miércoles, 28 de octubre de 2026

HORARIOS FIN DE SEMÁN DO (30-31) OUTUBRO E (1) NOVEMBRO

SORTEO XXVI EDICIÓN COPA DE FERROL

Este martes 27 nos locais da Delegación de Ferrol da RFGF celebrouse o sorteo da XXVI Edición da Copa de Ferrol. 
No sorteo e na primeira eliminatoria (!/16 de final) o noso Club terá que desprazarse a Mourente para enfrentarse ao SD Valdoviño. Un enfrentamento que se repite case cada tempada, Será o 8 de decembro. 

Moita sorte equipo!!! 

GO MANIÑOS

CARA E CRUZ DOS OUTROS EQUIPOS SENIOR

FILIAL

Un partido marcado polo gol temperán de Martín Pérez, que abriu o camiño cara á vitoria. O filial traballou arreo, xerou varias ocasións e amosou unha gran actitude durante todo o encontro. Pablo Pérez puxo a sentenza para certificar o triunfo. 
O equipo comeza a coller ritmo, a medrar como grupo e a atopar o seu camiño. Un paso máis na boa dirección. 

Triunfo importante para seguir soñando na Copa. 

Un paso máis, todos xuntos!!!

Seguimos!   

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Manel López en www.radiofusion.gal, preme aquí


VETERANOS

Nin o gol inicial nin a inferioridade numérica apagaron o espírito dos nosos. O equipo resistiu, pelexou e atopou o empate antes do descanso. Na segunda metade houbo ocasións para cambiar o rumbo, pero o fútbol non sempre premia a quen máis o intenta.
O marcador acabou sendo demasiado duro para o visto en O Pote, pero queda a entrega dun grupo q non baixa os brazos. 

Lamentable actuación arbitral de Alejandro Fernández Carreira que non deu unha a dereitas en todo o partido. Vaia recital!!!

Seguimos loitando, seguimos sendo familia! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

DERROTA POLA MÍNIMA DOS MODESTOS NO MISAEL PRIETO

Un gol nos primeiros compases puxo o partido costa arriba, pero o Maniños soubo erguirse e loitar ata o final na procura do empate.
As ocasións aunque escasas chegaron pero faltou ese acerto que permitise transformar o esforzo en recompensa. 

Toca aprender e mirar cara adiante. 

O camiño continúa!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

lunes, 26 de octubre de 2026

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (23-24-25) OUTUBRO

PREBENJAMINES (1ª FASE - X02): Cultural Maniños - CMI Club Campo "C" (1)
BENJAMINES (1ª FASE - X02): Cultural Maniños - FC Ortigueira (1)
ALEVINES "A" (1ª FASE - X02): Racing San Pedro - Cultural Maniños (2)
ALEVINES "B" (1ª FASE - X02): Cultural Maniños - EF Irmandiños (2)
INFANTILES (1ª FASE - X05): Cultural Maniños 7 - CD As Pontes "B" 4
CADETES (1ª FASE - X04): Cultural Maniños 12 - SD Ánimas 1
XUVENILES (1ª FASE - X05): Cedeira, SD 2 - Cultural Maniños 1
VETERANOS (X06): Cultural Maniños 1 (Javi Rico) - Imperator OAR "B" 4
FILIAL - 3ª FUTGAL (COPA - X07): Cultural Maniños 2 (Martín Pérez y Pablo) - FC Ortigueira 0
AFICIONADOS - PRIMEIRA GALICIA (X08): Meirás CF 1 - Cultural Maniños 0

martes, 20 de octubre de 2026

FOTO DOS NOSOS XUVENÍS

Cultural Maniños, SD - Equipo Xuvenil - Tempada 2026/27
Arriba de esq a dereita: Rodri Rey, Dani, Ero, Óscar,
Iago e Adri Valdés.
Abaixo de esq a dereita: Platas, David, Rodri Cagiao,
Diego e Adri Dopazo
(O Pote, 17.10.2026)
FOTO: KARLOS BASOA

lunes, 19 de octubre de 2026

BOA XORNADA PARA O FILIAL E OS VETERANOS

FILIAL

Carácter, sufrimento e triunfo en Copa.
O Filial levou unha boa vitoria a domicilio nun partido esixente, no que soubo resistir nos momentos complicados e reaccionar a tempo. 

Pablo Pérez adiantou o Maniños xusto antes do descanso. Na segunda metade, un erro defensivo permitiu aos locais empatar o partido pero pero o equipo branco non tardou en responder, Pablo volveu aparecer para asinar o seu dobrete e devolverlle a vantaxe ao filial. 

No tramo final tocou sufrir, co conxunto local buscando o empate, pero o Filial soubo defender e manter o resultado. 

Parabéns equipo! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Manel López en www.radiofusion.gal, preme aquí

VETERANOS

Remontada, carácter e goles para os veteranos!
A Cultural comezou dominando o encontro. Unha contra adiantou aos locais. Caste respondeu co empate, aínda qUE os nervios e a falta de fluidez marcaron unha primeira metade complicada. 
 
Na segunda parte, o Arteixo volveu poñerse por diante ero os veteranos non baixaron os brazos. Javi Pedreiras igualou o marcador e, apenas dous minutos despois, Joaquín culminou a remontada. Co partido encamiñado, o Maniños impuxo a súa superioridade e ampliou a vantaxe cos tantos de Joaquín, que completou o seu dobrete e Manu, pechando un contundente (2-5). 

Unha gran reacción colectiva para traer os tres puntos para O Pote.

Parabéns equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

PRIMEIRA VICTORIA LIGUEIRA DOS MODESTOS

Traballo, seriedade e vitoria pola mínima.
O Primeiro Equipo sumou 3 puntos de ouro nun encontro moi igualado, no que a solidez defensiva de ambos conxuntos foi protagonista durante boa parte dos 90 minutos. 

Na segunda metade, o Maniños deu un paso adiante e dispuxo de varias ocasións claras pero o gol resistiuse ata o mto 79, cando Christian atopou o premio ao traballo do equipo.

No tramo final, o Sada CF buscou o empate, pero a defensa branca mantivo a súa firmeza para firmar unha vitoria moi traballada. 

3 puntos moi importantes para seguir medrando! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (16-17-18) OUTUBRO

PREBENJAMINES (1ª FASE - X01): SD O Val - Cultural Maniños (1)
BENJAMINES (1ª FASE - X01): Club de Campo "C" - Cultural Maniños (1)
ALEVINES "A" (1ª FASE - X01): Cultural Maniños - SD Portuarios (X)
ALEVINES "B" (1ª FASE - X01): Galicia Mugardos "B" - Cultural Maniños (1)
INFANTILES (1ª FASE - X04): SD O Val 1 - Cultural Maniños 6
CADETES (1ª FASE - X03): CD Cariño 2 - Cultural Maniños 2
XUVENILES (1ª FASE - X04): Cultural Maniños 10 - CD Narón "A" 1
VETERANOS (X05): Atlético Arteixo 2 - Cultural Maniños 5 (Caste, Javi Pedreiras, Joaquín (2) e Manu)
FILIAL - 3ª FUTGAL (COPA - X06): Racing San Pedro 1 - Cultural Maniños 2 (Pablo (2))
AFICIONADOS - PRIMEIRA GALICIA (X07): Cultural Maniños 1 (Christian) - Sada CF 0

jueves, 15 de octubre de 2026

HORARIOS FIN DE SEMÁN DO (16-17-18) OUTUBRO

 

HOMENAXE A JUANLU DOS SEUS COMPAÑEIROS DO EQUIPO

O pasado domingo e antes de iniciarse o partido do Filial no Pote, pequeno pero merecido homenaxe dos seus compañeiros e da afección branca a Juanlu Martínez lesionado seriamente (aún no diagnosticado, pendente resultado da resonancia) surante o partido que enfrentou aos brancos ao Xuventud Cabanas.

 Moitos ánimos Juanlu, pronto estarás de volta no césped.

Forza Juanlu, agardamoste!!!

miércoles, 14 de octubre de 2026

ADESTRAMENTO DE CARMEN COA SELECCIÓN GALLEGA SUB 14

O mellor do finde foi a nova convocatoria de Carmen Bermúdez para un adestramento coa Seleccion Galega SUB 14. 

