lunes, 31 de agosto de 2026

DEBUT DOS VETERANOS ANTE UN POTENTE RIVALCOMO É A UDC NARAHÍO

Primeiro amigable da pretempada para os nosos veteranos ante un gran rival.

O UDC Narahío adiantouse no marcador na primeira metade, nun encontro intenso e competitivo.

Na segunda parte, os nosos deron un paso adiante e atoparon o premio ao seu traballo co gol de Javi Rico, que puxo o empate definitivo. 

Boas sensacións para comezar a pretempada e seguir collendo ritmo de cara ao inicio da competición.

Seguimos traballando!

GO MANIÑOS

TABOAS PARA DESPEDIR A PRETEMPADA

Bo test de pretempada ante un rival moi competitivo. 
Primeira metade con máis dominio local, pero sen grandes ocasións. Tras o descanso, os nosos deron un paso adiante, lograron igualar o encontro por medio de Hugo Leirachá e tiveron opcións para levarse a vitoria.

Grazas ao CD Rosalía pola súa invitación e moita sorte nesta tempada.

Seguimos medrando e collendo ritmo de cara ao inicio da competición.

GO MANIÑOS

jueves, 27 de agosto de 2026

DERRADEIRO PARTIDO DE PRETEMPADA PARA OS MODESTOS

CARAS NOVAS DOS VETERANOS

A familia branca medra coa chegada de seis novas caras que veñen sumar ilusión, experiencia e moitas ganas.

Alberto
Novo delegado do equipo, con ilusión, compromiso e sempre disposto a botar unha man.

Rober Pazos
Experiencia e xerarquía para a defensa, con colocación, intensidade e dominio do xogo aéreo.

Francisco Casteleiro “Caste”
Un regreso á casa para reforzar a defensa con velocidade, bo corte, xogo aéreo e saída de balón.

Joaquín
Electricidade e desborde para o ataque, con potente disparo e capacidade para xogar en diferentes posicións.

Dani Lago
Calidade, criterio e bo trato de balón para achegar no medio campo.

Tony
Seguridade e personalidade baixo paus para reforzar a portería branca, con moitas ganas de traballar.

Benvidos á familia branca! Que ruxa O Pote!!!

GO MANIÑOS

TABOAS NO PENÚLTIMO PARTIDO DE TEMPADA

Bo partido dos nosos ante un bo rival. O Pote recibiu a dous equipos en construcción, que amosaron ritmo e intensidade durante os 90 minutos. 
A Cultural estivo ben plantada e mostrouse cada vez máis asentada no seu xogo. 

Moita sorte as promesas racinguistas nesta tempada. 

Seguimos!!! 

GO MANIÑOS

miércoles, 26 de agosto de 2026

NOVO TEST DE PRETEMPADA E PRESENTACIÓN DO XUVENÍL

Nova oportunidade para seguir collendo ritmo, probar cousas e continuar preparando a tempada, e ante un gran rival nas mesmas circunstancias como é o Racing de Ferrol Xuvenil.  
 
Ademáis presentación dos nosos xuveniles que reciben as 18:00 H ao Racing de Ferrol Cadete División de Honra.

Agardámosvos no Pote para apoiar aos equipos! 

E pobre do que queira quitarnos a ilusión!  

GO MANIÑOS

martes, 25 de agosto de 2026

HOXE DEBUT DOS CADETES

Hoxe a partir das 18:00 H debut dos cadetes no Pote ante o Racing Club Ferrol "B" da mesma categoría en edade e que compite na Preferente Galicia. 

Nova etapa dos Cadetes as órdes de Álvaro "Chiqui" Dopico con Junior de Delegado. Dous homes da casa para darlle continuidade ao bo traballo de Pablo Mesa que agora dirixirá aos Xuvenís e Infantís.

A traballar duro!!!

 GO MANIÑOS

ARRANQUE DO FILIAL EN BOAVISTA

O pasado venres o Filial disputou o seu primeiro partido da pretempada no Campo de Boavista en Mandiá e as órdenes do seu novo adestrador Manel López. 


