lunes, 13 de noviembre de 2023

VICTORIA DE MÉRITO DOS MODESTOS NA GRELA

Gran vitoria dos modestos na súa visita ao Campo da Grela coñecido na Coruña por "A  Catedral" ante un equipo que estaba a facer un gran comezo de tempada, cun bo potencial ofensiva cuns xogadores procedentes da excelente canteira deste club, un clásico do fútbol coruñés como é o Ural Español CF

A pesar de que o partido foi moi igualado e con moitas imprecisións pódese considerar que a vitoria foi xusta xa que as mellores ocasións do partido foron todas brancas, sobre todo dúas na primeira parte a pés de Álvaro ao que respondeu o meta local cunha gran parada e outra de Javi Miragaya que aínda que este ano está tocado pola varita do gol con todo non acertou nunha ocasión inmellorable. Nese contexto de partido de igualdade, foi unha xogada illada rematada por Pitu á hora de partido supuxo o gol da vitoria branca. Gol moi protestado polo banco local aínda que o Colexiado e o seu asistente non dubidaron en dar validez ao gol de Pitu que llo merecía despois do complicado inicio de tempada como consecuencia das lesións. Pola súa banda os locais apenas inquietaron a portería de Mateo e non se lembra ningunha ocasión clara. Con este resultado de (0-1) finalizou o partido e os tres puntos véñense para O Pote o que lle permite aos brancos asentarse na zona alta da clasificación. Por último comentar que o equipo foi dirixido por Pablo Mesa ante a ausencia do adestrador por motivos personais.

Importante vitoria para asumir aínda con máis ganas o reto da próxima semana coa visita do líder incontestable como é a SD O Val. Será o domingo 19 á 16.30 H. Toca traballar ben durante a semana e recuperar efectivos para que o maior número de compoñentes do persoal estén a disposición do Míster Adrián

Felicitacións a todos e a seguir na boa liña de traballo que se está levando.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, preme aquí