viernes, 13 de octubre de 2023

ÁLVARO DOPICO, CHIQUI, NOVO ADESTRADOR DO XUVENIL E DO FILIAL

Chiqui Dopico
Álvaro Dopico Martínez, conocido no fútbol de Ferrolterra polo alcume de "Chiqui" é o novo adestrador dos equipos xuvenil e filial do Club tras a vacante deixada polo anterior adestrador que deixou ao equipo xuvenil na xornada 1 e o filial na 2. 

Chiqui conta con ampla experiencia como adestrador na canteira de varios equipos de Ferrolterra, así pasou por esixentes prazas como Galicia de Caranza ou Narón Balompé Piñeiros onde tamén foi o coordinador, CD Narón, SD O Val o Narón Freixo de onde procede.

Bos resultados e moita experiencia o avalan.

Agora chega a Maniños a afrontar un difícil reto como é o de dirixir e sobre todo formar a dúas categorías de gran importancia na estrutura branca.

Moita sorte Chiqui !!!

Benvido a O Pote!!!

GO MANIÑOS