lunes, 17 de agosto de 2026

TERCEIRO PARTIDO DE PRETEMPADA NA CAPELA

Seguimos coa pretemporada, sumando un novo partido e minutos para todos.


Un encontro no que o equipo mostrou orde en moitos momentos e no que o importante é seguir collendo ritmo e sensacións.

Moito ánimo para Jorge Padín, que tivo que abandonar o campo por lesión, e para Christian, que arrastra molestias desde o quecemento do partido ante o Montañeiros.

Grazas á A. D. C. A Capela por recibirnos na súa casa e pola boa acollida. 

No traballo está a clave. 

Seguimos !!! 

GO MANIÑOS

viernes, 14 de agosto de 2026

HOXE VENRES TERCER TEST PARA OS MODESTOS NOS CALZADOS

A pretempada continúa!
O Maniños afronta un novo partido de preparación ante a ADC A Capela, nun encontro que servirá para seguir collendo ritmo, gañando sensacións e afinando detalles de cara ao inicio da liga. 

Nova oportunidade para seguir medrando como equipo. 

GO MANIÑOS

PRESENTACIÓN DO RESTO DE EQUIPOS DE F11 DO CLUB

Onte xoves 13 no Pote presentación do resto de equipos de F11 do Club asi como dos seus respectivos Corpor Técnicos.

Os equipos presentados foron

  • FILIAL
  • XUVENIL
  • CADETE
  • INFANTIL

A traballar duro e moita sorte nesta tempada!!!

GO MANIÑOS

DERROTA NO SEGUNDO TEST DA PRETEMPADA

Derrota no segundo amigable de pretemporada ante un rival máis rodado, nun encontro q serve para seguir dando pasos no proceso de construción do equipo. 


Nestes primeiros partidos o obxectivo está claro: coller sensacións, coñecerse, entender e ir gañando automatismos como equipo. 

Tocou seguir aprendendo, probar cousas e acumular minutos de competición. O resultado queda nun segundo plano nunha pretemporada na que o máis importante é seguir medrando e chegar cada vez máis preparados.  

Seguimos traballando. Seguimos aprendendo. 

Moitas grazas aos xuvenís do Atlético Coruña Montañeiros e moita sorte na tempada!

GO MANIÑOS

lunes, 10 de agosto de 2026

SEGUNDO PARTIDO DE PRETEMPADA

Este martes 11 volvemos a O Pote para afrontar o noso segundo partido de preparación, no que nos mediremos ao Atlético Montañeiros Xuvenil B


A seguir sumando minutos e sensacións nesta pretempada.

Un novo test para seguir medrando como equipo e preparándonos para o que vén. 

Agardámosvos no Pote!

GO MANIÑOS

CALENDARIO CULTURAL MANIÑOS - 1ª FUTGAL - TEMPADA 2026/27 - PRIMEIRA VOLTA

 

domingo, 9 de agosto de 2026

PRIMEIRO TEST EN CARIÑO

Primeiro test do noso Primeiro Equipo despóis de arrancar o pasado 29 de xullo a pretempada.



Desprazamento a Cariño para xogar contra os locais no típico partido de pretempada con moito calor e reparto de minutos. 

(0-2) final con goles de Alexandre e Christian.

Agradecementos ao CD Cariño pola súa invitación e moita sorte para a tempada.

Seguimos traballando!!!

GO MANIÑOS

O CAPITÁN DO BARCO RENOVA!!!

O noso capitán de barco seguirá ao fronte unha tempada máis. Adrián Martínez renova e continuará levando o temón nesta nova e ilusionante tempada.


E este será o equipo que o acompañará no Corpo Técnico:
  • Adrián Martínez — Entrenador
  • Rubén Torrente — 2º Entrenador
  • Juan Carlos González “Charly” — Auxiliar (EM)
  • David Freire — Entrenador de Porteiros
  • Ramón López “Moncho” — Delegado
Seguimos navegando xuntos, capitán!!!

GO MANIÑO
S

viernes, 7 de agosto de 2026

HOXE DEBUTAMOS EN CARIÑO

Despóis de empezar os adestramentos o pasado 29 de xullo, hoxe toca a primeira posta en escena.

A traballar e mellorar!!!

GO MANIÑOS 

XA TEMOS O CALENDARIO DE PRETEMPADA DO PRIMEIRO EQUIPO

Xa estamos centrados na apaixoante tempada 2026/27 e xa temos o calendario de partidos do noso primeiro equipo. 

Os horarios todavía non están fijados así que se irá informando puntualmente. 

A por todas!!! 

GO MANIÑOS

CHEGOU O MOMENTO DE PECHAR UN CAPÍTULO NA HISTORIA DO CULTURAL MANIÑOS

Chegou o momento de pechar un capítulo na historia da Cultural Maniños


Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a tódolos xogadores e membros do corpo técnico que formaron parte da nosa recente historia. 

Grazas polo voso esforzo, a vosa dedicación e por todo o compartido na construción deste ciclo que hoxe concluímos. ​

Unidos neste recoñecemento conxunto, desexámosvos a maior das sortes e o mellor dos éxitos no voso futuro , tanto no ámbito deportivo como no personal 

Lembrade que a Cultural e O Pote  sempre serán a vosa casa e terán as portas abertas para vós.

Seguimos adiante!!! 

GO MANIÑOS

jueves, 6 de agosto de 2026

FALECEU D. SALVADOR ECHAVE ARISTI

Faleceu o noso ex adestrador D. Salvador Echave Aristi. 

Echave adestrou ao noso 1º Equipo nas tempadas 1998/99 e 1999/00.

Transmitimos o noso máis sentido pésame a súa familia, amigos e achegados. 

DEP

UN DÍA MOI ESPECIAL NO POTE

Onte vivimos unha xornada moi especial en O Pote, que se converteu no escenario dun atractivo encontro de pretempada entre o Racing Club Ferrol e o Bergantiños CF.O empate sen goles (0-0) foi o de menos.

Foto @SadMoody241

A verdadeira vitoria foi a gran festa do fútbol que vivimos, un ambiente espectacular e preto dun milleiro de afeccionados enchendo as bancadas.

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao Racing Club Ferrol e ao Bergantiños F.C. por aceptar a nosa invitación e formar parte desta xornada tan especial.

Un agradecemento especial ao Racing Club Ferrol polo seu trato excepcional coa nosa afección, especialmente cos máis pequenos, dedicando tempo a fotografías, sinaturas e facendo que moitos nenos e nenas levasen un recordo inesquecible.

Grazas tamén aos voluntarios, colaboradores, patrocinadores, especialmente ao Concello de Fene e a todas as persoas q traballaron para que todo saíse á perfección. 

E, por suposto, grazas a todos os afeccionados que enchestes O Pote e fixestes posible unha tarde para o recordo.

lunes, 3 de agosto de 2026

O GRUPO DA PRIMEIRA GALICIA DA MAN DE JAVI PEDREIRAS

Xa coñecemos os equipos que formarán parte da 1a Futgal - Grupo 1 na tempada 2026/27.

Un novo curso por diante, con novos retos, derbis e moitas ganas de volver vivir o fútbol no Pote 

A ilusión xa está en marcha… a conta atrás comezou  

Vémonos no campo!!!

TEMPADA 2026/27 - XA TEMOS O GRUPO DO NOSO PRIMEIRO EQUIPO

Sen sorpresa. O noso Primeiro equipo queda encuadrado no Grupo Ferrol : Coruña nunha competición que se prevé apaixoante. Imos por ela!!!

GO MANIÑOS




sábado, 1 de agosto de 2026

🔥 O POTE VIVIRÁ UNHA CITA DE ALTURA COA VISITA DO RACING CLUB FERROL

O Pote convértese no epicentro do fútbol este 5 de agosto.

O Racing Club Ferrol disputará no Pote o seu primeiro encontro de pretempada diante da súa afección, fronte ao Bergantiños F.C. 

Unha oportunidade única para volver ver ao equipo en acción antes do comezo da liga.

🆚 Bergantiños F.C.
📍 O Pote (Maniños)
🗓️ 5 de agosto | 19:30 h

💚 Agardámoste!

viernes, 24 de julio de 2026

RENOVACIÓNS VETERANO TEMPADA 2026/2027

A Cultural Maniños Veteranos segue dando forma ao seu proxecto mantendo unha das súas grandes fortalezas: un grupo unido, comprometido e con moitas ganas de seguir desfrutando do fútbol.

Unha tempada máis, a familia branca conta coa continuidade dun amplo grupo de xogadores que achegan calidade, experiencia, traballo e ese espírito de equipo que define ao vestiario.

viernes, 19 de junio de 2026

DÍA DA FAMILIA BLANCA

MÁIS QUE UN PARTIDO, UN RECORDO PARA SEMPRE

O pasado venres 12 vivimos no Pote unha desas tardes que quedan gardadas na memoria. O xa mítico Día da Familia Blanca, xeracións compartindo céspede, risas, goles, piques sanos e moito sentimento blanco.
A xornada foi todo un éxito de afluencia e, a pesar do calor, o bo ambiente e as risas estiveron máis que aseguradas durante toda a tarde. Porque o fútbol non é só competir. É crear lembranzas, fortalecer lazos e compartir a paixón polos nosos colores dentro e fóra do campo.

Grazas a todos os pais, nais, nenos e nenas que fixestes posible esta xornada tan especial. O resultado era o de menos... aínda que seguro que cada un conta unha versión diferente do marcador! ​ Un día para recordar. Un club para sentir.

 GO MANIÑOS

martes, 16 de junio de 2026

NON PUDO SER E O ASCENSO A 2ª FUTGAL VAISE PARA CANIDO

Non puido ser...
O Cultural Maniños "B" viu como a final se lle escapaba ante un SRD Canido que foi superior e soubo xestionar mellor os momentos clave do encontro. Durante a primeira metade o equipo competiu e mantívose vivo no partido, pero un gol no minuto 43 supuxo un duro golpe anímico xusto antes do descanso.

Ese tanto psicolóxico obrigou aos nosos a remar contracorrente na segunda metade. Co marcador en contra e coa presión propia dunha final, as pernas pesaron máis do habitual. O Canido mostrou máis soltura co balón, xerou máis perigo e acabou ampliando a vantaxe para sentenciar o encontro.

Toca recoñecer a superioridade do rival e felicitar ao SDR Canido polo ascenso a 2ª FUTGAL, logrado con todo merecemento.

Pola nosa parte, queda a tristeza do momento, pero tamén o orgullo dunha tempada na que este grupo levou o nome do Maniños ata a última batalla. Grazas aos xogadores, corpo técnico e directiva por facer posible este camiño.

Mención especial para a nosa afección, que unha vez máis estivo á altura do escudo. Desprazamento masivo para acompañar ao equipo nesta final tinguindo de branco as bancadas, creando un ambiente espectacular desde moito antes do asubío inicial ata o derradeiro minuto. O resultado non foi o desexado, pero o voso apoio foi unha auténtica demostración de sentimento, orgullo e compromiso cunha camiseta. Grazas por estar sempre aí. Este club tamén é voso. 

Perdemos unha final, pero non a ilusión. Volveremos.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Älvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (12-13-14) XUÑO

FILIAL (Final - Playoff ascenso 2ª Futgal): SRD Canido 2 - Cultural Maniños 0

miércoles, 10 de junio de 2026

A GRAN FINAL

O domingo xógase a final do Playoff de ascenso a 2ª Futgal no Campo Municipal de Neda ante un Club histórico e compañeiro de batallas durante moitos anos dos nosos como é o SRD Canido que está traballando moi ben tanto na base como no Primeiro Equipo. 
A dalo todo! 

Moita sorte! 

GO MANIÑOS

#osoñomasivivoquenunca

lunes, 8 de junio de 2026

O FILIAL NA FINAL DO PLAYOFF DE ASCENSO A 2ª FUTGAL

ESTAMOS NA FINAL!!!

Hai días que quedan gravados para sempre na memoria dun club, e este é un deles.
O Cultural Maniños conseguiu o pase á gran final do ascenso tras superar ao Xuventud Cabanas nun derbi intenso, igualado e cargado de emoción ata o último suspiro.

Despois da derrota pola mínima na ida, os de Chiki sabían que tocaba remar contra corrente, e fixérono coa personalidade, a entrega e o corazón que caracterizan a este grupo.

Nun O Pote ateigado e empurrando dende o primeiro minuto, o equipo buscou o gol con fe, paciencia e convencemento. A recompensa chegou no segundo tempo cando Hugo Lorenzo abriu o marcador e fixo estoupar de ledicia a bancada.
Co empate na eliminatoria, todo se decidiu dende os once metros...

E alí apareceu a fortaleza mental dun equipo que nunca deixa de crer. Un a un, os lanzamentos foron achegando ao Maniños ao seu obxectivo ata que o 4-3 definitivo desatou a tolemia. Mención especial para o xuvenil Rodrigo que salindo do banco foi decisivo na tanda de penaltis.

Abrazos, bágoas de felicidade, sorrisos e unha afección entregada celebrando xunto aos seus.

Agora só queda un paso... Un último esforzo. Un último partido. Un último reto.

Porque os soños están para perseguilos... e este equipo está máis vivo ca nunca.

E pobre do que queira quitarnos a ilusión.

A POR TODAS NA FINAL, RAPACES!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (5-6-7) XUÑO

XUVENILES (2º FASE - X20): Cultural Maniños 0 - Meirás CF 3
FILIAL (Semifinal - Playoff ascenso 2ª Futgal - VUELTA): Cultural Maniños 1 - Xuventud Cabanas 0 (4-3 penaltis)

martes, 2 de junio de 2026

DERROTA POLA MÍNIMA DO FILIAL NA IDA DO PLAYOFF DE ASCENSO A 2ª FUTGAL

Derrota pola mínima dos rapaces de Chiqui Dopico que foron superados na primeira metade e mereceron máis na segunda metade onde foron domindores do xogo con grandes ocasións desbaratas polo bo traballo do meta local e o pao. Pero e de xustiza recoñecer a boa primeira metade dos locáis que a base de centros e balóns parados xeneraron moitas situacións complicadas aos brancos.
A eliminatoria decidirase en O Pote na que se prevé moita igualdade polo que no se desbota calqueira resultado aunque coa esperanza de que os brancos volteen a eliminatora na que se houbera igualdade no resultado da volta (victoria por un gol do Maniños) habería prórroga e penaltis.

A preparar ben a volta!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí 

DERROTA DO FEMININO NO ÚLTIMO PARTIDO NO POTE

Derrota intrascendente no derradeiro partido de Liga para o noso Feminino que xa tiña os deberes feiros dende a xornada anterior ao caer o AD Nicrariense no seu partido e descansar nesta última.
A bagoa foi que cando o partido parecía encaminado a as taboas un gol cormelán nos intres finais permiteu as visitantes sumar os tres puntos. Anotaron para as brancas Cris e Lore.

Agora a esperar a resolución sobre o partido adiado da xormada 33 ante o SD San Lázaro para poder descansar e reflexionar e facer autocrítica sun ano moi difícil.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí 

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (29-30-31) MAIO

JUVENILES (2º FASE - X19): CD As Pontes "B" 1 - Cultural Maniños 2
FEMININO (X34): Cultural Maniños 2 (Cris e Lore) - Corme CF 3
FILIAL (Semifinal - Playoff ascenso 2ª Futgal - IDA): Xuventud Cabanas 1 - Cultural Maniños 0

viernes, 29 de mayo de 2026

XORNADAS DE CONVIVENCIA

Este sábado 30 xogaranse as distintas xornadas de convivencia das categorías de F8 base Prebenxamín, Benxamín e Alevín en diferentes sedes. 
O Pote será a sede da categoría Benxamín grupo título - Consolación 1 onde participará o noso Benxamín B.

Os nosos Prebenxamines desprazaranse A Piscina de San Sadurniño. O Bexamín A cruzará As Pías para xogar en Caranza en xornada dobre (venres e sábado) e os Alevíns marchan a Gallamonde (Miño).

A disfrutar das xornadas !!!

GO MANIÑOS

HORARIOS FIN DE SEMÁN DO (29-30-31) MAIO

 

martes, 26 de mayo de 2026

O EQUIPO VETERANO QUEDA ELIMINADO NO ÚLTIMO PARTIDO DA FASE DE GRUPOS

O equipo veterano viuse superado nos primeiros compases do encontro, onde os nervios atenazaron aos brancos. Tres goles nos primeiros dez minutos supuxeron un castigo demasiado duro para os nosos.
A pesar diso, o equipo non deixou de loitar nin de intentalo ata o asubío final, chegando a competir e a recortar diferenzas, pero a lousa inicial foi demasiado grande.

Unha mágoa despedirse da competición deste xeito, nun contexto marcado tamén por un resultado máis que estraño, co outro encontro entre CD Ciudad e o Mercurio, SD "B" resolto cun contundente (9-0), o que levou a eliminación tanto de Maniños como do outro contendente o Beat Street Betanzos

Punto e final a tempada da cal hai que facer balance pero de entrada positiva en todolos sensos.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

ADIOUSE O PARTIDO DO FEMININO QUE CELEBRA A PERMANENCIA

O Feminino, a pesar de non disputar o seu partido en Lugo e ante o SDC San Lázaro por alerta meteorolóxica, deu a boa nova da fin de semana ao acadar a permanencia matemática na categoría. 
A derrota do A. D. Nicraeriense fai que xa non poidan superar ás brancas na clasificación acadando a permanencia matemática un ano máis na segunda división galega.

Noraboa, equipo!

GO MANIÑOS

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí

lunes, 25 de mayo de 2026

UN DÍA TRISTE PARA O MANIÑOS, FALECERON DOUS GRANDES , ISMAEL ANTÓN E PIÑO AMADO

O Cultural Maniños está de loito polo pasamento no día de hoxe do ex presidente do Club nos anos 80 e 90, D. Ismael Antón Blanco. 

Tamén faleceu o ex xogador D. José Fernández Amado "Piño" que xogou na metade dos anos 70. 

O noso mais sentido pésame a familiares, amigos e achegados dos falecidos. 

DEP

NON PUDO SER, A COPA MARCHA PARA SINDE

O primeiro equipo viuse superado por unha SD O Val con máis intensidade, e non foi quen de atopar o seu xogo durante o encontro. Un penalti, canto menos dubidoso, puxo de cara o partido para o conxunto visitante, que xa estaba a ser superior nos primeiros compases.

A partir dese momento, os do Pote intentaron dar un paso ao fronte, pero a pesar do esforzo e de competir ata o final, non conseguiron xerar o perigo suficiente sobre a portería rival.
Un erro no minuto 61, ben aproveitado polo Val, acabou por romper definitivamente a resistencia branca. De aí ata o final quero e non podo dos brancos que non estiveron ben ni cómodos en ningún momento do partido.

Parabéns a SD O Val, xusto vencedor!

Toca seguir traballando e aprender desta experiencia para volver máis fortes.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (22-23-24) MAIO

INFANTILES (2º FASE - X18)Cultural Maniños 4 - EF Irmandiños 4
VETERANOS (COPA - X04):  Cultural Maniños 4 (Pazos (2), Raúl e Pedreiras) - SB Betanzos 6 
FEMININO (X33): SD San Lázaro - Cultural Maniños (Adiado por razones climatolóxicas adversas)
AFICIONADOS - FINAL XXV COPA FERROL: Cultural Maniños 0 - SD O Val 2 

viernes, 22 de mayo de 2026

GRAN FINAL DA XXV COPA DE FERROLTERRA

 

A GRAN PREVIA DA FINAL DE COPA

Os partidos empezan a gañarse antes de xogalos. 

Non faltes a nosa GRAN PREVIA no Campo do Pote !!! 
GO MANIÑOS

DÉCIMA FINAL PARA OS BRANCOS NA COPA DE FERROLTERRA

Será a décima final de Copa de Ferrolterra, de Ferrol ou da Ría en calquera das diferentes denominacións que tivo a Copa da nosa Comarca. Nesta ocasión será unha final inédita a que disputen na Pedreira (Mugardos) o Cultural Maniños e a SD O Val o vindeiro sábado 23 a partir do 18.30 H.

Das 9 finais xogadas anteriormente 5 acabaron en vitoria branca mentres as outras 4 acabaron en derrotas. O primeira final, na tempada 1963/64, acabou con vitoria os brancos que se impuxeron pola mínima (1-0) á SD Esteiro no Campo de San Xoán. Non se volveu a xogar ningunha final ata a tempada 1970/71 ano do triplete (liga, copa e Campionato Galego de Afeccionados) cando os brancos derrotaron aos veciños da SD Limodre por (3-1) no Estadio Manuel Rivera. Tardaríanse 17 anos para volver a unha final, tempada 1987/88 e nesta ocasión a cousa non saíu ben con derrota no Manuel Rivera por (2-0) ante o Meirás CF. dúas tempadas despois, 1989/90 e de novo no Inferniño, vitoria ante o extinto UD Piñeiros por (5-1). Ningunha presenza branca na década dos 90 para volver a unha final na tempada 2001/02 no Bernardino Breixo da Barqueira e con vitoria aos penaltis ante o Narón Balompé Piñeiros, curiosamente herdeiro do UD Piñeiros. Repetiuse final a seguinte tempada na Pedreira ante o Galicia de Mugardos e derrota (1-0) ante os verdes. Na 2010/11 vitoria na Gándara ante o ADC A Capela para na 2013/14 e no Estadio da Malata derrota por (2-0) ante o AD Miño. Na última final disputada polos brancos, derrota novamente na Gándara ante o Eume Deportivo por (2-1).

Mañá escribirase outra páxina da nosa historia...

GO MANIÑOS

HORARIOS FIN DE SEMÁN DO (22-23-24) MAIO

 

lunes, 18 de mayo de 2026

CARA E CRUZ DOS EQUIPOS SENIOR

Feminino - Segunda División Galega

C.M. Feminino 0 - 3 U.C. Cee
Derrota do Feminino no Pote ante un bo rival que impide asegurar matematicamente a permanencia na categoría.

As nosas pelexaron ata o final nun encontro esixente, demostrando compromiso e entrega en todo momento.

Quedan dúas xornadas e toca seguir loitando ata o final.

Pese á derrota, bo traballo das nosas.


Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Filial - Tercera Futgal

S.D. Libunca 0 - 1 C.M. Filial
Victoria pola mínima do noso Filial na Gándara nun encontro moi serio dos brancos.

Un gol de Gianni permitiu sumar tres puntos moi importantes e consolidar o cuarto posto na táboa, que dá dereito a disputar a volta do playoff de ascenso no Pote fronte ao Xuventud Cabanas.

Parabéns equipo! 

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

GO MANIÑOS

VICTORIA CUN FESTIVAL DE GOLES NA DERRADEIRA XORNADA DA PREFERENTE FUTGAL

Festival de goles no Pote no derradeiro partido da liga, poñendo fin ao paso do noso equipo pola Preferente. 
Partido tolo e moi aberto no que as dianteiras superaron claramente ás defensas, deixando un encontro cheo de emocións e alternativas. 

Bo sabor de boca para despedir a tempada diante da nosa xente.

Sen dúbida un ano inesquecibel.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (15-16-17) MAIO

INFANTILES (2º FASE - X17): CD Cariño 9 - Cultural Maniños 1
CADETES (FASE ASCENSO - X10): SD Libunca 0 - Cultural Maniños 4
XUVENILES (2º FASE - X19): Cultural Maniños 2 - SCRD Narón Freixo "B" 4
VETERANOS (COPA - X04):  DESCANSAN
FEMININO (X32): Cultural Maniños 0 - Unión Club Cee 3
FILIAL - 3ª FUTGAL (X18): SD Libunca 0 - Cultural Maniños 1 (Gianni)
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X34): Cultural Maniños 7 (Jaime, Brais (2), Julián (3) e Hugo) - SD Sofán 5

miércoles, 13 de mayo de 2026

lunes, 11 de mayo de 2026

FINDE SEN BRILLO PARA O RESTO DE EQUIPOS SENIORS DO CLUB

Segunda División – Feminino

Eiris S.D. 2 - 0 Cultural Maniños
O feminino regresou sen premio do seu desprazamento tras caer nun partido moi igualado e disputado ata o final . Un gol na parte final do primeiro tempo foi demasiado castigo para as nosas.

O equipo loitou na segunda parte na busca do empate, pero outro gol nas postrimerías acabou coa resistencia das brancas .

Na segunda metade, co 1-0 no marcador, as brancas chegaron a anotar o que sería o gol do empate, pero foi anulado polo colexiado  nunha acción chea de dúbidas e que, a día de hoxe, segue sen explicación clara.

As nosas volveron demostrar compromiso e traballo colectivo, competindo en todo momento pese ao resultado adverso.

Un encontro que deixa boas sensacións no esforzo e na actitude do equipo 

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Tercera División - Veteranos

C.D. Ciudad 1 - 1 Cultural Maniños
Empate de mérito dos veteranos do Cultural Maniños no campo do Ciudad nun duelo intenso e moi competido. Os locais puxéronse por diante cun penalti, canto menos rigoroso, pero os de O Pote souberon repoñerse e buscaron o empate por momentos con máis corazón ca cabeza.

A expulsión dun xogador branco complicou aínda máis o encontro, mais o Maniños foi quen de seguir dominando moitas fases do partido e non sufrir en demasía. Mato puxo o empate cun gran lanzamento de falta e os nosos incluso tiveron ocasións para completar a remontada, aínda que tamén tocou sufrir a balón parado.

Un punto que reforza a moral antes do decisivo encontro fronte ao Betanzos, no que podería decidirse o pase ás semifinais.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

“E pobre do que queira quitarnos a ilusión”

GO MANIÑOS

DERROTA NUN INTRASCENDENTE PARTIDO EN LALÍN

Derrota do Cultural Maniños na visita ao campo do Lalín nun encontro intrascendente no que os locais estiveron máis acertados nas áreas. Os nosos intentaron competir e manterse dentro do partido, pero a efectividade rival acabou marcando diferenzas nun choque complicado dende o inicio.
Toca levantarse, seguir traballando e pensar xa na próxima xornada (a derradeira).

A copa no horizonte...

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (8-9-10) MAIO

INFANTILES (2º FASE - X16): Cultural Maniños 1 - CCRD Perlío 5
CADETES (FASE ASCENSO - X09): Cultural Maniños 0 - Meirás CF 0
XUVENILES (2º FASE - X18): SCRD Ánimas "B" 0 - Cultural Maniños 5
VETERANOS (COPA - X03):  CD Ciudad 1 - Cultural Maniños 1 (Mato)
FEMININO (X31): Eirís, SD 2 - Cultural Maniños 0
FILIAL - 3ª FUTGAL (X17): DESCANSA
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X33): CD Lalín 5 - Cultural Maniños 0

viernes, 8 de mayo de 2026

A NOSA INFANTIL CARMEN CONVOCADA NOVAMENTE NA SELECCIÓN SUB 14

A nosa xogadora alevín, Carmen Bermúdez, recibeu a convocatoria para un adestramento con a Selección Galega SUB 14
Neste caso o próximo martes 12 no Campo de Fútbol de Extramundi en Padrón para comenzar as 16:30 H. 

A disfrutar moito da experiencia!!! 

Parabéns Carmen!!!