lunes, 27 de febrero de 2023

CÓMODA VICTORIA PARA OS VETERANOS ANTE O CARNOEDO

Partido sen moita historia o celebrado na tarde do sábado en O Pote que se decantou nos primeiros minutos grazas ao acerto goleador de Mon en dúas ocasións e de Marcos Sánchez en continúo idilio co gol. Na segunda parte Mon pechou a conta co cuarto gol e co seu primeiro hat trick no equipo. 

Mon anotou un hat trick
(Foto: Mercedes Lamas)

Partido marcado pola lesión do xogador visitante Javi Torres que tivo que acudir ao Cardona trasladado pola ambulancia por unha posible fractura dun brazo. Desexar a mellor das recuperacións ao xogador do Carnoedo e que en nada o vexamos de volta polo verde. 

Tres puntos que dan continuidade aos tres conseguidos a semana anterior en Mourente que permite aos brancos afrontar o próximo partido ante un dos gallitos da categoría como é o histórico Campanal de Loureda coa moral polas nubes. Debutou nos brancos Dani Lago formando parte da 11 inicial.

Debut de Dani Lago cos brancos
(Foto: Mercedes Lamas)
Seguimos!!

GO MANIÑOS

Acta del partido en www.futgal.es, pincha aquí