lunes, 23 de junio de 2025

JOSÉ ÁNGEL HISTORIA DO CLUB NON SEGUIRÁ DE BLANCO

 Tócanos despedir a un futbolista que sempre formará parte da nosa historia: José Ángel 🏆.

Chegou na 15/16 para ser Campión de Liga, dono absoluto do medio do campo naquel curso para lembrar ⚽, e marcha tras volver levantar un título na 24/25, deixando ao equipo en Preferente.

Procedente do Mugardos B, da man de Charly, dende o primeiro día fixo mellor ao equipo: zurda de ouro 🦶, toque exquisito 🎨 e un compromiso dentro e fóra do campo difícil de igualar 💯.
Como persoa, aínda máis grande: compañeiro exemplar 🤝.

As portas do noso club estarán sempre abertas para el 🏠. Grazas por todo, José Ángel 🙌 O teu fútbol e a túa forma de ser deixaron pegada. Ata pronto CRACK! 👏