sábado, 18 de febrero de 2023

ESTAMOS NAS SEMIFINAIS DE COPA

Como xa se prevía, partido de cuartos de final de Copa moi complicado ante un gran equipo como é a SD Valdoviño que ademáis chegou a ter dous goles de vantaxe e que obrigou aos brancos a facer un exercicio de crer, de resilencia para voltear o marcador.

Instante do partido en Mourente

Antes dos 20 primeiros minutos os locais ían cun claro (2-0) por diante. 2 chegadas dous goles en dúas indecisións defensivas brancas, a primeira despois dunha longa condución dun atacante local que golpeou a Gonza cara a portería non podendo evitar Mateo o autogol. Pouco despóis e aínda co golpe moral do tanto laranxa, un balón parado é cabeceado a pracer por Javier Díaz poñendo un inapelable (2-0) e a sensación de que a eliminatoria estaba moi compricada. O equipo tivo a gran virtude de non baixar os brazos, de crer que era posible remontar e seguir remando a pesar das dificultades. E neste escenario o primeiro en avisar foi David cun gran disparo desde fóra da área que respondeu a ex meta branco Kevin cunha gran parada.O Maniños empezou a roldar a portería local e por fin Javi Rey podía acurtar distancias para 5 minutos máis tarde Gonza aproveitar un balón solto na área poñendo un inesperado (2-2) con 55 minutos por diante. O máis difícil conseguiuse e con ese resultado coñecido e a pesar de que o partido empezaba a decantarse para os brancos chegou o descanso campeando no marcador o coñecido empate.

A segunda parte xa foi de control do partido branco entre outras cousas porque os locais foron baixando fisicamente. Non obstante o Valdoviño cada vez que merodeaba a portería branca seguía dando sensación de perigo. O balón parado era un factor moi favorable aos brancos que cada vez intensificaba máis a súa presenza no campo rival. Despóis de varios centros espectaculares de José Ángel e Pitu que non remataron os atacantes brancos por centímetros, un saque de esquina é rematado no primeiro pau entre Gonza e defensores locais entrando o balón na portería de Kevin. Aínda que a acta outorga o tanto a Gonza é evidente que o gol é en propia porta. (2-3) e empezaba outro partido. De aí ata o final, o Maniños tentando matar o partido e o Valdoviño queimando as súas naves para tentar volver ás táboas. Nese toma e daca sen acerto de ningún dos equipos, cos locais chegando pero sen xerar en ningún momento claras ocasións de gol e o Maniños que lle faltou acerto nalgunha toma de decisión ou precisión no pase final, tivo que esperar ao desconto a que tras un saque de banda o balón chegase a Miragaya que dun perfecto golpeo de balón superou a Kevin por arriba poñendo o definitivo (2-4) no marcador o que supoñía por segunda tempada consecutiva o paso ás semifinais de Copa.

Cumpriuse o obxectivo e xa se está en semifinais de Copa que se xogará o festivo 17 de maio, "Día dás letras galegas". O rival será o CCRD Perlío que derrotou ao Meirás CF o que implica un novo derbi fenés e co premio dunha final de copa. Agora a realidade é volver á liga e o próximo partido ante a SD Vizoño o domingo en O Pote. Por certo gran ambiente nas bancadas de Mourente.

A seguir traballando e recuperando xente para afrontar a lume de biqueira a recta final da tempada.

Parabén equipo a gozar este novo paso a semis!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, pincha aquí

Pablo Mesa en www.radiofusion.eu, pincha aquí