O fútbol é cuestión de dinámicas pero tamén de acerto e na tarde deste domingo iso foi precisamente o que lle faltou aos brancos, merecedores dun mellor resultado, mellores en moitas das facetas do xogo salvo nas áreas tanto na propia como na allea onde o rival tivo máis eficacia o que decantou que os tres puntos fósense para a Coruña.
O partido tivo un guión, balón para os brancos que monopolizaron o mesmo cun Oza esperando atrás e buscando as súas bazas ofensivas con rápidas contras aproveitando a velocidade dos seus xogadores. O Maniños empezou ben con varias ocasións onde o meta visitante estivo acertado tanto parando como dominando o xogo aéreo. Pero foron os coruñeses os que marcaron primeiro ao aproveitar unha indecisión defensiva local. (0-1) e tocaba unha vez máis remar. E aí o equipo non se descompuxo contando en varias ocasións moi claras como unha vaselina de Julián que non colleu portería como un cabezazo a bocaxarro de David que con todo a favor non acertou cos tres paus. Con esa sensación de xerar perigo continuamente e que se podía ser optimista para a segunda metade o partido chegou ao descanso.
A segunda metade empezou mellor imposible para os intereses brancos, balón en profundidade a Christian que supera en carreira á zaga visitante superando ao meta coruñés cunha vaselina. (1-1) e o partido volvía empezar. Pero aí estivo a clave do partido porque 1 minuto despois e tras un saque de esquina cabezazo dun dianteiro visitante e o balón morto chega ao mesmo xogador rodeado dunha maraña de xogadores locais poñendo o rexeite no fondo das redes (1-2) e duro golpe para os brancos. O equipo levantouse e xerou numerosas ocasións de gol que se fallaron unha detrás doutra incluso algunha se pode dicir sen explicación, sen porteiro e co balón controlado ao bordo da área pequena. Estaba a cousa de non e o balón non quixo entrar. É certo que co Maniños envorcado na área visitante os coruñeses montaron contras para matar a partido cousa que tampouco lograron finalizando o aprtido co inxusto (1-2) que supuxo un paso atrás nas aspiracións brancas de consolidarse na zona de privilexio da táboa.
Non puido ser pero a diferenza doutros partidos o único que faltou nesta ocasión foi acerto, o que hoxe non entrou farao noutra ocasión pero isto é o que ten o fútbol e que o fai tan grande e é que 2 2 non sempre é 4. A levantarse e a seguir que queda moito camiño por diante.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí