miércoles, 22 de febrero de 2023

MANITA DO VETERANO AO AMISTADE A DOMICILIO

Os veteranos do mesmo xeito que os modestos en Copa o día anterior tomaron Mourente no partido que daba inicio á segunda volta do campionato. Unha vitoria que sobre todo serve para romper a mala serie de resultados en forma de dúas derrotas consecutivas e que permite aos brancos afianzarse nun cómoda sexta posición que axuda a afrontar con moderado optimismo esta segunda volta do curso.

Marcos anotou dos tantos

Un partido que se pon de fronte pois no asubío inicial do partido, no saque de centro, Marcos Sánchez é quen de inaugurar o marcador e a partir de aí impoñerse en todas as facetas do xogo a un Amistade que a pesar de ir por atrás no marcador nunca cejó no seu empeño ata o final do partido onde precisamente anotou o seu gol. Ao descanso chegouse con (0-2) pois ao gol de Marcos sumouse outro de Hugo. Xa na segunda parte Mon, de novo Marcos Sánchez e finalmente Sergio anotaron os 5 goles dos brancos.

Tres puntos que permiten sumar 32 e estabilizarse na sexta posición da táboa. A próxima fin de semana visita O Pote o pechacancelas da categoría, o Carnoedo Deportivo o que pode ser unha boa oportunidade de seguir sumando de tres en tres. Iso se, sen confianzas que nunca son boas e este equipo sábeo de sobras.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, pincha aquí