Empezaron moi fortes os locais con dominio do balón e xerando ocasións de gol, ata tres claras nos 20 primeiros minutos que entre os postes e un moi acertado Abraham impediron que se adiantasen no marcador. A partir dese momento e co equipo máis asentado o partido foise equilibrando e mesmo empezaron as chegadas do Maniños que dispuxo dunha ocasión moi clara cando Pedro diante do porteiro estrelou o balón no traveseiro cando a situación era idónea para anotar gol. Foi entre os minutos 30 ao 34 cando o partido volveuse tolo e anotáronse os tres goles cos que finalizou o partido. Primeiro foi Hugo ao remachar no segundo poste unha xogada combinativa que chego a Adri Santalla para facer un perfecto centro e en carreira chegaron Pedro e Hugo chegando este para empuxar o balón ao fondo das redes. E como di o dito "pouco dura a alegría na casa do pobre..." un par de minutos despois un dianteiro local plántase só diante de Abraham ao que supera por baixo. Sen tempo para repoñerse do golpe balón perfectamente controlado por Pedro que lla pon a Miragaya en carreira que dispara duro, raso e cruzado superando ao meta local poñendo o (1-2). De aí ao final da primeira parte ningunha gran ocasión para ambos equipos e o partido foise ao descanso tras unha gran primeiro aparte co coñecido (1-2).
Saúdo inicial no Municipal de Meicende |
A segunda parte tivo a emoción do apretado do resultado pero xa sen grandes ocasións nin tan claras para ningún dos equipos. O Meicende que non deu un pelotazo en 90 minutos de xogo foi de máis a menos na súa presión e xa na recta final e coa entrada de Rober ao campo, o Maniños resolveu con eficacia e contundencia todas as acometidas dos locais. Pola súa banda o Maniños estivo a un pase final acertado de sentenciar o partido, cousa que non sucedeu por eso chegouse aos instantes finais máis os case 6 minutos de desconto que se resolveron afortunadamente para os brancos que sumaron tres importantes puntos.
tres puntos a domicilio sempre difícil e ademáis ante un rival que deixou unha magnífica impresión, o Sporting Meicende que estamos seguro fará unha boa tempada. Agora toca un novo desprazamento, neste caso a "O Castro" para enfrontarse á UD Carral, un rival moi potente e con malos precedentes dos brancos neste campo.
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí