lunes, 25 de septiembre de 2023

MICHEL PRESENTOU A SÚA DIMISIÓN ESTE DOMINGO

Michel Rodríguez
(www.radiofusion.eu)


O adestrador do Filial e de Xuvenil, Michel Rodríguez, presentou a súa dimisión irrevogable unha vez finalizado o partido disputado este domingo do filial e o Galicia de Caranza.

Michel que chegou ao Club na pretemporada do curso 2022/23 e permaneceu na entidade pouco máis dun ano adestrando a ambos equipos do Club.

Agora o Míster ferrolán decide finalizar a súa segunda etapa en O Pote. Lembrar que Michel foi no seu día xogador do primeiro equipo branco.

O Club quere agradecerlle o seu traballo durante todo este tempo e desexarlle o mellor no futuro tanto a título persoal como deportivo.