jueves, 15 de febrero de 2024

SERGIO PÉREZ, REFORZO INVERNAL PARA O MANIÑOS

Sergio Pérez
Sergio Pérez Pérez (Mugardos, 1999) é a última incorporación da Cultural Maniños para axudar ao equipo e afrontar con garantías a segunda volta desta esixente Primeira Galicia.

A traxectoria futbolística de Sergio sempre estivo ligada ao Galicia de Mugardos equipo no que empezou en categoría Prebenjamín pasando por todas as categorías do Club da Pedreira ata chegar a modestos onde formou parte da súa filial desde a tempada 2018/19 ata a tempada pasada cando despois dunha brillante tempada disputou a fase de ascenso a 1.ª Galicia quedando apeado da mesma ante o equipo que logrou o ascenso e actual rival e os brancos, o Sporting Meicende. Esta tempada 2023/24 empezouna sen xogar ata este febreiro que volveu poñerse as botas debutando o pasado día 4 ante a SDC Órdenes. Por último destacar que foi quén de debutar no primeiro equipo do Club o que non é fácil tendo en conta o nivel competitivo do Mugardos.

Xogador zurdo que habitualmente ocupa a posición de central aínda que nos seus inicios xogou de lateral e en contadas ocasións ocupou a posición de medio centro o que dota a Sergio dunha polivalencia sempre moi beneficiosa para o equipo e para a xestión do Corpo Técnico. 

Sergio é un xogador ben coñecido para o adestrador Adrián xa que coincidiron as tres últimas tempadas no filial verde.

Sergio benvido a Maniños !!!

GO MANIÑOS