lunes, 24 de noviembre de 2025

SEGUIMOS NA MALA XEIRA DO RESTO DE EQUIPOS SENIORS

 ❌ FEMININO | Segunda División 

CULTURAL MANIÑOS 2 – 8 VICTORIA FC “C”


⚽ Goleadora: Andrea (2)

As nosas afrontaban un duelo complicado ante un rival con moita pegada. A pesares da dificultade, o equipo non deixou de competir e Andrea conseguiu dous grandes goles que amosan o esforzo e a ambición das brancas.

A seguir medrando, aprendendo e loitando cada semana.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


❌ FILIAL | Terceira Galicia 

CULTURAL MANIÑOS 0 – 2 S.D.C.Y.R. NARÓN O FREIXO

Derrota do filial nunca partido de guante branco marcado polas expulsións de 3 xogadores, demasiado rigorosas a todas luces, que desvirtuaron o partido.

Un gol no primeiro minuto e outro na resta final do mesmo decidiron un encontro máis igualado do que reflicte o electrónico.

Toca seguir traballando e acumulando experiencia 💪

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí

 
🟰 VETERANOS | Terceira Futgal 

CULTURAL MANIÑOS
 0 – 0 SPORTING CORUÑÉS

Empate sen goles nun partido no que os de O Pote foron claramente superiores durante boa parte do encontro. 

Os brancos dominaron o xogo, chegaron con perigo e levaron a iniciativa, pero a falta de claridade nos metros fináis impediu atopar o gol. Un punto que sabe a pouco e deixa aos brancos ás portas de sumar 3 puntos moi necesarios.

Toca seguir insistindo e confiando no bo camiño tomado

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

GO MANIÑOS