Gran vitoria dous modestos na Grela nunha partido "trampa" ante un rival que superou os brancos na primeira volta e que creou unha ferida que tardou en curar. A clasificación pola zona media baixa da táboa dos locais engana porque son bastante mellores que o que a táboa parece indica. O Ural Español CF é un equipo que se caracteriza pola súa mocidade e o seu bo trato co balón, así que o Maniños sabía que se enfrontaba a un rival un tanto imprevisible.
![]() |
Intre do partido |
O partido empezou cun rival moi enchufado que non dubidaba en atacar a portería defendida por Mateo que nos primeiros minutos tivo que resolver con acerto o acoso local. Os brancos foron de menos a máis quitándose o dominio local e cunha efectividade total pois antes do descanso Miragaya, un gol en propia porta tras acción individual de Marcos Piñeiro e Caio puxo un claro (0-3) para os brancos. Pero non foi fácil nin moito menos porque os locais pelexaron e tiveron as súas ocasións, certo é que os goles foron aplacando o seu empuxe. Ademáis dos goles, o Maniños xerara máis ocasións como un penalti claro non, moi claro a Caio que o Colexiado mirou para outro lado así como un remate de Pedro ao traveseiro. (0-3) e ao descanso. Nin no mellor dos soños...
A segunda parte foi de dominio local cun Maniños esperando a súa oportunidade para ampliar diferenzas e os locais tentando reducir distancias para meterse no partido cousa que non sucedeu aínda que oportunidades claras se tiveron como un cabezazo case sen ángulo ao poste ou un remate a bocaxarro que non colleu portería. O Maniños pola súa banda puido e debeu ampliar o seu marcador tras un centro de Santi que cabecea Josiño ao fondo das redes que o Colexiado anula por un suposto fóra de xogo cando Josiño entra claramente en posición correcta aínda que afortunadamente nesta ocasión non foi transcendente para o resultado dada á vantaxe adquirida na primeira metade. Sen moito máis a engadir finalizou o partido co resultado de (0-3) que permite aos brancos seguir sumando e cumprindo partido a partido.
Tres puntos moi importantes e agora a preparar ben a semana para poder competir nas mellores condicións ante dúas equipazos como son o Sporting Cambre e o Orillamar o xoves e domingo respectivamente. Como bos "cholistas" partido a partido.
Parabéns!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí