lunes, 27 de febrero de 2023

VICTORIA APURADA DOS MODESTOS ANTE O VIZOÑO

Este é o mellor exemplo de cando non matas un partido pódeseche complicar porque o partido ante a SD Vizoño estaba totalmente controlado ata que nunha xogada illada un gran disparo do visitante Brais puxo as táboas no marcador. Afortunadamente para os brancos Juanito desequilibrou o partido na recta final do mesmo e permitiu que os brancos superasen a barreira dos 40 puntos e coa permanecia "virtualmente" garantida.

Iago anotou o primeiro tanto en O Pote
(Foto: Tono Santos)

O partido tivo un só guion, dominio total do Maniños do tempo do partido cun SD Vizoño replegado atrás e esperando a súa oportunidade a través do seu mellor xogador e máximo goleador do equipo (15 goles en 23 partidos) Diatta. Na primeira parte, os visitantes chegaron con claridade nunha soa ocasión cun disparo que golpeou o pau pola parte de fóra e con Abraham controlando a situación e un Maniños que lle faltou acerto no último pase e-ou malas decisións para adiantarse no marcador cosa que logrou preto do descanso cando José Ángel rouboulle a carteira a Evaristo servíndolle o balón en bandexa a Iago que fusilou ao meta visitante poñendo o (1-0) no marcador que facía xustiza ao que estaba a suceder sobre o terreo de xogo. (1-0) e o partido foise ao descanso.

Pablo intentando cabecear un balón na área visitante
(Foto: Tono Santos)

A segunda parte moveuse nos mesmos parámetros que a primeira, control total branco e un Vizoño que nin se achegaba ás inmediacións da portería de Abraham. Só había un problema e é que o segundo gol non chegaba e por tanto o partido aberto. Cambiouse a defensa de catro para selar a área pero aos poucos o balón merodeaba a portería branca, sen perigo pero o balón por primeira vez non estaba dalgunha maneira controlado polos locais e así nunha indecisión branca, o balón chegou a Brais Gómez que cun mísil puxo o balón na escuadra e as táboas no marcador cuns 10 minutos por diante. Zafarrancho de combate e o Maniños lanzouse a por o segundo gol cosa que se logrou tras xogada do reaparecido Ipi con balón atrás que empala Juanito poñendo o (2-1) no marcador. De aí ao final varias chegadas brancas (disparo de Gonza ao traveseiro incluído) por ningunha dos visitantes  e co coñecido (2-1) finalizaba o partido con tres puntos que quedan en O Pote con toda xustiza e cun resultado curto para o visto sobre o terreo de xogo.

José Ángel estivo pillo ante Evaristo no primeiro gol branco
(Foto: Tono Santos)

Tres puntos importantes que permite aos brancos afianzarse na zona alta da táboa, colocándose a 4 puntos da fase de ascenso a Preferente con 11 partidos por diante. Destacar o primeiro gol de Juanito na presente tempada pero sobre todo o debut de Pedro recentemente recibido o alta despóis de case 11 meses de baixa pola rotura do ligamento cruzado. Grande Pedro!!!

Desexarlle toda a sorte do mundo á SD Vizoño no que queda de tempada esperando que sexa capaz de pegar esa arrancada que lle permita escapar da zona perigosa que agora ocupa...

GO MANIÑOS

Acta del partido en www.futgal.es, pincha aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, pincha aquí