 O talento e o traballo duro sempre dan froitos. 

 Segue disfrutando do camiño, aprendendo e rompéndoa no campo!!!

A por todas, campioa!!!

DERROTA DO FILIAL NO POTE

Derbi moi esixente para o filial. O equipo soubo reaccionar ao primeiro golpe (un desafortunado gol na nosa propia meta) e atopou o merecido premio co tanto de Marcos no minuto 39. ​Cando mellor estabamos, un novo gol visitante xusto no desconto da primeira parte complicou o partido. 
A pesar de ter bos momentos de fútbol na segunda metade, o desgaste físico acabou pasando factura e un terceiro gol dos visitantes no minuto 68 acabou coa resistencia local. 

​Moito que aprender e moito traballo por diante para seguir medrando como equipo! 

​Seguimos xuntos! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

DERROTA EN ELVIÑA ANTE UN POTENTE VICTORIA CF

O primeiro equipo competiu con orde e entrega durante boa parte da primeira metade ante un rival de moita calidade. Porén, a efectividade local castigou en exceso aos nosos. ​Gianni recortou distancias cun remate de cabeza tras unha acción a balón parado, metendo ao equipo no partido. Sen embargo, un par de desconexións antes do lecer foron penalizadas polos locais que non perdoaron, deixando o choque moi costa arriba (4-1). ​
Na segunda metade, o ritmo baixou e o marcador so se moveu ata o definitivo (5-1). 

​Toca seguir traballando... 

Seguimos!!!

​GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (9-10-11) OUTUBRO

FILIAL - 3ª FUTGAL (COPA - X05): Cultural Maniños 1 (Marcos) - Galicia Mugardos "B" AFICIONADOS - PRIMEIRA GALICIA (X06): Victoria CF 5 - Cultural Maniños 1 (Gianni)

martes, 6 de octubre de 2026

DE NOVO CARA E CRUZ NO RESTO DOS EQUIPOS SENIOR DO CLUB

FILIAL

Partido tolo, de alternativas e emoción ata o final. O filial tivo que remar desde atrás, reaccionou, empatou en varias ocasións e mesmo chegou a poñerse por diante nunha primeira parte de auténtica tolemia.
Na segunda metade, o encontro continuou aberto ata que un gol nos últimos compases decantou a balanza para os locais. Un 4-3 que doe despois do gran esforzo dos nosos.

Seguimos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www. futgal.es,  preme aquí

Manel López en www.radiofusion.gal, preme aquí

VETERANOS

A alegría da xornada chega da man dos nosos veteranos. 
Nun desprazamento complicado e con poucos efectivos, os brancos souberon sufrir, reaccionar e darlle a volta ao marcador para levarse unha gran vitoria por 2-3.

Carácter, traballo e fe ata o final para sumar tres puntos de moito valor fóra da casa. 

Seguimos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www. futgal.es,  preme aquí

DERROTA POLA MÍNIMA DOS MODESTOS

Un gol visitante no primeiro minuto puxo o encontro costa arriba para os nosos desde o inicio. A pesar diso, o primeiro equipo non baixou os brazos e buscou ata o final o camiño cara ao gol, pero faltou acerto nos metros finais.
Unha derrota pola mínima nun partido no que os brancos o intentaron ata o último suspiro.

Toca seguir traballando !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

lunes, 5 de octubre de 2026

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (2-3-4) OUTUBRO

INFANTILES (1ª FASE - X03): Cultural Maniños 6 - CCRD Perlío 3
CADETES (1ª FASE - X02): SD Portuarios "B" 0 - Cultural Maniños 10
XUVENILES (1ª FASE - X03): SD Portuarios 0 - Cultural Maniños 4
VETERANOS (X04): UD Carral 2 - Cultural Maniños 3 (Caste, Javi Pedreiras e Javi Rico) -
FILIAL - 3ª FUTGAL (COPA - X04): CD Estrella Solaina 4 - Cultural Maniños 3 (Marcos (2) e Pablo)
AFICIONADOS - PRIMEIRA GALICIA (X05): Cultural Maniños 0 - UD Juvenil Almeiras 1