lunes, 14 de octubre de 2024

GRAN VICTORIA DOS MODESTOS NA TORRE

Tróuxose os tres puntos en xogo o Maniños no seu desprazamento aos Campos da Torre da Coruña para enfrontarse ao Torre, SD un equipo recentemente ascendido pero que empezou con forza a competición xa que nas 5 primeiras xornadas sumou 10 puntos cun equipo formado por xente coñecedora da categoría e experiencia, un cocktail perfecto para competir en Primeira Galicia.

A posta en escena dos brancos (de negro nesta ocasión) foi espectacular. Dominio de balón e do xogo cos locáis esperando atrás. Ademais de todo isto o Maniños chegou a xerar ata 4 ocasións claras de gol, a primeira foi unha entrada por parte dereita segundo ataque branco de Santi que buscou a Pedro no canto de tentar acabar a xogada, un pase atrás que Julián en carreira e en inmellorable posición rematou fóra, unha de Santi que só diante do meta local e sen marcaxe botouna fóra e por último un remate de cabeza de David que entrando só á saída dun córner non atopou portería. 4 ocasións e cero acerto o que xerou certa preocupación no Maniños porque xa se sabe o dito futbolístico de "quen perdoa..." afortunadamente na segunda parte ese dominio branco plasmouse en goles. Por parte local ningún achegamento significativo aos dominios de Marcos. Con (0-0) o partido foise ao tempo de descanso. 

A segunda parte comezou co guión soñado, xogada de luxo dos brancos que desde portería e sen tocar o balón ningún rival despois de 8 pases o último nun centro raso e preciso de Adrián, o noveno toque foi de Pedro para remachar ao fondo das redes poñendo un máis que merecido (0-1). Sen dúbida, golazo. Non reaccionaron os locáis e o Maniños seguía tendo o control do partido e así nunha rápida transición o balón chega a Santi que se planta diante do porteiro e aínda que é quen de tirar a portería é derrubado por un defensor local. O árbitro sinala a máxima pena e aí Javi Miragaya pon o (0-2) que daba moita máis tranquilidade a un Maniños que se vía gañador. Pero como o fútbol dá moitas voltas e xa na recta final os locais cun dianteiro altísimo dedicáronse a centrar balóns e chegando ao minuto 90 foron quen cun cabezazo acurtar distancias con todo o tempo de desconto por diante e aí en pleno zafarrancho de combate local e cun Maniños sufrindo o que non o fixera nos 90 primeiros minutos pudo aguantar como pudo as arrancadas locais para na última xogada do partido tras un balón longo de Ángel que pelexou Pedro, o balón chegou sen dono a José Ángel, que aproveitando que o porteiro non estaba na portería, fixo un pase á rede cun toque sutil poñendo o (1-3) no marcador e co gol o Colexiado deu por finalizado o partido. Un resultado que reflicte suceder no Campo da Torre.

Tres puntos por tanto que permite manter a boa serie de resultados coa quinta vitoria consecutiva dos brancos que ademáis rompen co gafe deste campo da Torre que non se daba ben e que permite consolidarse ao equipo nos postos altos da táboa. O vindeiro domingo visita O Pote outro equipo dun barrio da Coruña como é o Relámpago de Elviña esperando que se poida prolongar o refacho.

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí