lunes, 28 de septiembre de 2026

CARA E CRUZ DO RESTO DOS EQUIPOS

FILIAL

Unha primeira parte moi complicada para o filial, nun encontro marcado pola lesión de Juanlu nos primeiros minutos. Dende aquí, todo o noso ánimo para él. Esperamos que finalmente quede nun susto e que poidamos velo de novo pronto cos seus compañeiros. 
O partido estivo detido varios minutos e nese momento o resultado quedou nun segundo plano. O equipo seguiu traballando e competindo ata o final, pero o Cabañas acabou levándose o encontro. 

Moito ánimo, Juanlu!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Manel López en www.radiofusion. gal, preme aquí

VETERANOS

Gran partido dos nosos veteranos, que saíron moi enchufados e encarrilaron o encontro nos primeiros minutos. 
Javi Rico (10' e 29'), Rober Pazos (13'), Javi Pedreiras (57') e Manuel Otero (88') puxeron os goles dunha gran vitoria por 5-1. 

Bo xogo e boas sensacións!!!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

GO MANIÑOS

CONTINÚA A MALA DINÁMICA DO MODESTO

Primeira parte complicada para os nosos, na que o rival se mostrou máis intenso e os erros penalizaron demasiado. 
Na segunda, o equipo reaccionou, mellorou e competiu moito máis, chegando a recortar distancias cun gol de Alex pero non chegou para remontar. 

A seguir traballando!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (25-26-27) SETEMBRO

INFANTILES (1ª FASE - X02): Galicia Mugardos 2 - Cultural Maniños 11
XUVENILES (1ª FASE - X02): Cultural Maniños 5 - CCRD Perlío 0
VETERANOS (X03): Cultural Maniños 5 (Javi Rico (2), Rober Pazos, Javi Pedreiras e Manu) - Atlético Perillo 1
FILIAL - 3ª FUTGAL (COPA - X03): Cultural Maniños 0 - Xuventud Cabanas 2
AFICIONADOS - PRIMEIRA GALICIA (X04): Torre, SD 4 - Cultural Maniños 1 (Alex) 

lunes, 21 de septiembre de 2026

CASTIGO EXCESIVO PARA OS MODESTOS NO POTE

O 1º equipo competiu de ti a ti durante boa parte do encontro, con intensidade, personalidade e mantendo o partido aberto ante un bo rival. O equipo soubo plantarlle cara ao Sporting e manterse dentro do encontro ata os minutos finais.

No minuto 72, unha desafortunada acción acabou co 1º gol visitante e supuxo un golpe do q o equipo xa non conseguiu recuperarse. 

O Sporting aproveitou ese tramo final para ampliar a diferenza e pechar o partido cun resultado demasiado duro para o traballo realizado durante boa parte dos 90 minutos. 

Toca erguirse!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aqui

Adrián Martínez en www.radiofusion,gal, preme aquí

MALA XORNADA PARA O RESTO DOS EQUIPOS SENIOR

FILIAL

O filial afrontou o partido ante un complicado ADC Moeche con seriedade, orde e vontade de competir, mantendo as súas opcións durante boa parte do encontro. Nunha tarde esixente, os brancos non baixaron os brazos e seguiron buscando o seu momento. 
O gol de Juanlu no 77’ puxo e novo ao equipo no partido e devolveu a esperanza de poder pelexar ata o final. Finalmente, non foi posible atopar o camiño cara a un mellor desenlace, pero queda o esforzo e a capacidade de competir ante un bo rival. 

Bo traballo e a seguir medrando, paso a paso.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aqui

Manel López en www.radiofusion,gal, preme aquí


VETERANOS

Os veteranos dominaron o partido e foron superiores ao seu rival durante boa parte dos minutos. A pesar deste dominio, custoulle aos do Pote xerar ocasións claras; un Vioño sempre batallador e as reducidas dimensións do campo dificultaron os ataques brancos. 
Adiantouse o Vioño nunha xogada desafortunada, pero Javi Pedreiras, puxo o 1-1 no marcador Na segunda parte, o encontro volveuse máis embarullado e, tras volver adiantarse o Vioño, a Cultural intentouno ata o final, pero non foi quen de igualar a contenda. 

Unha bagoa... 

Seguimos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aqui

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (18-19-20) SETEMBRO

INFANTILES (1ª FASE - X01): Cultural Maniños 14 - Galicia Caranza "C" 0
XUVENILES (1ª FASE - X01): SDR Neda "B" 0 - Cultural Maniños 2
VETERANOS (X02): Vioño CF 2 - Cultural Maniños 1 (Javi Pedreiras)
FILIAL - 3ª FUTGAL (COPA - X02): ADC Moeche 3 - Cultural Maniños 1 (Juanlu)
AFICIONADOS - PRIMEIRA GALICIA (X03): Cultural Maniños 0 - Sporting Coruñés 4

lunes, 14 de septiembre de 2026

BOA XORNADA PARA O RESTO DE EQUIPOS SENIOR

FILIAL

O filial tamén asinou un moi bo encontro ante un bo rival, nun duelo intenso e igualado no que os nosos competiron de ti a ti durante os noventa minutos.

O equipo mantivo o pulso do partido, traballou sen descanso e non deixou de buscar o premio ata o final. No minuto 78, Pablo Pérez atopou o camiño do gol para poñer o empate no marcador e premiar o esforzo dun filial que mostrou carácter, compromiso e competitividade. 

Bo traballo !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Manel López en www.radiofusion.gal, preme aquí 


VETERANOS

Gran comezo ligueiro dos veteranos!!!

 O equipo asinou un gran partido, sendo superior en case todalas fases do encontro e deixando boas sensacións neste inicio do curso. 

Vitoria baseada no traballo colectivo o compromiso e unha actuación moi completa. 

Ese é o camiño! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

DERROTA NO BECO DUN MODESTO EN CONSTRUCCIÓN

O primeiro equipo regresou de Cedeira sen premio, pero con conclusións positivas tras un encontro esixente ante un bo rival.

 Os brancos competiron de principio a fin, mantendo a intensidade, o compromiso e a actitude necesarias para pelexar cada balón. A pesar do resultado, o equipo deixou sinais do traballo que se está a facer e motivos para seguir confiando no camiño emprendido. 

Unha derrota da que sacar aprendizaxes, pero tamén moitas cousas positivas para seguir medrando. 

Cabeza alta e a seguir traballando, equipo! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (11-12-13) SETEMBRO

VETERANOS (X01): Cultural Maniños 4 (Mato (3) e Javi Rico) - Sporting Coruñés, SD 1
FILIAL - 3ª FUTGAL (COPA - X01): Cultural Maniños 1 (Pablo) - SD Valdoviño 1
AFICIONADOS - PRIMEIRA GALICIA (X02): Cedeira, SD 2 - Cultural Maniños 0

lunes, 7 de septiembre de 2026

DERROTA NO POTE NUN MAL COMEZO LIGUEIRO

Os Modestos non puideron sumar no debut ligueiro nun encontro no que o marcador final resultou demasiado abultado. 

Na 1ª metade, o equipo non conseguiu xerar o perigo necesario e o equipo visitante aproveitou as súas ocasións para chegar ao descanso con clara vantaxe

Un resultado duro que non debe facer esquecer a reacción do equipo tras o descanso. 

Toca seguir traballando, corrixir erros e mirar xa cara ao seguinte compromiso. 

A competición acaba de comezar e queda moito traballo por diante. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrán Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

OS VETERANOS CAEN NA COPA CORUÑA

Derrota dos Veteranos ante o CD Narón na Copa A Coruña, nun partido no que o resultado final foi máis contundente do que reflectiu a loita do equipo durante boa parte do encontro.

O Narón foi superior en diferentes fases do partido e tivo máis control do xogo, pero os nosos mantivéronse competitivos e dentro do encontro ata os últimos minutos. Os nosos chegaron ao tramo final con opcións, pero no minuto 80 o Narón conseguiu ampliar a súa vantaxe. O 3º tanto, xa nos últimos compases, pechou definitivamente o encontro.

Cómpre seguir mellorando, especialmente á hora de xerar máis perigo na área rival, pero tamén poñer en valor o traballo, o compromiso e a capacidade do equipo para competir e loitar ata o final. 

Seguimos, familia!!! 

O bo empeza para a semana !!! 

GO MANIÑOS 

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

sábado, 5 de septiembre de 2026

DOMINGO DE DERBIS NO POTE

Despóis dunha intensa pretempada, chega a hora da competición para a Cultural Maniños. Este domingo, O Pote será escenario dunha xornada especial, con dous encontros oficiais e dous derbis locais
Dous partidos. Dous derbis. Unha mesma ilusión: comezar a tempada competindo e facer do Pote, unha vez máis, o noso fortín. 

Domingo de fútbol. Domingo de derbis. Domingo de Maniños.

GO MANIÑOS

jueves, 3 de septiembre de 2026

AMIGABLE DO FILIAL ANTE O HISTÓRICO CD AS PONTES

O filial afrontou un novo encontro de pretempada ante o C.D. As Pontes, nunha nova oportunidade para seguir collendo ritmo e avanzar na preparación de cara ao inicio da competición.
O conxunto local levou o control do marcador e conseguiu marcharse ao descanso cunha vantaxe importante. Na segunda metade, o As Pontes ampliou a diferenza ata o definitivo (6-0).

A pesar do resultado, o encontro deixa aspectos positivos para o noso filial, que continúa acumulando minutos, adquirindo experiencia e competindo cada día mellor.

Estes partidos tamén serven para detectar erros, corrixilos e seguir medrando como equipo.

Un novo paso na pretempada dun filial que segue traballando e preparando o que realmente importa: a competición oficial.

Gracias ao CD As Pontes pola súa invitación e moita sorte na tempada.

GO MANIÑOS