lunes, 27 de febrero de 2023

EMPATE DO FILIAL PARA PECHAR A 1ª FASE

Empate de moito mérito do filial no Municipal de Moeche nun partido que se puido decantar para calquera lado e que finalmente terminou en táboas. Este punto serve para finalizar en 9ª posición no grupo e nesta primeira fase e agora toca afrontar a segunda fase con toda a ilusión esperando mellorar as prestacións.

Adiantáronse os locais por mediación de Javi Pazos cun gol protestado polos feneses que consideraban que o xogador local había saído en fóra de xogo. Empataron os de Michel ao fío da media hora tras unha bonita xogada desde o flanco dereito do ataque que finalizou cun bo centro e aí Cristofer de testa puxo as táboas. Partido marcado pola loita e a intensidade del partido en que xa ningún dos dous foi quen de volver adiantarse finalizando o mesmo co coñecido (1-1).


Agradecer ao ADC Moeche polo excelente trato recibido.

Agora descanso ata o día 12, data de comezo da segunda fase onde se tentará competir en todos e cada un dos partidos e terminar a tempada o máis arriba posible.

GO MANIÑOS

Acta del partido en www.futgal.es, pincha aquí

Michel Rodríguez en www.radiofusion.eu, pincha aquí