lunes, 9 de octubre de 2023

VICTORIA NO DERBI FENÉS

Vitoria dos brancos no derbi fenés xogado en O Pote baixo un sol de xustiza e un calor abafante e coa presenza de numerosos afcionados de ambos os bandos baixo un denominador común, deportividade e respecto máximo entre ambos os Clubs. 

Intre no que Gonza anota o que foi o (2-0)
(Foto: Tono Santos)

Partido que comezou con moita igualdade, da túa á túa sen un gran dominador e sen grandes ocasións que foi caendo aos poucos favorable aos locais que tiveron o acerto de adiantarse no marcador grazas a
Javi Miragaya e que pouco despois ampliou as distancias tras un gran remate de cabeza de Javi González á saída dun saque de esquina e que encarrilaba o partido para irse ao descanso cun claro (2-0) sen que os brancos sufrisen en exceso en labores defensivos. 

Xogada de estratexía sobre a porteria visitante
(Foto: Tono Santos)

A segunda parte seguiu polos mesmos camiños, o
Maniños controlaba o partido sen sufrir pero un baló en longo chegou a Xabi Riobo que superou a Mateo e meteu de cheo ao Perlío no partido. Nesta situación os visitantes acosaron a portería de Mateo sen chegar a crear ningunha clara ata un uy dun balón que merodeó a área pequena pero non atopou rematador para na xogada suguiente Miragaya ampliar distancias e sentenciar o partido. Aí o meta visitante e pouco antes de este gol empregouse a fondo a dous grandes disparos de Christian e de Hugo. Sen moito que contar entreise no desconto e na última xogada do partido derrubo dun defensor local a un dianteiro do Perlío. Penalti que é transformado por Marcos Varela poñendo o (3-2) ao cabo definitivo. Saque de centro e o colexiado pouco despois sinala o final do partido quedándose os tres puntos en O Pote

Alegría branca no terceiro gol
(Foto: Tono Santos)

Nos prolegómenos do partido gardouse un respetuoso minuto de silencio polo pasamento do ex xogador blanco Javi VirutasDEP

Tres puntos que permite aos brancos estabilizarse na zona media da táboa coa esperanza de recuperar efectivos para os seguintes compromisos ligueiros empezando polo vindeiro domingo a domicilio ante o Sporting Meicende.

Parabéns Equipos!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí