lunes, 6 de mayo de 2024

VICTORIA DOS MODESTOS PARA DESPEDIR A TEMPADA NO POTE

Coa retirada do Laracha CF, este domingo foi o último partido da tempada en O Pote. Un partido importante para os brancos no seu afán de quedar o mellor posicionado posible unha vez que coa derrota a semana anterior en Boimorto as opcións de xogar a promoción de ascenso a Preferente eran nulas. Enfronte o CD Narón que visitaba O Pote na súa loita por lograr a permanencia. 

O partido foi en liñas xerais igualado sen un claro dominador e sen claras ocasións de gol salvo un par de chegadas dos visitantes e algún achegamento dos brancos pouco  efectivos. Con (0-0) chegouse ao descanso. A segunda parte seguiu polos mesmos camiños tendo os visitantes a súa gran oportunidade cun disparo de San Emeterio ao poste pero foron os cambios os que revitalizaron ao Maniños dándolle unha frescura e unha mordente arriba que se viu reflectida no primeiro gol, cun gran disparo de Raúl que rozou nun defensa facendo o balón unha parábola que non puido evitar Kevin supoñendo o (1-0). Este gol descentró aos visitantes que non foron capaces de reaccionar e aí o Maniños cheirou sangue cun Raúl desatado que lle deu tempo a meter outro gol, ter dúas oportunidades máis e desgraciadamente lesionarse. Moitos ánimos Raúl !!! Na recta final, os visitantes lanzáronse con valor a tentar reducir as vantaxes mesmo subindo o meta Kevin a rematar os balóns parados pero xa o resultado non se moveu finalizando o partido co coñecido (2-0).

Sergio nun intre do partido
(Foto: Sandy López)

Tres puntos máis que permite aos brancos superar a cincuentena de puntos para tentar afianzar a súa posición clasificatoria. O peor do partido para o
Maniños foron as lesións pois á xa comentada de Raúl hai que sumarlle tamén a de Chata o que fai que os brancos afronten o último partido en cadro e sen poder tirar do filial que ten un importante partido na súa pelexa pola permanecia.

Parabéns por la victoria equipo!!!

A polo último baile da tempada!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal,es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí