miércoles, 16 de julio de 2025

¡BRAIS SANTALLA CONVÉRTESE NA SEGUNDA FICHAXE!

🔒 FICHAXE 25/26: BRAIS SANTALLA 🔒

💥 Reforzo ofensivo con moita fame de fútbol!

Brais Santalla únese ao proxecto do Cultural Maniños para achegar calidade na parcela ofensiva 💨. Extremo zurdo e moi rápido, chega con moitísimas ganas despois dun ano afastado dos terreos de xogo.

⚽ Formado nas categorías inferiores do Racing de Ferrol, conta con experiencia no Somozas, As Pontes e Galicia de Mugardos.

Agora, coa ilusión renovada, intégrase na familia maniñesa disposto a aportar desequilibrio, velocidade e compromiso.

Un dos nosos. A túa sorte será a nosa. 🍀🤍
GO MANIÑOS!