lunes, 19 de diciembre de 2022

DERROTA DO FEMININO EN O BECO

Derrota do feminino nun partido moi igualado e con ocasións para ambos os equipos que se decantou para as locais cun golazo desde fóra da área que permitiu ás locais do Discalzas, SD sumar os tres puntos.

Como bo derbi que se prece, partido moi competido, con moitas ganas e tensión dentro dun marco de gran deportividade entre dous equipos que manteñen unhas relacións excelentes e que esta tempada e da man deron o paso ao Fútbol 11. A diferenza doutros derbis en que nunca pasa nada, aquí houbo numerosas ocasións de gol para ambos os lados e cando o partido parecía que se ía inclinando a favor das brancas chegou a xogada do gol local que marcou o desenlace do mesmo.

El equipo femenino en O Beco

O mellor sen dúbida a volta de Cris Silvar despois de estar ausente todo o principio de tempada por temas laborais debutando na recta final do partido en O Beco.
Desexarlle moita sorte ás nosas amigas do Discalzas, SD no que resta de tempada.

E agora a desconectar e coller forzas para xa a partir da fin de semana do 7-8 de xaneiro cando se reciba en O Pote ao Galicia de Caranza para afrontar o resto de tempada nas mellores condicións.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Juanjo Cebolo en www.radiofusion.eu, preme aquí