viernes, 11 de julio de 2025

TEMPADA 2025/26 - XA É OFICIAL, SOMOS NOVOS NA PREFERENTE

 🚨 XA É OFICIAL 🚨

O Cultural Maniños competirá na Preferente Futgal – Grupo 1 esta tempada!



Tócanos loitar contra algúns dos grandes nomes do fútbol galego. Campos históricos, escudos con solera... e alí estaremos nós, co noso escudo no peito e milleiros de soños na mochila.

Cada partido será unha batalla. Cada desprazamento, unha aventura.

Pero hai algo que nunca cambia: xuntos somos máis fortes.

O Maniños xa está no mapa… e non vimos de paso.

TEMPADA 25/26... IMOS A POR TODAS!!!

GO MANIÑOS

JOSIÑO, HASTA LOGO A UN DOS NOSOS GUERREIROS

 🚨 DESPEDIDA 🚨

Hoxe toca despedir a un deses xogadores que sempre deixan boa pegada, dentro e fóra do campo.

👋 Josiño remata a súa etapa no Maniños sendo exemplo de compromiso, compañeirismo e entrega. Sempre sumando 💪, sempre disposto a axudar 🤝, cunha actitude exemplar e co grupo por diante d todo. 🤍 Grazas, Josiño, por formar parte desta familia e por todo o q achegaches ao longo do camiño. ⚪ Esta sempre será a túa casa… e agardamos volver atoparte no noso camiño. Moita sorte!

PRECIOSO HOMENAXE NA CASA DO CONCELLO DE FENE AOS NOSOS CAMPIÓNS

O pasado mércores 25 de xuño foi un día especial para toda a familia maniñesa. Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao Concello de Fene á súa alcaldesa Sandra Permuy e á concelleira de deportes Alba García polo fermoso xesto de recibirnos no Salón de Plenos e polo cariño e apoio mostrado ao noso club durante un acto increíble.


🙌 Este recoñecemento énchenos de orgullo e dános forza para seguir traballando polo noso fútbol e polo noso pobo. 💪 Seguimos xuntos, porque xuntos somos máis fortes! ⚽ GO MANIÑOS

martes, 24 de junio de 2025

RECEPCIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL DE FENE NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO DO EQUIPO

O próximo mércores 25 a partir das 20:30 H, o Goberno Municipal encabezado pola nova Alcaldesa, Sandra Permuy, recibirá ao noso Primeiro Equipo polo seu campionato de Liga de Primeira Galicia e o consecuente ascenso de categoría a Preferente, categoría na que se debuta despóis de 63 anos de historia.

Grazas polo detalle e por suposto é un placer e un orgullo para a Familia do Cultural Maniños a invitación. 

lunes, 23 de junio de 2025

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA


JOSÉ ÁNGEL HISTORIA DO CLUB NON SEGUIRÁ DE BLANCO

 Tócanos despedir a un futbolista que sempre formará parte da nosa historia: José Ángel 🏆.

Chegou na 15/16 para ser Campión de Liga, dono absoluto do medio do campo naquel curso para lembrar ⚽, e marcha tras volver levantar un título na 24/25, deixando ao equipo en Preferente.

Procedente do Mugardos B, da man de Charly, dende o primeiro día fixo mellor ao equipo: zurda de ouro 🦶, toque exquisito 🎨 e un compromiso dentro e fóra do campo difícil de igualar 💯.
Como persoa, aínda máis grande: compañeiro exemplar 🤝.

As portas do noso club estarán sempre abertas para el 🏠. Grazas por todo, José Ángel 🙌 O teu fútbol e a túa forma de ser deixaron pegada. Ata pronto CRACK! 👏

domingo, 22 de junio de 2025

MARCOS PIÑEIRO, O AVE DE MANIÑOS SEGUE DE BLANCO

Din que por Maniños non pasa o Ave 🚅… pero é q non coñecen a nosa banda esquerda! 👈 Alí habita un futbolista q non necesita raís para voar coas botas postas 👟🔥.

Confirmamos que Marcos Piñeiro segue sendo un dos nosos! 

💨 Velocidade. 🗡️ Un auténtico coitelo en ataque.
💪 Intensidade defensiva.

Con nos desde 2024 !!! Un xogador capaz de cambiar o rumbo dun partido cunha soa galopada! ⚡️ Go, Marcos! 🤍

GO MANIÑOS