Punto de partida dunha tempada ilusionante. 

 A traballar duro !!!

GO MANIÑOS

MAL BALANCE NO TORNEO CONCELLO DE FENE

A Cultural Maniños pecha o III Torneo de Fene con dúas derrotas ante o Barallobre (3-1) e o Perlío (1-0).


Dous medio partidos máis de pretempada nos que seguir collendo ritmo, probar cousas e continuar preparando o equipo de cara ao inicio da competición.

Grazas ao Concello de Fene pola boa iniciativa da disputa deste Torneo entre veciños que vaise consolidando.

Unha bagoa perder a oportunidade de conquerir o Trofeo en propiedade. 

Para o ano toca de novo no Pote.  

Seguimos traballando!!!

GO MANIÑOS

sábado, 22 de agosto de 2026

DERROTA DO FILIAL NO SEU PRIMEIRO PARTIDO DE PRETEMPADA

O Filial disputou onte o seu 1o partido de pretempada. O irregular estado do terreo de xogo condicionou moito o desenvolvemento do partido.
O máis importante era comezar a coller ritmo, sumar minutos e sen lesións. 

Grazas ao CF Mandiá pola súa invitación e moita sorte esta tempada.

Toca seguir traballando!

GO MANIÑOS

viernes, 21 de agosto de 2026

III EDICIÓN DO TORNEO CONCELLO DE FENE

Este sábado 22 temos cita en Os Pinares. 
O noso equipo estará presente no III Torneo Concello de Fene, xunto ao CCRD Perlío e SD Barallobre.

Unha tarde para desfrutar do fútbol, apoiar aos nosos e vivir un gran ambiente entre clubs veciños.

O horario é o seguinte:

18:30 H. SD Barallobre - Cultural Maniños, SD (1)
19;30 H. CCRD Perlío - Perdedor (1)
20:30 H. CCRD Perlío - Gañador (1)

Grazas ao Concello de Fene pola súa iniciativa.  

Alí nos vemos!

GO MANIÑOS

DEBUT DO FILIAL EN MANDIÁ

Chega o momento de volver a xogar... 
O noso FILIAL afronta o seu 1o amigable ante o CF Mandiá nun partido para comezar a coller ritmo, coñecerse e desfrutar de novo do fútbol. 

Primeiro test. Primeiras sensacións. 

Grazas ao CF Mandia pola súa invitación. 

Moitas gañas de comezar. 

GO MANIÑOS

NOVO TEST DE PRETEMPADA SUPERADO

Os Modestos continúan dando pasos adiante nesta pretempada cunha vitoria ante un bo rival, nun encontro no q o equipo mostrou unha versión máis sólida, ordenada e eficaz. 


Os brancos, cada vez mellor asentados, no terreo de xogo conseguiron controlar o encontro en diferentes fases, grazas ao traballo dun equipo comprometido e disposto a deixar cada gota de suor no campo. 

A Cultural estivo acertada e soubo aproveitar as ocasións das que dispuxo. 

Grazas á UD Cebarca pola visita. Moita sorte nesta tempada e felicidades polo seu 50 aniversario.

Seguimos!!!

GO MANIÑOS

martes, 18 de agosto de 2026

NOVO COMPROMISO DE PRETEMPADA ESTE MÉRCORES NO POTE

Volta a O Pote para un novo compromiso de pretemporada. Recibimos aos nosos amigos da UD Cebarca. 

Unha nova oportunidade para seguir collendo ritmo, probar cousas e continuar coa posta a punto do equipo. 

A familia branca segue!!! 

GO MANIÑOS

lunes, 17 de agosto de 2026

TERCEIRO PARTIDO DE PRETEMPADA NA CAPELA

Seguimos coa pretemporada, sumando un novo partido e minutos para todos.


Un encontro no que o equipo mostrou orde en moitos momentos e no que o importante é seguir collendo ritmo e sensacións.

Moito ánimo para Jorge Padín, que tivo que abandonar o campo por lesión, e para Christian, que arrastra molestias desde o quecemento do partido ante o Montañeiros.

Grazas á A. D. C. A Capela por recibirnos na súa casa e pola boa acollida. 

No traballo está a clave. 

Seguimos !!! 

GO MANIÑOS

viernes, 14 de agosto de 2026

HOXE VENRES TERCER TEST PARA OS MODESTOS NOS CALZADOS

A pretempada continúa!
O Maniños afronta un novo partido de preparación ante a ADC A Capela, nun encontro que servirá para seguir collendo ritmo, gañando sensacións e afinando detalles de cara ao inicio da liga. 

Nova oportunidade para seguir medrando como equipo. 

GO MANIÑOS

PRESENTACIÓN DO RESTO DE EQUIPOS DE F11 DO CLUB

Onte xoves 13 no Pote presentación do resto de equipos de F11 do Club asi como dos seus respectivos Corpor Técnicos.

Os equipos presentados foron

  • FILIAL
  • XUVENIL
  • CADETE
  • INFANTIL

A traballar duro e moita sorte nesta tempada!!!

GO MANIÑOS

DERROTA NO SEGUNDO TEST DA PRETEMPADA

Derrota no segundo amigable de pretemporada ante un rival máis rodado, nun encontro q serve para seguir dando pasos no proceso de construción do equipo. 


Nestes primeiros partidos o obxectivo está claro: coller sensacións, coñecerse, entender e ir gañando automatismos como equipo. 

Tocou seguir aprendendo, probar cousas e acumular minutos de competición. O resultado queda nun segundo plano nunha pretemporada na que o máis importante é seguir medrando e chegar cada vez máis preparados.  

Seguimos traballando. Seguimos aprendendo. 

Moitas grazas aos xuvenís do Atlético Coruña Montañeiros e moita sorte na tempada!

GO MANIÑOS

lunes, 10 de agosto de 2026

SEGUNDO PARTIDO DE PRETEMPADA

Este martes 11 volvemos a O Pote para afrontar o noso segundo partido de preparación, no que nos mediremos ao Atlético Montañeiros Xuvenil B. 


A seguir sumando minutos e sensacións nesta pretempada.

Un novo test para seguir medrando como equipo e preparándonos para o que vén. 

Agardámosvos no Pote!

GO MANIÑOS

CALENDARIO CULTURAL MANIÑOS - 1ª FUTGAL - TEMPADA 2026/27 - PRIMEIRA VOLTA

 

domingo, 9 de agosto de 2026

PRIMEIRO TEST EN CARIÑO

Primeiro test do noso Primeiro Equipo despóis de arrancar o pasado 29 de xullo a pretempada.



Desprazamento a Cariño para xogar contra os locais no típico partido de pretempada con moito calor e reparto de minutos. 

(0-2) final con goles de Alexandre e Christian.

Agradecementos ao CD Cariño pola súa invitación e moita sorte para a tempada.

Seguimos traballando!!!

GO MANIÑOS

O CAPITÁN DO BARCO RENOVA!!!

O noso capitán de barco seguirá ao fronte unha tempada máis. Adrián Martínez renova e continuará levando o temón nesta nova e ilusionante tempada.


E este será o equipo que o acompañará no Corpo Técnico:
  • Adrián Martínez — Entrenador
  • Rubén Torrente — 2º Entrenador
  • Juan Carlos González “Charly” — Auxiliar (EM)
  • David Freire — Entrenador de Porteiros
  • Ramón López “Moncho” — Delegado
Seguimos navegando xuntos, capitán!!!

GO MANIÑO
S

viernes, 7 de agosto de 2026

HOXE DEBUTAMOS EN CARIÑO

Despóis de empezar os adestramentos o pasado 29 de xullo, hoxe toca a primeira posta en escena.

A traballar e mellorar!!!

