lunes, 19 de febrero de 2024

VICTORIA BRANCA NO DERBI FENÉS

Presentábase un novo derbi fenés coa emoción e igualdade que representan este enfrontamento entre dous equipos que levan décadas rivalizando no terreo de xogo. Como bo derbi non importa a clasificación dos contendentes porque vaian como vaian nunca hai nin favoritos nin un pronóstico claro. 

Saíu mellor o
Maniños que controlou o partido desde o principio contando con dúas ocasións moi claras, especialmente unha de Pedro que en inmellorable situación non acertou coa portería de RafaO partido seguiu controlado polo Maniños non sufrindo en exceso salvo nalgún balón parado dada a calidade do lanzador Pocho, aínda que ben resolvido pola zaga e Mateo moi seguros. 

A segunda parte seguiu polo mesmo guión, faltaba o gol ata que un balón atrás de Pedro chegou a Pitu ao bordo da área que dun gran zurdazo superou a Rafa poñendo o (0-1) no marcador que facía xustiza. Faltando dez minutos gran xogada colectiva do Maniños que finalizou cun gran centro desde banda dereita e cabezazo de Hugo poñendo o (0-2) que ao cabo foi definitivo dando a confianza necesaria para acabar o partido con relativa tranquilidade.

Tres puntos importantes que ademais sendo nun derbi saben mellor e que permite aos brancos asentarse na terceira posición e mirar con certo optimismo o que falta de tempada mirando cada xornada como un novo reto empezando a próxima xornada coa visita do Sporting Meicende un dos mellores equipos da categoría non só polos puntos e posición que leva senón polas sensacións do que propón.

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí