídense por pequenos detalles e estes adoitan caer cara ao que ten "a sorte" de fronte. Evidentemente é algo máis que sorte máxime nun partido tan competido como o desta fin de semana ante o Coirós CF, equipo que competiu ata o último segundo do partido como o proba o feito de que Caste sacou da raia un cabezazo que se coaba na rede despois de superar a Ahitor


Ricardo pugnando por un balón
(Foto: Sandy López)

O Maniños tivo que remar duramente para poder levar os tres puntos, primeiro porque diante tiña un bo equipo e ademais porque ata en dúas ocasións foi a remolque no marcador. Adiantáronse os visitantes cun gran disparo desde fóra da área para poñer as táboas Marcos Sánchez ao anotar un gol "olímpico" (o segundo no presente curso). Antes do descanso de novo os visitantes adiántanse no marcador ao aproveitar unha indecisión defensiva. Con (1-2) foise o partido ao descanso. Caste puxo as táboas ao cabecear un corner sacado por Marcos Sánchez para finalmente poñer Marcos o (3-2) definitivo ao transforma un libre directo desde moi lonxe. 

Tres puntos que empolican aos brancos ao 6º posto con 25 puntos tras doces xornadas a 2 puntos do terceiro posto aínda que xa mais distanciados dos dous primeiros. Excelente traxectoria con só 3 derrotas (Campanal, Paiosaco e Bribes) e ademais en liña ascendente.

Debutou o último xogador incorporado ao persoal como é Fede. 29 goles a favor e 19 en contra contemplan estes 12 primeiros partidos con Marcos e Ramón con 6 e 5 goles respectivamente como máximos goleadores.

A manter o refacho á volta de tempada!!!

Bo traballo equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta del partido en www.futgal.es, preme aquí