GO MANIÑOS 

XA TEMOS O CALENDARIO DE PRETEMPADA DO PRIMEIRO EQUIPO

Xa estamos centrados na apaixoante tempada 2026/27 e xa temos o calendario de partidos do noso primeiro equipo. 

Os horarios todavía non están fijados así que se irá informando puntualmente. 

A por todas!!! 

GO MANIÑOS

CHEGOU O MOMENTO DE PECHAR UN CAPÍTULO NA HISTORIA DO CULTURAL MANIÑOS

Chegou o momento de pechar un capítulo na historia da Cultural Maniños. 


Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a tódolos xogadores e membros do corpo técnico que formaron parte da nosa recente historia. 

Grazas polo voso esforzo, a vosa dedicación e por todo o compartido na construción deste ciclo que hoxe concluímos. ​

Unidos neste recoñecemento conxunto, desexámosvos a maior das sortes e o mellor dos éxitos no voso futuro , tanto no ámbito deportivo como no personal 

Lembrade que a Cultural e O Pote  sempre serán a vosa casa e terán as portas abertas para vós.

Seguimos adiante!!! 

GO MANIÑOS

jueves, 6 de agosto de 2026

FALECEU D. SALVADOR ECHAVE ARISTI

Faleceu o noso ex adestrador D. Salvador Echave Aristi. 

Echave adestrou ao noso 1º Equipo nas tempadas 1998/99 e 1999/00.

Transmitimos o noso máis sentido pésame a súa familia, amigos e achegados. 

DEP

UN DÍA MOI ESPECIAL NO POTE

Onte vivimos unha xornada moi especial en O Pote, que se converteu no escenario dun atractivo encontro de pretempada entre o Racing Club Ferrol e o Bergantiños CF.O empate sen goles (0-0) foi o de menos.

Foto @SadMoody241

A verdadeira vitoria foi a gran festa do fútbol que vivimos, un ambiente espectacular e preto dun milleiro de afeccionados enchendo as bancadas.

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao Racing Club Ferrol e ao Bergantiños F.C. por aceptar a nosa invitación e formar parte desta xornada tan especial.

Un agradecemento especial ao Racing Club Ferrol polo seu trato excepcional coa nosa afección, especialmente cos máis pequenos, dedicando tempo a fotografías, sinaturas e facendo que moitos nenos e nenas levasen un recordo inesquecible.

Grazas tamén aos voluntarios, colaboradores, patrocinadores, especialmente ao Concello de Fene e a todas as persoas q traballaron para que todo saíse á perfección. 

E, por suposto, grazas a todos os afeccionados que enchestes O Pote e fixestes posible unha tarde para o recordo.

lunes, 3 de agosto de 2026

O GRUPO DA PRIMEIRA GALICIA DA MAN DE JAVI PEDREIRAS

Xa coñecemos os equipos que formarán parte da 1a Futgal - Grupo 1 na tempada 2026/27.

Un novo curso por diante, con novos retos, derbis e moitas ganas de volver vivir o fútbol no Pote 

A ilusión xa está en marcha… a conta atrás comezou  

Vémonos no campo!!!

TEMPADA 2026/27 - XA TEMOS O GRUPO DO NOSO PRIMEIRO EQUIPO

Sen sorpresa. O noso Primeiro equipo queda encuadrado no Grupo Ferrol : Coruña nunha competición que se prevé apaixoante. Imos por ela!!!

GO MANIÑOS




sábado, 1 de agosto de 2026

🔥 O POTE VIVIRÁ UNHA CITA DE ALTURA COA VISITA DO RACING CLUB FERROL

⚽ O Pote convértese no epicentro do fútbol este 5 de agosto.

O Racing Club Ferrol disputará no Pote o seu primeiro encontro de pretempada diante da súa afección, fronte ao Bergantiños F.C. 

Unha oportunidade única para volver ver ao equipo en acción antes do comezo da liga.

🆚 Bergantiños F.C.
📍 O Pote (Maniños)
🗓️ 5 de agosto | 19:30 h

💚 Agardámoste!