lunes, 30 de octubre de 2023

PRIMER PUNTO DO FILIAL ANTE O NEDA

Primer punto da tempada ante un histórico do noso fútbol como é o SD Rápido de Neda que tamén está mostrando una cara irregular neste principio ligueiro. Partido xogado baixo luz artificial al xogarse despóis dos modestos e en donde sempre os visitantes foron por diante no marcador. 

Na primeira parte é en dúas chegadas os visitantes puxéronse (0-2) para inmediatamente despóis Aitor de falta directo acurtou distancias. Cun partido sen claro dominador do mesmo foise ao descanso co resultado coñecido e coa sensación de que estaba aberto a calquera dos dous contendentes. A segunda parte seguiu coa mesma tónica, ningún dominador, os porteiros determinantes e moitas ocasións de gol.  Nesta "tolemia", os brancos atoparon o empate ao transformar Juanlu un penalti sinalado por mans na área nedesa. De novo os visitantes adiantáronse para poñer o (2-3) para finalmente Alex poñer o definitivo (3-3). Na recta final numerosas ocasións por ambos os bandos especialmente polo Neda e aí Pablo erixiuse no salvador salvando ese ansiado punto para os rapaces de Chiqui.

O mellor as gañas e orgullo. O peor é que séguese concedendo demasiadas ocasións de gol. 

Se seguirá mellorando de eso non hai dúbida. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui en www.radiofusion.eu, preme aquí